Complementarias

OBRADOIRO DE DIVERSIDADE NA CASA DE CULTURA

O alumnado de 5º saiu á casa da cultura para participar nun obradoiro cuxa temática principal foi "A diversidade".

Premede na seguinte ligazón para poder ver as fotos:   https://drive.google.com/drive/folders/1uMejnTWUuBAaPaKigR6-_r_PyyLguXfU...

MANS LARANXAS- LALÍN DIVERSO

O noso centro educativo sumouse a iniciativa de Lalín Diverso alzando as mans laranxas para loitar pola Igualdade e Inclusión, principios básicos do actual sistema educativo. Premede na seguinte ligazón para poder ver as fotos:

https://drive.google.com/drive/folders/16W5fwE_ziX7rOWKM368a084pfAWr3pcC...

 

VISITA DE ÁLEX DE WORKING WHEELS

Un ano máis Álex deu unha charla na Biblioteca dirixida ao alumnado de 3º, 4º,5º e 6º de Educación Primaria.

Premede na seguinte ligazón para poder ver as fotos:   https://drive.google.com/drive/folders/17eS9s0UWnwgxrrdlg0-Gaa3ug2s3Chcb...

 

 

 

HOMENAXE A NEIRA VILAS

Hoxe fixemos unha homenaxe ao autor Neira Vilas no patio cuberto do colexio. Premede na seguinte ligazón para poder ver as fotos: https://drive.google.com/drive/folders/167ajst4_dggwFrNsWEIwqhODdIG9Z2_T...

 

 

 

 

CHARLA SOBRE MOTIVACIÓN PARA A LECTURA

Co gaio da celebración do día das bibliotecas escolares, o alumnado asistiu a unha charla sobre motivación para a lectura e presentación de material por parte da librería Aenea. Premede na seguinte ligazón para poder ver as fotos:  

https://drive.google.com/drive/folders/1phA-p_-4wHLEXpcAyBJhkho7ZNdehLSZ...

TALLER "APRENDE A SALVAR VIDAS"

Os alumnos/as de 5º e 6º tiveron un taller impartido pola Cruz Vermella, no que aprenderon nocións básicas de primeiros auxilios.

Premede na seguinte ligazón para poder ver as fotos.  https://drive.google.com/drive/folders/1CDBX17eEow1MOkCn5ycnYfU0LxtQ_Hne...

 

RUTA DO CAMIÑO DE SANTIAGO

O alumnado de 4º,5º e 6º saíu a unha ruta do Camiño de Santiago entre a Ponte Taboada e Silleda. Nesta saída disfrutaron da natureza da contorna.

Premede na seguinte ligazón para poder ver as fotos: https://drive.google.com/drive/folders/1_rSGdDoQg9DMH0VO-rhrseFnWU3P4KkT...

VISITA DOS XOGADORES DO OBRADOIRO

Os xogadores do Obradoiro visitaron o alumnado de primaria para animar ao noso alumnado a practicar o baloncesto.

Premede na seguinte ligazón para poder ver as fotos: https://drive.google.com/drive/folders/18XF9RSQNPYfOWtrYPZhDfNBGfhxF5YJY...

VISITA DO CLUBE DE CICLISMO DA ESTRADA

Membros do clube de Ciclismo da Estrada visitáronnos o día 19 de Setembro para facer un circuíto de educación vial coas súas bicis. Premede na seguinte ligazón para poder ver as fotos: https://drive.google.com/drive/folders/1AzlOnwfLeI-dbHab-4b_LirZQoHdOZmP...

SAÍDA CONCERTO DIDÁCTICA DA BANDA DE SILLEDA

O alumnado do noso centro acudiu ao Salón Parroquial de Silleda para desfrutar dun concerto didáctico ofrecido polos membros da banda de Silleda.

Premede na seguinte ligazón para poder ver as fotos:

https://drive.google.com/drive/folders/1lrUhjhL9MmYRzD03cL6HDe0gkDqffw-U...

SAÍDA CONCERTO DIDÁCTICO DA BANDA DE SILLEDA

O alumnado do noso centro saiu a un concerto didáctico no Salón Parroquial para escoitar os membros da Banda de Silleda.

GRADUACIÓN DE EDUCACIÓN INFANTIL

Aquí podedes ver o vídeo da Graduación do alumnado de Educación infantil.

GRADUACIÓN E. INFANTIL

 

GAÑADORES DO CONCURSO DE FOTOGRAFÍA

O pasado venres, despois das actividades lúdicas de fin de curso, entregáronse os premios aos gañadores do Concurso de Fotografía do centro.

NORABOA AOS GAÑADORES!!

Premede na seguinte ligazón para poder ver as fotos: 

 GAÑADORES DO CONCURSO DE FOTOGRAFÍA 2019

 

"O PAXARIÑO SABIO" 2ºB

O alumnado de 2º B interpretou a obra:

"O PAXARIÑO SABIO"

"O CARBALLO FALADOR"

O alumnado de 6º A interpretou, o pasado xoves, no patio do colexio a obra de teatro "O carballo falador". Fíxoo para todos os nenos e nenas do centro e da Escola Infantil.

O CARBALLO FALADOR

"UNS RATOS INSOPORTABLES" Obra de teatro 2º A

O alumnado de 2º A interpretou a obra de teatro:

"Uns ratos insoportables" 

OBRA DE TEATRO EN INGLÉS "ADEL"

O pasado xoves, todos os alumnos/as de Educación Primaria disfrutaron da obra de teatro, en inglés, "Adel". Esta actividade foi promovida pola Sección Bilingüe do centro.

Premede na seguinte ligazón para poder ver as fotos:

"ADEL" Teatro en inglés

O PARAUGAS LITERARIO

 

A actividade "O paraugas literario" desenvolveuse en numerosas prazas do casco urbano de Silleda. Os protagonistas desta actividade foron os alumn@s do noso centro. Os cales leron poemas, textos en prosa e interpretaron pezas teatrais. 

Todas aquelas persoas que quixeron puideron disfrutar desta actividade aberta a todo o público.

Premede na seguinte ligazón para poder ver as fotos:

O PARAUGAS LITERARIO

 

DÍA DO MEDIO AMBIENTE

O 5 de xuño celebrouse o Día do Medio Ambiente. Para conmemoralo todo o alumnado do centro participou nunha recollida de lixo, dentro do recinto escolar e tamén fóra na zona limítrofe; desta zona encargáronse os máis maiores.

Premede na seguinte ligazón para poder ver as fotos:

DÍA DO MEDIO AMBIENTE

OBRADOIRO DE REGUEIFAS

O venres o alumnado de 5º e 6º puido disfrutar coa presenza de dous regueifeiros. Escoitaron os seus cantos e  puideron inventar e cantar algunhas regueifas.

Premede na seguinte ligazón para poder ver as fotos:

OBRADOIRO DE REGUEIFAS

Distribuir contido