UN GRAFFITEIRO NO COLE

A semana pasada achegouse ao cole Martín Sampedro Rañó cargado de sprays e listo para darlle un toque de color e arte ao noso colector onde os nenos/as de Educación Infantil gardan os seus xoguetes do patio.

Velaí vos deixamos algunhas imaxes do seu traballo.

 

O colector xa está listo, agora so nos queda enchelo para o goce dos nosos pequenos, así que papás xa o sabedes, se vos ides desfacer de “correpasillos”, triciclos, motos, carretillas, caldeiros, coches etc. lembrade que no cole os nosos alumnos/as estarán encantados de darlles unha segunda oportunidade a eses xoguetes

 

E ESTE FOI O RESULTADO FINAL...