SAÍDA AO ENREDO DO ABELLEIRO.

Os cativ@s de 1º e 2º de Educación Primaria, realizaron unha saída ao Enredo do abelleiro, ubicado en Portodemouros. Caracterízase por ser un museo vivinte do mel, dende o cal pretende achegar aos seus visitantes ao mundo das abellas. Alí, os pequenos realizaron diferentes obradoiros e afondaron un pouquiño máis na vida destes animais.

Premede na abella para ver as imaxes.

 

OBRADOIRO DE REGUEIFAS

Os rapaces e rapazas de 6º de Educación Primaria, tiveron a oportunidade de desfrutar, dun obradoiro de regueifas na aula de música.

FAI CLICK NA PALABRA QUE DA NOME A ESTE OBRADOIRO PARA COMPROBAR O TRABALLO FEITO NO MESMO.

 

REGUEIFAS

VISITA AO OBSERVATORIO ASTRONÓMICO DE FORCAREI

O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria visitaron o Observatorio astronómico de Forcarei, que conta con dúas plantas, nas que puideron observar, na superior, unha cúpula de 5 metros de diámetro e un telescopio Ritchey-Chrétien de 51 centímetros de diámetro e na planta baixa o centro de control do telescopio.

Preme na imaxe para ver o desenvolvemento da actividade.

Observatorio Astronómico de Forcarey - Wikipedia, la enciclopedia libre

CONCERTO ODAIKO

O alumnado de 1º a 4º de Educación Primaria, acudiu a Santiago de Compostela, para desfrutar dun espectáculo musical pedagóxico, a cargo do grupo de percusión Odaiko,  como parte das actividades arredor do Día Internacional dos Museos, este ano, adicado á sustentabilidade e ao benestar. Preme no nome do grupo para ver as imaxes.

 

ODAIKO

 

TALLER CONDUTAS P.A.S.

Onte pola mañá o alumnado de 5º e 6º de EP, e pola tarde, o profesorado do centro, participamos nun taller relacionado coas condutas P.A.S. (Protexer-Avisar-Socorrer) en situacións de emerxencia. A actividade consistíu nunhas sesións teórico-prácticas sobre a maneira de actuar ante contusións, queimaduras, hemorraxías..., así como coñecer a maniobra de Heimlich, a técnica de RCP, a posición lateral de seguridade e a manipulación dun DESA. 

O taller foi impartido por unha integrante de Cruz Vermella que exerce como enfermeira nun centro sanitario.

Tedes máis fotos se pinchades sobre a imaxe.

23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO.

Dende o 17 ao 21 de abril, conmemorouse a Semana do Libro, tal e como se establece na orde do calendario escolar, e dende o centro leváronse a cabo diversas actividades para dar resposta a mesma, entre as que destaca a realización de tarefas de xeito individual nas aulas, o decorado de marcapáxinas e a lectura ininterrompida do libro " A volta ao mundo en 80 días" de Julio Verne,  relacionadas todas elas coa temática do Proxecto Documental Integrado do centro.

PREME NA IMAXE.

SKETCHS: O PAPEL DO HOME E DA MULLER NA FAMILIA E A VIOLENCIA DE XÉNERO.

A continuación preséntanse unha serie de sketchs, feitos polos nen@s do grupo 1 de Educación Infantil e 6º A de Educación Primaria, cuia temática, no primeiro dos casos, fai referencia ao papel da muller e o home, tendo en conta a diversidade de familias existentes, e no segundo sketch, alúdese como idea central a violencia de xénero.

 

SKETCH EDUCACIÓN INFANTIL

SKETCH EDUCACIÓN PRIMARIA

SAÍDA A CARBALLEIRA DAS CASIANAS.

Nos derradeiros día do segundo trimestre, os nen@s do primeiro ciclo de Educación Primaria, como actividade final, levaron a cabo, unha saída a carballeira das Casianas. 

Preme nas seguintes palabras.

SAÍDA AS CASIANAS.

 

OBRADOIROS DE COEDUCACIÓN.

De cara ao final do segundo trimestre, leváronse a cabo dous obradoiros de coeducación dirixidos ao alumnado de Educación Primaria.

O primeiro deles, "A igualdade a través dos contos", estivo encamiñado de cara aos cativ@s de 2º e 3º de Primaria; o segundo, "Identificar emocións, sentimentos e situacións que as desencadean" aos rapaces e rapazas de 4º, 5º e 6º.

Podedes comprobar o desenvolvemento dos mesmos premendo na imaxe.

CONMEMORACIÓN DO DÍA DA ÁRBORE E DA POESÍA.

O 21 de Marzo, celebramos no centro o "Día Mundial da Poesía" e o "Día da árbore", por medio da creación de poemas relacionados coa temática arbórea.

Preme na seguinte imaxe para a preciar as diferentes creacións.

Visita do campeón de pesca deportiva David Arcay

O 31 de abril, o alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria recibiu a visita de David Arcay (premer para ver a noticia), campión do mundo de pesca á mosca nos anos 2012 en Eslovenia, 2015 en Bosnia, 2016 en USA e 2018 en Italia, para darlles unha charla sobre a conservación da natureza e a promoción da pesca sostible e sen morte

PAREADOS DOS NEN@S DE TERCEIRO.

Os cativ@s de 3º de primaria, están feitos todos uns poetas, comprobádeo lendo os seguintes pareados.

 

 

8M: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

O 8 DE Marzo, conmemórase o Día Internacional da Muller. Dende o centro levouse a cabo unha actividade, na que os nen@s escribiron nun lazo de cor morada o nome da muller máis importante para cada un deles, e que posteriormente colgaron do reixado do muro que rodea o centro.

Preme na imaxe.

SAÍDA DIDÁCTICA.

O alumnado de 5º de Primaria, acudíu o día 23, a un concerto didáctico, no auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela.

COLAXE DE ROSALÍA DE CASTRO.

O alumnado dende 1º a 6º de Primaria, elaborou un colaxe con material de refugallo para participar no concurso da Deputación de Pontevedra "A nosa Rosalía", nas categorías, Campaíñas (1º, 2º e 3º) e Airiños (4º, 5º e 6º), respectivamente.

Preme na imaxe para ver de primeira man os traballos realizados.

 

ENTROIDO: o oso de Salcedo.

O oso de Salcedo, estivo presente na semana do Entroido na escola, uns corremos sen parar e outros asustámonos a rabiar. O oso perseguíu aos nen@s polo centro, tinguindo as súas caras de cinza.

   

   

   

EXPOSICIÓN DE MÁSCARAS DOS NEN@S DE 2º DE PRIMARIA

Durante a semana do Entroido, os cativ@s de segundo de Educación Primaria, levaron a cabo unha exposición na ludoteca do centro de máscaras do Entroido galego que eles mesmos elaboraron. Ao longo dunha xornada, explicaron ao resto de alumado do centro, cada unha delas.

Preme na imaxe.

DESFILE DE ENTROIDO

O venres 17, levouse a cabo un desfile de Entroido no que participou todo o centro, e o que acudiron as familias dos cativ@s. A temática do mesmo, foi "A volta ao mundo en 80 días". Cada nivel, tomou como centro de interese, para a confección do seu disfrace, o país sobre o que lles tocou traballar, no desenvolvemento deste Proxecto Documental Integrado.

Preme na palabra  ENTROIDO para ver o desfile.

 

OS CACHARELOS

Nesta semana de ENTROIDO no cole, foron numerosas as actividades levadas a cabo, e entre elas cabe destacar a visita dos CACHARELOS de Lalín ao centro. Deste xeito, os nen@s poideron coñecer de primeira man, esta personaxe do Entroido galego.

Preme na imaxe para ver o vídeo da actividade.

DÍA DA PAZ

O 30 de Xaneiro, conmemorouse no centro o Día Escolar da Non Violencia e a Paz. Para dar resposta a dita actividade, os nen@s, aproveitando que nos atopamos dando a volta ao mundo, coñeceron a historia xaponesa de " Sadako y las mil grullas de papel", para posteriormente decorar o centro con grullas de origami, feitas nas aulas e no obradoiro que se realizou dende a biblioteca.

Preme na imaxe para ver o traballo realizado.

Distribuir contido