Complementarias

Día de Rosalía de Castro

Ao longo desta semana, dende o CEIP Plurilingüe de Silleda, estamos dándolle visibilidade á conmemoración recoñecida dende este ano na orde de calendario escolar; día de Rosalía de Castro.

Todas as clases traballaron cuestións relacionadas coa vida e a obra de Rosalía de Castro; fixéronse lecturas de Rosalía por parte do alumnado dos últimos niveis a educación infantil e primeiro ciclo; lectura, degustación e manteis do "Caldo de Gloria"; decoración "Rosaliana" no centro; decoración do comedor por parte do alumnado de infantil con flores para Rosalía; o profesorado vestiu camisetas coa imaxe da autora.

Premendo enriba da primeira imaxe podedes ver un vídeo dunha das lecturas realizadas polo alumnado do centro.

 

 

 

Revista dixital

REVISTA DIXITAL

Achegamos unha pequena mostra da revista dixital do CEIP Plurilingüe de Silleda. O alumnado de 6º, dende a materia de TICs, decidiu darlle visibilidade aos traballos feitos dende as diferentes materias.

Premendo enriba da imaxe poderedes ver o contido da revista. Recordade ter os altofalantes activados, xa que hai diferentes pistas de audio para escoitar.

Esperamos que vos guste!

Visita de Rodrigo Ramos

No día de hoxe visitou o noso centro Rodrigo Ramos, que ademais de ser un gran músico e compositor, tamén é un antigo alumno do CEIP Plurilingüe de Silleda.

Ao longo da mañá abraiou ao noso alumnado coas súas letras, entre as cales destacamos "Subiote", adaptación musical dun poema de Xosé Neira Vilas.

Podedes ver un pequeno vídeo premendo enriba da imaxe.

 

 

 

Charla sobre os riscos de seguridade nas novas tecnoloxías

O alumnado de 5º e 6º de primaria asistiu a unha charla sobre "os riscos de seguridade nas novas tecnoloxías e nas redes sociais", impartida pola Garda Civil. Estas sesións informativas forman parte do plan director para a convivencia e mellora da seguridade nos centros educativos e os seus entornos (Ministerio del Interior).

 

 

BENVIDO OUTONO! - WELCOME AUTUMN!

Os alumnos e alumnas de 1⁰ e 2⁰ recolleron froitos, follas... para facer unha exposición sobre os produtos do outono. 
Coa axuda da mestra de inglés e das titoras, coñeceron os nomes de varias árbores e froitos en castelán, inglés e galego.
Aprendemos moito sobre esta estación tan fermosa!
 
Preme enriba da seguinte imaxe para ver as fotografías!
 

ANXO MOURE

O pasado mércores tivemos a visita de Anxo Moure. Ensinounos a facer corazóns con papel reciclado. Todo isto cunha metáfora de transformar as malas novas en amor e tolerancia.

 

Preme na ligazón para ver as imaxes: ANXO MOURE

 

Horario da actividade "Paraugas literario"

Premendo no seguinte arquivo adxunto poderán acceder ao horario da actividade "Paraugas literario"

 

LUZ FANDIÑO E ACORDEIRETA

O pasado mércores tivemos a sorte de gozar de cultura galega da man de Luz Fandiño e Acordeireta. Os poemas da primeira xunto a música dos segundos foi un espectáculo que gustou a todos e todas. O alumnado tamén quixo facerlle agasallos á poetisa: debuxos dos seus poemas, recitados,... O que a emocionou moito!

E deixáronnos unha gran lección:

"HAI QUE FALAR O GALEGO PARA QUE NON MORRA"!

 

Invitámosvos a ver algunhas imaxes na ligazón: LUZ FANDIÑO E ACORDEIRETA

 

Ademais podedes ver o vídeo creado pola Acordeireta da súa visita: https://youtu.be/R_53IXvYtKU 

 

MAIOS 2021

O alumnado de Educación Infantil celebrou os Maios.

Pinchade na seguinte ligazón para ver que fermosas quedaron as esculturas. Ademais divertíronse cantando e bailando algunhas coplas. 

MAIOS 2021

IV Feira da Alegría

O alumnado elaborou, un ano máis, uns detalles para a IV Feira da Alegría. Este curso desenvolveuse de forma diferente debido á situación que nos toca vivir, pero foron feitos co mesmo cariño!!

Grazas a tódalas familias por colaborar no intercambio de alimentos!

Se pinchades aquí poderedes ver algunhas das fotos:


Obradoiro de regueifas

O día 22 de outubro desenvolveuse, para  o alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria, un obradoiro de regueifas levado a cabo polos regueifeiros Pinto de Herbón e Luis “O Caruncho” no auditorio do recinto feiral da Semana Verde de Silleda.

Explicáronlle as estrofas, a copla popular e  o ritmo do verso, que logo as rapazas e os rapaces, despois de improvisar unha regueifa,  seguiron coas súas voces e coa zanfona de Luís “O Caruncho”.

 

VISITA DE ANXO MOURE

Anxo Moure deleitounos coa representación de varios contos coa temática da igualdade e a violencia de xénero. Premede na seguinte ligazón para poder ver as fotos:   https://drive.google.com/drive/folders/1hjbNHAqmZBr_5kKszIjiFv1s_x-i8UBf....

CELEBRANDO O DÍA DE ROSALÍA

O alumnado de 6º A  fixo unha lectura de poemas  de Rosalía ao alumnado de Educación infantil e de Educación Primaria. O alumnado d 6º B deulle lectura o manifesto dos escritores da lingua galega. Premede na seguinte ligazón para poder ver as fotos:   https://drive.google.com/drive/folders/1LbgxoMOY6W0CYUEHP1z3f8EArkMiT5vp...

 

ENTROIDO 2020

Os nenos e nenas de Educación Infantil e Primaria disfrazáronse seguindo a temática elexida polo centro "Mitoloxía Galega". Premede na seguinte ligazón para poder ver as fotos:     https://drive.google.com/drive/folders/11T4JVXW7HYmdR0buwIRC7BHsqacxQIwK...

 

 

CARREIRA SOLIDARIA 2020

O centro celebrou un ano máis a carreira solidaria para colaborar cos nenos/as do Sáhara. Moitas grazas a tódalas familias polas aportacións realizadas para tal fin. Premede na seguinte ligazón para poder ver as fotos:   https://drive.google.com/drive/folders/1Yt3aTSczgVU-O8rJQbYFmisGu4xFIyPU...

VISITA DE MARTIÑO MOURE

Martiño Moure deleitou os nenos/as de Educación Infantil e Primaria coa obra "O bosque das mulleres árbore".Premede na seguinte ligazón para poder ver as fotos:   https://drive.google.com/drive/folders/1rEdGldfURE-INAWQVWZ61g_ry0XtuBan...

OBRADOIRO DE RECICLAXE

O Concello de Silleda ofreceu un obradoiro de reciclaxe ao alumnado de 5º/6º de Educación Primaria. Premede na seguinte ligazón para poder ver as fotos.       https://drive.google.com/drive/folders/1W0iYDAwmvHjSpD9BCHRYzwZNN5BL9BC7...

TALLER DE ASPADEZA

Membros da Fundación Aspadeza visitaron o noso centro para realizar un "Taller sobre a Diversidade".  Os nenos e nenas disfrutaron da maxia a cargo do mago José (integrante de Aspadeza). Premede na seguinte ligazón para poder ver as fotos:    https://drive.google.com/drive/folders/1KrboctpBbLWe2R6jDsn-SMxbjB6AhNDm...

 

 

 

FESTA FINAL DE CURSO

Para rematar este curso 2022/2023, levouse a cabo unha festa con hinchables para tódol@s nen@s do centro. Foi unha xornada de diversión e convivencia entre mestres e alumnado.

DESFRUTADE DO VERÁN E VÉMONOS EN SETEMBRO!

Preme na imaxe para ver o desenvolvemento da xornada.

 

III Feira da Alegría

As recadacións acadadas na III Feira da Alegría destináronse a Fundación Aspadeza. Moitas grazas a tódalas familias pola colaboración.

Premede na seguinte ligazón para poder ver as fotos:    https://drive.google.com/drive/folders/1G5eF7mfac5GiFsdQMZ0u-Vf9xE7emKRw...

Distribuir contido