APRENDENDO A SER CONFERENCIANTE

Comezamos esta singladura no primeiro trimestre do ano 2019.

Dende o Equipo de Biblioteca estamos levando a cabo un proxecto a longo prazo no que os propios alumnos son protagonistas da actividade. 

Coa participación das familias, alumnado e profesorado, os conferenciantes deseñan material gráfico para as súas intervencións. O tema é elixido polos alumnos e, despois de deseñar o cartel anunciando a conferencia, a biblioteca facilita as instalacións e o equipamento durante o recreo para levar a cabo a actividade. Outra modalidade para os máis inexpertos é escanear libros de lectura e comentalos co apoio da pantalla.

O obxectivo final é traballar as habilidades de expresión e exposición diante do público, así como a pescuda e organización de información.

No primeiro trimestre traballáronse os seguintes temas:

Cabalos (6º Primaria),a goma de borrar, a luz, o lápis,os colectores (Infantil), animais domésticos (6ºPrimaria).

TALLER DE ASPADEZA

Membros da Fundación Aspadeza visitaron o noso centro para realizar un "Taller sobre a Diversidade".  Os nenos e nenas disfrutaron da maxia a cargo do mago José (integrante de Aspadeza). Premede na seguinte ligazón para poder ver as fotos:    https://drive.google.com/drive/folders/1KrboctpBbLWe2R6jDsn-SMxbjB6AhNDm...

 

 

 

SAÍDA Á CASA DE CULTURA-SESIÓN DE TÍTERES

O grupo "Cascanueces" representou na Casa de Cultura a sesión de títeres titulada "Unha armadura de ferruxe". Premede na seguinte ligazón para poder ver as fotos:     https://drive.google.com/drive/folders/1zCtd7y79X70lkhnRww9SDFknYds8TY9l...

 

OBRAS DE TEATRO DE NADAL

O alumnado de Relixión de 6º de Educación Primaria representou dúas obras teatrais para conmemorar o Nadal. Premede na seguinte ligazón para poder ver as fotos:    https://drive.google.com/drive/folders/1YFaIX2mnddKp8cZO1D5PsPdkOJnjHaGn...

 

III Feira da Alegría

As recadacións acadadas na III Feira da Alegría destináronse a Fundación Aspadeza. Moitas grazas a tódalas familias pola colaboración.

Premede na seguinte ligazón para poder ver as fotos:    https://drive.google.com/drive/folders/1G5eF7mfac5GiFsdQMZ0u-Vf9xE7emKRw...

OBRADOIRO DE DIVERSIDADE NA CASA DE CULTURA

O alumnado de 5º saiu á casa da cultura para participar nun obradoiro cuxa temática principal foi "A diversidade".

Premede na seguinte ligazón para poder ver as fotos:   https://drive.google.com/drive/folders/1uMejnTWUuBAaPaKigR6-_r_PyyLguXfU...

MANS LARANXAS- LALÍN DIVERSO

O noso centro educativo sumouse a iniciativa de Lalín Diverso alzando as mans laranxas para loitar pola Igualdade e Inclusión, principios básicos do actual sistema educativo. Premede na seguinte ligazón para poder ver as fotos:

https://drive.google.com/drive/folders/16W5fwE_ziX7rOWKM368a084pfAWr3pcC...

 

VISITA DE ÁLEX DE WORKING WHEELS

Un ano máis Álex deu unha charla na Biblioteca dirixida ao alumnado de 3º, 4º,5º e 6º de Educación Primaria.

Premede na seguinte ligazón para poder ver as fotos:   https://drive.google.com/drive/folders/17eS9s0UWnwgxrrdlg0-Gaa3ug2s3Chcb...

 

 

 

MAGOSTO 2019

O alumnado fixo colares coas castañas "zonchos" e degustamos saborosas castañas nas aulas

debido as inclemencias metereolóxicas.Premede na seguinte ligazón para poder ver as fotos:

https://drive.google.com/drive/folders/1ppzqlhahzcrxPmFKAzIQ_sMa5LKifzBS...

CICLO DE CONFERENCIAS NA BIBLIOTECA NO 1º TRIMESTRE

Durante o 1º trimestre leváronse a cabo varias conferencias na Biblioteca do centro, nas que o alumnado puxo en práctica o desenvolvemento da competencia en comunicación lingüística. Premede na seguinte ligazón para poder ver as imaxes:   https://drive.google.com/drive/folders/1b6ckDMBXrA8ZeEwrIJe6lr2C7Sun4dpw...

Bo Nadal!

A comunidade educativa do CEIP Plurilingüe de Silleda deséxalles un

  

BO NADAL!!

(Prema na felicitación para ver a postal)

VISITA Á RESIDENCIA DE MAIORES DE SILLEDA

Os alumnos/as dos grupos 4 e 5 visitaron a Residencia de Maiores de Silleda.

Preme na ligazón para ver as fotos.

HOMENAXE A NEIRA VILAS

Hoxe fixemos unha homenaxe ao autor Neira Vilas no patio cuberto do colexio. Premede na seguinte ligazón para poder ver as fotos: https://drive.google.com/drive/folders/167ajst4_dggwFrNsWEIwqhODdIG9Z2_T...

 

 

 

 

SAMAÍN 2019

Para celebrar o Samain os corredores do colexio enchéronse de vasoiras terroríficas e tamén fixemos un conxuro que asustou a máis de un...Premede na seguinte ligazón para poder ver as fotos:      https://drive.google.com/drive/folders/1hSqOsAFFC_PgE6iqpqrQqNZZQHNdW8s2...

 

 

CHARLA SOBRE MOTIVACIÓN PARA A LECTURA

Co gaio da celebración do día das bibliotecas escolares, o alumnado asistiu a unha charla sobre motivación para a lectura e presentación de material por parte da librería Aenea. Premede na seguinte ligazón para poder ver as fotos:  

https://drive.google.com/drive/folders/1phA-p_-4wHLEXpcAyBJhkho7ZNdehLSZ...

CELEBRACIÓN DO DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Para celebrar este día, aprendemos a semana pasada a debuxar palabras empregando a técnica do graffiti.

Nesta semana tódolos niveis de Primaria debuxaron unha palabra en inglés da súa elección nun gran mural co título "Amazing Words" (palabras asombrosas).

Premede na seguinte ligazón para poder ver as fotos:      https://drive.google.com/drive/folders/1J_OCz8b1AXU0S4RS_3nCzNhkh8ZLrvAn...

 

TALLER "APRENDE A SALVAR VIDAS"

Os alumnos/as de 5º e 6º tiveron un taller impartido pola Cruz Vermella, no que aprenderon nocións básicas de primeiros auxilios.

Premede na seguinte ligazón para poder ver as fotos.  https://drive.google.com/drive/folders/1CDBX17eEow1MOkCn5ycnYfU0LxtQ_Hne...

 

VISITA DOS XOGADORES DO OBRADOIRO

Os xogadores do Obradoiro visitaron o alumnado de primaria para animar ao noso alumnado a practicar o baloncesto.

Premede na seguinte ligazón para poder ver as fotos: https://drive.google.com/drive/folders/18XF9RSQNPYfOWtrYPZhDfNBGfhxF5YJY...

VISITA DO CLUBE DE CICLISMO DA ESTRADA

Membros do clube de Ciclismo da Estrada visitáronnos o día 19 de Setembro para facer un circuíto de educación vial coas súas bicis. Premede na seguinte ligazón para poder ver as fotos: https://drive.google.com/drive/folders/1AzlOnwfLeI-dbHab-4b_LirZQoHdOZmP...

SAÍDA CONCERTO DIDÁCTICA DA BANDA DE SILLEDA

O alumnado do noso centro acudiu ao Salón Parroquial de Silleda para desfrutar dun concerto didáctico ofrecido polos membros da banda de Silleda.

Premede na seguinte ligazón para poder ver as fotos:

https://drive.google.com/drive/folders/1lrUhjhL9MmYRzD03cL6HDe0gkDqffw-U...

Distribuir contido