No seguinte taboleiro de Pinterest ofrecémosche unha seria de recomendacións lectoras para traballar no proxecto documental deste curso que atoparás na biblioteca do centro.
Sigue el tablero Mergúllate nun mar de números de Ceip en Pinterest.
O 18 de decembro, ás 18 horas, celebramos o Festival de Nadal no Salón de actos do IES As Lagoas de Ourense ante un público entusiasta formado fundamentalmente pola nosa comunidade educativa e familiares achegados do alumnado.
Antes de nada, resaltar que é de agradecer o bo comportamento de todos os espectadores, mantido ao longo da duración de todo o espectáculo, e sobre todo pola comprensión mostrada ante aqueles pequenos erros, achacados ao directo case todos eles, que puidemos ter.
Non debemos esquecernos de dar as grazas a todos os membros do Equipo directivo, e ao persoal laboral, do IES As Lagoas pola súa colaboración connosco para poder levar a bo término este Festival.
Se premedes nas seguintes ligazóns accederedes aos vídeos das diferentes representacións que tiveron lugar no Festival:
Como actividade final da biblioteca, neste primeiro trimestre, Leo estivo pescudando información, nos arquivos e nas fichas de lectura, sobre os nosos hábitos lectores. Como o nivel lector neste trimestre foi, en xeral, de moita calidade, resultou moi custoso deliberar quen era merecedor dun dos máis prestixiosos recoñecementos que outorgamos desde a biblioteca.
Despois deste arduo traballo, Leo estableceu como mellores lectores de cada curso aos seguintes nenos e nenas:
Espero verte no seguinte trimestre nesta relación!!
O último día de clase tivemos unha visita moi esperada na biblioteca do noso centro: a chegada dos Reis Magos de Oriente para recoller as cartas que elaboramos coas nosas peticións de agasallos para este Nadal. É de agradecer a paciencia que tiveron connosco xa que foron atendendo amablemente, unha a unha, as nosas peticións. Como adianto, ao noso bo comportamento, agasalláronnos cuns petos de aforro preciosos que a ANPA do centro lles pediu para nós e que esperamos encher coas moedas que recibamos nestas festas.
Ao rematar a visita das súas maxestades, a ANPA organizou no comedor do centro a tradicional chocolatada de Nadal para entrar en calor e na que degustamos un exquisito chocolate acompañado de churros e doces variados.
Que bo estaba todo!!
Hai que repetilo!!
O alumnado de 5º e 6º curso volveu participar, este curso, no programa "Ourense sabe acoller" que organiza o Concello.
Na primeira semana de decembro tivemos no centro un obradoiro de formación, a cargo de membros do programa "Ourense sabe acoller", sobre a problemática migratoria do noso país. Como traballo final do obradoiro cada un de nós plasmou as súas achegas nas tres modalidades de participación convocadas: textos curtos; poemas ou traballos artísticos/plásticos.
Os traballos de dúas alumnas do noso centro resultaron premiados no concurso:
O 18 de decembro, Día Mundial da Migración, participamos nas actividades que organizou o Concello nas instalacións de Abanca da Alameda. Primeiro visionamos un vídeo sobre a migración en España, despois participamos nunha mesa redonda con dous emigrantes afincados en Ourense, Tamara e Djibril, que nos relataron as súas respectivas experiencias.
Como broche final, tivo lugar a entrega de premios aos 3 mellores traballos de cada unha das tres modalidades establecidas.
Na prensa local, La Región, recolle esta nova no xornal onde aparecen as gañadoras do noso cole baixo o titular de "Experiencias de otro mundo".
Adxunto | Tamaño |
---|---|
traballo.pdf | 435.02 KB |
O alumnado de 4º curso de Educación Primaria, ao igual que a maioría do alumnado do centro utilizou os recantos da biblioteca de lectura informal nalgunhas das sesións destinadas á "Hora de ler" que todos os días teñen lugar de 12:00 a 12:20 horas en todos os cursos e niveis do centro.
O cómic e as revistas son os fondos da biblioteca máis utilizados neste recanto de lectura informal polo alumnado de 4º curso.
Este premio, para centros de EI, EP e CEE, naceu co fin de que os nosos nenos e nenas se interesen pola lectura e se mergullen no placer de leren e escribiren, ofrecendo a oportunidade de facer visible as capacidades artísticas dos nosos pequenos unindo a literatura e as artes plásticas.
Ao mesmo tempo, tratamos de fomentar en grupo, tanto na aula, no ciclo ou no centro, mesturando diferentes niveis educativos e buscando a implicación do maior número posible de alumnado e profesorado.
Consiste en elaborar unha ADAPTACIÓN CON TEXTO E ILUSTRACIÓNS DUNHA OBRA DA LITERATURA UNIVERSAL que elixirá o Departamento de Biblioteca e o Equipo de Normalización Lingüística do CEIP Manuel Sueiro de Ourense.
BASES PARA PARTICIPAR
INSCRIPCIÓNS
Enviando un correo electrónico, indicando o desexo de participar a:
ceip.manuel.sueiro@edu.xunta.es á atención do Equipo de Biblioteca
Vídeo da entrega de premios da edición do ano pasado a cargo do Conselleiro de Educación e Cultura
Adxunto | Tamaño |
---|---|
2concursoliterario.pdf | 269.46 KB |
Dous alumnos de Ed. Infantil do noso centro resultaron premiados no concurso de postais que organizou o Colexio de Economistas de Ourense.
Os premiados son:
Todos os premiados recibirán un diploma e un regalo acorde á súa idade que será entregado no centro.
Asemade, o traballo de Eva Seoane resultou gañador do concurso a nivel de todas as categorías, motivo polo que a súa postal será a escollida para felicitar as festas de Nadal 2014 do Colexio de Economistas de Ourense.
|
|
Eva Seoane Pulgar |
Mario Aller Fernández |
Durante o mes de decembro, no tempo destinado á Hora de ler, en 1º curso traballamos coas Lendas de Nadal que elaborou o Equipo de Dinamización Lingüística do noso centro.
Unha das lecturas que máis lles gustou ao alumnado foi a "Lenda da árbore de Nadal". Con ela elaboramos un libro con imaxes e a letra da historia que coloreamos nos mesmos para lerllo aos nosos familiares nas vacacións de Nadal.
Asemade, coñecemos outras historias como a Lenda de Papá Noel e a Lenda do Apalpador.