Complementarias

CONCERTO DE ODAIKO NA SEMANA VERDE

O alumnado do cole asistiu a un concerto de Odaiko no auditorio da Semana Verde. Preme na seguinte ligazón para ver as imaxes:

CONCERTO DE ODAIKO

FESTA FIN DE CURSO

Despedimos o curso con diferentes actividades e xogos. Preme na ligazón para ver as fotos. FELIZ VERÁN A TOD@S!

FESTA FIN DE CURSO 2018

SEMANA VERDE 2018

Na seguinte ligazón iranse engadindo fotos dos diferentes cursos do centro nas actividades da Semana Verde neste mes de xuño:

SEMANA VERDE 2018

PREMIOS PARA OS MELLORES CÓMICS

Algúns alumnos e alumnas do centro participaron no Concurso de Cómics de Silleda. A continuación tedes as ligazóns da noticia e a imaxe dos gañadores destes premios. Parabéns!

PREMIOS PARA OS MELLORES CÓMICS (La Voz de Galicia)

PREMIOS PARA OS MELLORES CÓMICS (Faro de Vigo)

'A VOZ DOS SOÑOS E OUTROS CONTOS PRODIXIOSOS'

O alumnado de 3º e 4º de EP participou nunha sesión de animación á lectura relacionada co libro 'A Voz dos Soños e Outros Contos Prodixiosos' de Hugh Lupton. Aquí vos deixamos algunhas imaxes da actividade:

ANIMACIÓN Á LECTURA: 'A VOZ DOS SOÑOS'

CHARLA DE PLANTAS PARA 3º EP

O xoves 22 de marzo veu Eva Morquecho, nai dun dos nosos alumnos, para darnos una entretida charla sobre as plantas aos cursos de 3º de EP. A charla incluíu, entre outros, os distintos usos das plantas aromáticas e medicinais, contándonos cousas incríbles e fascinantes deste mundo ás veces un pouco descoñecido. Tamén nos trouxo un montón de mostras variadas das distintas herbas e plantas.

 

ELABORACIÓN DE QUEIXOS: HOXE

O alumnado de 2º de EP participou nun taller de elaboración de queixos coa colaboración da empresa HOXE. Preme na ligazón para ver as imaxes desta actividade:

ELABORACIÓN DE QUEIXOS: HOXE

CHARLA-TALLER DE POESÍA

O alumnado de 5º e 6º curso de EP participou nunha charla-taller de poesía dirixido por Xoán Babarro. Aquí vos deixamos algunhas imaxes da actividade:

LEDICIA COSTAS

A escritora galega Ledicia Costas acudiu ao noso centro para contarlle ao alumnado de 5º e 6º de EP anécdotas sobre a súa vida e traballo, así como historias dos personaxes das súas obras, e respondeu ás preguntas que as rapazas e rapaces lle formularon. A autora escribiu libros como 'A Señorita Bubble' ou 'Esmeraldina, a Pequena Defunta', libros que tiveron moito éxito entre os cativos. Premendo na ligazón podedes ver as fotos do evento:

LEDICIA COSTAS

WORKING WHEELS

O alumnado de Educación Primaria realizou o xoves 21 de decembro un taller chamado "Working Wheels", no cal realizaron diferentes actividades para concienciarse e coñecer máis de preto a vida e obstáculos de persoas discapacitadas. Aquí vos deixamos imaxes e vídeo das actividades:

FOTOS TALLER 'WORKING WHEELS'

ACTIVIDADE TEI: TITORÍA ENTRE IGUAIS

Deixamos algunhas imaxes da actividade TEI, na cal os titores acompañaron aos seus titorizados no Deporte Escolar do recinto da Semana Verde. Premede na ligazón para ver as fotos na galería de imaxes:

FOTOS ACTIVIDADE TEI

CONCERTO DIDÁCTICO

O pasado venres 22 de Setembro, o alumnado de Primaria do noso cole asistiu a un concerto didáctico na Escola de Música de Silleda, levado a cabo pola banda de Silleda. No mesmo, @s nen@s repasaron os instrumentos, sons, entoación e demais, con diferentes xogos e propostas. Aquí vos deixamos algunhas imaxes e vídeo da actividade:

     

 

As laranxas mais laranxas de tódalas laranxas 6º B

As laranxas mais laranxas de tódalas laranxas 6º A

REGUEIFANDO

REGUEIFANDO

REGUEIFANDO

REGUEIFANDO

Os profes tamén regueifan

REGUEIFANDO

Distribuir contido