25 N - DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

 O día 24 de novembro, celebramos na escola o “Día Internacional Contra a Violencia de Xénero”, e en tódalas aulas se traballou sobre o conto  

“ Peúgo, o calcetín melenudo”, ao que lle deron voz, dúas mestras do centro.

Así, tamén se fixo uso de actividades interactivas, para traballar a comprensión e o recoñecemento de imaxes do conto, ás que podedes acceder dende as vosas casas nos seguintes enlaces:
 
É para rematar a celebración deste día os nen@s que o desexaron, participaron nun obradoiro, proposto dende a biblioteca do centro, de creación e elaboración do seu propio Peúgo, partindo dun calcetín e da súa propia imaxinación, e que á vez nos permite comezar a dar forma ao recén implementado nos centros "Polos creativos".
 
 
Podedes ver como foi o proceso de elaboración, premendo na seguinte imaxe.