CHARLA DE PLANTAS PARA 3º EP

O xoves 22 de marzo veu Eva Morquecho, nai dun dos nosos alumnos, para darnos una entretida charla sobre as plantas aos cursos de 3º de EP. A charla incluíu, entre outros, os distintos usos das plantas aromáticas e medicinais, contándonos cousas incríbles e fascinantes deste mundo ás veces un pouco descoñecido. Tamén nos trouxo un montón de mostras variadas das distintas herbas e plantas.