blogue deveronicasimon

IMPRESORA 3D: LETREIROS MAQUETA

Entre as tarefas que tivemos que levar a cabo  atopámonos coa creación de letreiros para a maqueta de Galicia coa impresora 3D. Para comezar  o traballo con esta ferramenta profundizouse no seu modo de uso, formando a coordinadora ao alumnado interesado. Traballamos co programa Tinkercad e Creality para realizar o deseño dos letreiros.

IMG_7321~0.jpeg    IMG_7322.jpeg

 

IMG_7323.jpeg

PRODUCTO FINAL: A MAQUETA

O noso producto final empeza a tomar forma. Así, esta maqueta recolle o traballo anual que se levou a cabo no centro relacionado co Proxecto Documental Integrado, e para o que no seu desenvolvemento tivo certa relevancia este curso os Polos Creativos, traballando da man todas as coordinacións do centro, para así poder chegar a un obxectivo común : coñecer a nosa comunidade.

IMG_7317.jpeg

IMG_7319.jpeg

IMG_7320.jpeg

Pero, para dar forma a este traballo, temos que facer un recollecemento a todo o alumnado e profesorado que se prestou a participar en tal fin. Posto que para ir chegando a esto, pasamos por diferentes fases de traballo coma por exemplo, o emprego de lápices 3D para elaborar as frechas, ou os nomes das provincias,

IMG_4128.jpeg

 

 

 

A CULTURA CASTREXA EN GALICIA

Os rapaces e rapazas de 6º de Educación Primaria, estiveron a indagar sobre a cultura castrexa en Galicia. Unha vez que completaron a fase de indagación, levaron a cabo unha saída ao museo de Castro Deza en Lalín, onde interiorizaron determinadas estratexias que lle permitisen crear eles e elas o seu propio poboado castrexo, un traballo colaborativo, que complementaron coa creación do vídeo que se presenta a continuación.

Preme na seguinte palabra para visionalo.

CASTRO

A CULTURA CASTREXA EN GALICIA

A CULTURA CASTREXA EN GALICIA

PAXARIÑOS, AVES DO LITORAL GALEGO

En relación coa temática de Galicia, estívose a traballar sobre as aves do litoral galego.

Unha das actividades que levaron a cabo foi a realización duns paxariños reutilizando rolos de papel hixiénico.

 

Comprobade que bonitos lles quedaron!

ELABORACIÓN DE MINIMUNDOS GANDERÍA GALEGA

 En relación co programa “Mestres gandeiros”,temática vinculada ao PDI do centro, os pequen@s do grupo 6 crearon un precioso minimundo relacionado coa granxa. Así, partindo dunha caixa grande, crearon o mesmo.

O mellor non é o bonito que é, senón o moito que disfrutan xogando con el.

 

 

 

 

 

ELABORACIÓN DE MINIMUNDOS GANDERÍA GALEGA

PRODUCTOS DA HORTA EN 3D

En Galicia a horta de pequena extensión recibe tamén o nome de horto. Este ano no centro, puxemos mans a obra, e configuramos un, ao abeiro do programa "Mestres Gandeiros". Os cativ@s puideron coñecer aspectos referentes a esta temática, como cales adoitan ser os principais cultivos dos hortos e que podemos resumir en catro: hortalizas, verduras, legumes e, as veces, árbores froiteiras. Tendo en conta todo isto decidimos, reproducir en 3D, empregando o lapis 3D, algunha das prantadas, como por exemplo os tomates ou as cebolas.

1b1a5935-3c82-43fe-bece-1010367a5ca9.jpeg

IMG_7227.jpeg

IMG_7225~0.jpeg   IMG_7226~0.jpeg

f3611869-9749-4855-a197-94b6b39d75c1.jpeg

 

OBRADOIRO DE CHAPAS NA BIBLIOTECA POLO 8M

O día 8 de marzo, levouse a cabo na biblioteca do centro un obradoiro de chapas, no cal os maiores, guiaron a labor dos máis cativos en moitos dos casos.

IMG_3459.jpeg  IMG_3462.jpeg 

IMG_3465.jpeg   IMG_3470.jpeg

IMG_3466.jpeg   

IMG_3727.jpeg   IMG_3729.jpeg   IMG_3732.jpeg

 

LITORAL GALEGO A TRAVÉS DA REALIDADE VIRTUAL

Deténdonos no estudo do litoral galego, empregamos as gafas de realidade virtual, para visualizar determinados aspectos do mesmo, baixo a sensación de estar inmerso nel, creando experiencias en primeira persoa, accesibles orixinariamente a través da experiencia directa co mundo real.

c708b475-53ee-4cef-8700-f757aeb73058.jpeg  ce9707a2-3bc6-41f5-a773-1147a2371e0d.jpeg

e35d24d5-b34a-49d0-8569-a2d91dd0e8b2.jpeg

DISFRACES DE ENTROIDO

Este curso, seguindo coa temática do Proxecto Documental Integrado, Galicia, o festival de entroido tivo como temática central o entroido galego. Para elo cada nivel, elaborou os seus propios disfraces, en moitos dos casos en colaboración coas familias, establecendo obradoiros nos que se foi confeccionando cada un dos traxes. Foron moitas as tarefas a realizar: uns coseron, outros deseñaron patróns, compuxeron máscaras...entre outras, e para algunhas precisamos materiais propios dos Polos creativos, como as pistolas de silicona, a máquina de chapas, a plotter de corte, a máquina de coser..., sendo o resultado o que a continuación se presenta.

EDUCACIÓN INFANTIL: XENERAIS DA ULLA

3B6E048A-1EB6-419F-A8E5-3B8FE69D7FD2.jpeg

1º CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA: VOLANTES DE CHANTADA.

98186738-DDC1-4686-AE8F-C76AC7364A35.jpeg

2ºCICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA: PANTALLAS , PELIQUEIROS E MÁZCARAS DE MANZANEDA.

E6FD168F-0650-4273-A6A7-749111BCBA17.jpeg

1FCD84AF-C663-432E-8BC9-826728BEDC25.jpeg

5C3405A6-15E2-421C-A01A-6BA6627E4D41.jpeg

3º CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA: LORO RABACHOL DE PONTEVEDRA E O HOME DOS CORNOS DE MERZA.

303B32B4-3548-4674-9C5B-4413F19B1AFD.jpeg

9F78D100-14E6-4231-8D40-A57A9C2E5A74.jpeg

 

BLUE BOT NO ENTROIDO

No entroido estivemos a traballar con outro robot diferente aos anteriores o Blue Bot, cuio funcionamento e moi similar ao BeeBot,  aínda que conta con máis funcionalidades, permitindo controlar o mesmo dende a tableta.

 IMG_9387.jpeg   IMG_9388.jpeg

  
IMG_9831.jpeg

PLANTACIÓN NA CANTEIRA DE ROSENDE

O alumnado de 6º de Educación Primaria, participou nunha xornada de concienciación medioambiental promovida por Masaveu Industria S.L. Foron os protagonistas da plantación de árbores autóctonas na coñecida como canteira de Rosende.

Preme na seguinte imaxe para poder ver o resto da xornada.

0DFB55A3-BB3A-4583-869C-EEDD67025435.jpeg

ANIMAIS DOMÉSTICOS

As familias dos nos@s cativ@s sempre están dispostas a formar parte do proceso de ensino-aprendizaxe. Por iso, ao abeiro do programa “Mestres Gandeiros”, acudiron ao centro, con diferentes animais domésticos, que fixeron as delicias dos máis pequenos, e cos que poidemos convivir durante dous días.

 

 

 

1 DE ABRIL: DÍA DAS ARTES GALEGAS

Unha das actividades propostas para seguir desenvolvendo o Programa “Mestres gandeiros”, dende as aulas 1,4,5 e 6, aproveitando que estamos inmersos en todo o relacionado co horto, e que serviu a vez, para desenvolver unha das actividades conmemorativas, sinaladas no calendario escolar “1 de abril: Día das Artes Galegas”, as cales son de obrigado cumprimento, foi a realización de cadros con legumes.

E como non podía ser menos, sairon verdadeiras obras.

 

Todos uns artistas!

 

CREACIÓN DO HORTO

Alá polo mes de febreiro comezamos a matinar sobre como montar un horto na escola, ao abeiro do Programa Mestres Gandeiros no que estamos inmersos, e que ao mesmo tempo, gardase relación co PDI sobre Galicia.

Pois ben, pouco a pouco vai collendo forma.

 

Comprobade como vamos avanzando, nas tarefas de sementar, transplantar, regar, manter o composteiro…, para elo toca na regadeira que a continuación se presenta e verás un montón de imaxes.

OBRADOIRO DE COCIÑA CON OVOS DE PASPALLÁS

 

Os nen@s da aula 6 estiveron a cociñar con ovos de Paspallás. Están feitos tod@s uns chefs!

 

EXPERIMENTO CON OVOS

Para seguir co tema central da semana, os ovos, levamos a cabo un experimento. Puxemos un ovo nun vaso, botámoslle vinagre, e deixámolo uns días, para ver que acontecía, o ovo volveuse elástico.
 

   

                                

                                 

 

 

GANDERÍA AVÍCOLA: Coñecemos e comparamos ovos.

 Ao longo da semana previa a Pascua, estivemos a coñecer diferentes tipos de ovos, tendo en conta a súa procedencia animal (ovos de oca, de quica, de galiña, de codorniz...) e características (traballando tamaños, formas, cores...).

            

          

                    

     

Distribuir contido