Este luns 7 de novembro, saíu a listaxe definitiva de centros admitidos para participar no Plan Proxecta+ durante o curso 2022/23. Dentro deste Plan, o noso centro foi seleccionado no programa “Proxectos de Vida Activa e Deportiva (PVAD)” que ten como finalidade axudar aos centros a elaborar o seu proxecto de vida activa e deportiva, abordando a loita contra o sedentarismo, o sobrepeso e a obesidade a través do incremento, dentro e fora do horario lectivo, da carga real de actividade física que realiza o alumnado. Para a súa consecución, temos planificadas gran variedade de actividades, como por exemplo: - Patios activos e divertidos. - Participación en distintas modalidades de XOGADE. - Xornadas con actividades físicas e lúdicas en celebracións coma a Semana do Peón, o Magosto... - Sesións teórico-prácticas de RCP e atragoantamento en EP. - Andainas pola contorna. - Milla diaria. - Promoción de actividades físicas a través do blog de EF. - Charlas sobre alimentación saudable.
* No blog de Educación Física podedes seguir as actividades que imos realizando. https://educacionfisicasilleda.blogspot.com/
|
|||