8M DÍA INTERNACIONAL DA MULLER: Mulleres gandeiras

 O día 8, seguindo coa conmemoración do Día Internacional da Muller, e como proposta de actividade do programa “Mestres Gandeiros”, invitamos as avoas e mamás dos nosos cativ@s a contarnos a súa  experiencia como agricultoras e gandeiras, comprobando deste xeito o cambio significativo que se produciu co paso do tempo no que a agricultura e gandería se refire. 

 

As aulas 5 e 6 tiveron a sorte de contar coa avoa de Marta e Aleera, Rosa.

 

 

As aulas 4 e 5, contaron coa avoa de Brais, Maruja; e coa mamá de Celia, dúas mulleres de tempos distintos, aínda que unidas por a mesma profesión, a gandería e agricultura.