Día de Rosalía de Castro

Ao longo desta semana, dende o CEIP Plurilingüe de Silleda, estamos dándolle visibilidade á conmemoración recoñecida dende este ano na orde de calendario escolar; día de Rosalía de Castro.

Todas as clases traballaron cuestións relacionadas coa vida e a obra de Rosalía de Castro; fixéronse lecturas de Rosalía por parte do alumnado dos últimos niveis a educación infantil e primeiro ciclo; lectura, degustación e manteis do "Caldo de Gloria"; decoración "Rosaliana" no centro; decoración do comedor por parte do alumnado de infantil con flores para Rosalía; o profesorado vestiu camisetas coa imaxe da autora.

Premendo enriba da primeira imaxe podedes ver un vídeo dunha das lecturas realizadas polo alumnado do centro.