ENTROIDO 2023 - Mandados do Meco

A semana que ven celebraremos na escola o Entroido.

A continuaciòn, expóñense os mandados que o noso meco especial (Roboletra, mascota da biblioteca), nos deixa para os vindeiros días.

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!


 

MÁSCARAS DO ENTROIDO GALEGO

Esta semana, coa inminente chegada do Entroido, os nen@s do centro, tiveron a oportunidade de acudir a ver unha exposición, coa súa pertinente explicación, na ludoteca do centro, sobre máscaras do entroido galego, portugués e de Cerdeña, levada a cabo da man de Seixas.

Preme na imaxe para poder ver a exposición.

 

ANINOVO CHINO

Os cativ@s de 3º de primaria, celebraron este venres, o Aninovo chino, posto que é a China o país no que ten que facer maior fincapé dito nivel, dentro do Proxecto Documental Integrado do centro "A volta ao mundo en 80 días".

POEMA LIBRE

FEIRA DA ALEGRÍA

TALLER DE BICHOS

Os nen@s do centro tiveron a oportunidade de participar no taller "Toca, toca" de Miguel Santamaría. Durante o desenvolvemento do mesmo, os cativ@s puideron coñecer diferentes xeneralidades dos artròpodos e tocar dende insectos folla a tarántulas.

 

RECOMENDACIONS LECTORAS PARA O NADAL

Querido Papá Noel:

Velaquí algunhas ideas para gozar do mellor agasallo, o tempo en familia.




BO NADAL!

Con agarimo, Roboletra (mascota da biblioteca).

SAÍDA A MEDELO.

O venres día 2, os nen@s de 5° e 6° de Educaciòn Primaria, levaron a cabo unha saída a Medelo, durante a cal realizaron diferentes talleres en colaboración con COGAMI.

 

MAGOSTO 2022

O venres día 11, celebramos na escola, o Magosto, festa popular e tradicional galega. Foi unha xornada de celebración e moita diversión.

Preme na imaxe para ver o resumo do feito.

 

 

SAÍDA A CASA-MUSEO DE ROSALÍA DE CASTRO

Os nen@s de 5º e 6º de Educación Primaria visitaron, o martes día 8, a casa - museo de Rosalía de Castro, sita en Padròn.

Nesta casa, pasou Rosalía, os seus últimos anos de vida. Actualmente é un museo, a través do cal o alumnado, fixo un percorrido polos acontecementos que marcaron a vida desta ilustre muller e escritora indispensable no panorama literario galego.

 

  

 

 


PLAN PROXECTA+ (PVAD)

Este luns 7 de novembro, saíu a listaxe definitiva de centros admitidos para participar no Plan Proxecta+ durante o curso 2022/23.

Dentro deste Plan, o noso centro foi seleccionado no programa “Proxectos de Vida Activa e Deportiva (PVAD)” que ten como finalidade axudar aos centros a elaborar o seu proxecto de vida activa e deportiva, abordando a loita contra o sedentarismo, o sobrepeso e a obesidade a través do incremento, dentro e fora do horario lectivo, da carga real de actividade física que realiza o alumnado.

Para a súa consecución, temos planificadas gran variedade de actividades, como por exemplo:

- Patios activos e divertidos.

- Participación en distintas modalidades de XOGADE.

- Xornadas con actividades físicas e lúdicas en celebracións coma a Semana do Peón, o Magosto...

- Sesións teórico-prácticas de RCP e atragoantamento en EP.

- Andainas pola contorna.

- Milla diaria.

- Promoción de actividades físicas a través do blog de EF.

- Charlas sobre alimentación saudable.

 

* No blog de Educación Física podedes seguir as actividades que imos realizando.

https://educacionfisicasilleda.blogspot.com/

 

O SAMAÍN

O venres pasado, celebramos no

centro o SAMAÍN. Para elo leváronse a cabo

diferentes actividades, como as que se amosan, entre outras moitas, no seguinte vídeo.

Preme na imaxe para acceder a el.

BLOG DE EDUCACIÓN INFANTIL

Este curso académico 2022 - 2023 poderedes descubrir as andanzas das nenas e nenos de Educación Infantil, a través da posta en marcha dun blog educativo, no que se reflexarán diversas experiencias e actividades do proceso de ensino - aprendizaxe dos máis cativos. Para acceder ao mesmo podedes facelo premendo na seguinte imaxe.

Blog Peque - andanzas

NOVO BLOG DE EDUCACIÓN FÍSICA

Este ano creamos un blog para que non vos perdades nada das actividades deportivas que se leven a cabo tanto no centro como fóra. Nel podedes mantervos informados das propostas de xogos/actividades durante os patios, das competicións internas do cole, das probas deportivas que se celebren nos arredores, enlaces á prensa deportiva e moitas cousas máis.

Para acceder a el podedes facelo de diferentes formas:

 1. Escribindo na barra de direccións: www.educacionfisicasilleda.blogspot.com

 2. Escribindo no buscador: Educación Física CEIP Silleda

 3. Pinchando sobre a seguinte imaxe

imaxe blog

 

ANIMÁDEVOS A VISITALO!!!!!

DÍAS PARA O INICIO DO CURSO 2022-23

DÍAS PARA O INICIO DO CURSO 2022-23

Xoves, 8 de setembro:

Inicio das clases en Ed. Primaria e Ed. Infantil.

 Entradas ao centro:

 A entrada do alumnado ao centro realizarase do seguinte xeito:

A) Alumnado transportado:

 Accederá polo portalón principal de acceso ao centro (avenida do Recinto Feiral).

B) Alumnado non transportado:

 Accederá polo portal situado preto das instalacións da gardería “Galiña Azul (rúa da Estación). Este portal abrirase ás 8:45 horas. O alumnado de Ed. Infantil das aulas 1,4,5 e 6 entrarán pola porta a carón do edificio de Ed. Infantil.

 Saídas do centro:

A saída do alumnado farase como segue:

 A) O alumnado, que saia ás 13:55 horas, farao polo portalón principal de acceso ao centro, agás o alumnado dos grupos 1,4,5 e 6 de ed. infantil que o farán pola porta de infantil.

 B) O alumnado,  non transportado no autobús escolar, que saia ás 14:50 horas, sairá polo portal situado preto das instalacións da gardería “Galiña Azul.

 

 No seguinte enlace poderán acceder a unha importante información sobre o inicio de curso.

Enlace: https://www.dropbox.com/s/g54r880opqo9jgc/Informacion_familias1.pdf?dl=0

Festa de remate do curso

No día de hoxe celebramos a festa de remate do presente curso escolar con inchables e variados xogos para todos/a.

 

 

 

Paraugas Literario

Premendo AQUÍ poderás visualizar as representacións realizadas polo alumnado do centro con motivo da celebración do día do Paraugas Literario.

Os diferentes grupos interpretaron xéneros tales como: poesía, narrativa, teatro, etc., facendo gala da súa posta en escena.

Almorzo saudábel

Como dinámica integrada dentro do proxecto de saúde no que participa o noso centro, o alumnado de 6ºB levou a cabo un almorzo saudábel no cal traballamos a concienciación sobre este tipo de hábitos.

Logo de calcular as cantidades e o tipo de nutrientes que precisamos nesta primeira franxa horaria, o alumnado realizou a compra dos produtos acordados nalgúns dos establecementos da vila, rematando co almorzo ao día seguinte.

Podedes consultar máis IMAXES premendo aquí e na historia destacada de “saúde”.

 

 

Semana Verde

Durante os días 2, 3, 4 e 5 de xuño celebrouse a feira Abanca Semana Verde de Galicia, evento ao que o alumnado do centro acudeu ao longo das mañás do xoves e venres. Fixeron un pequeno tour por case todos os stands compartindo o contido dos mesmos.

 

Preme AQUÍ para ver algunhas imaxes.

PROBAS DAFIS

Nestes días o alumnado de 6º está a levar a cabo a realización das probas DAFIS, as cales nos van a permitir analizar parámetros funcionais e psicomotores, para logo, poñelos en coñecemento do servizo de saúde galego.

Trátase dunha proposta integrada ao abeiro do Plan de Vida Activa e Deportiva.

O principal obxectivo non é outro que facer unha diagnose o máis concreta posible para detectar calquera tipo de anomalía, sobre todo no referente aos desaxustes musculares aos que son tan propensos os escolares desta franxa de idade. 

Podes premer AQUÍ para ver ao noso alumnado.

Distribuir contido