Unha das actividades que tiveron un gran éxito de participación foi a Exposición de viraventos que realizamos ao longo do mes da meteoroloxía.
Moitos dos traballos realizalos polo alumnado coa axuda das súas familias presentan unha de gran calidade e orixinalidade.
Parabéns para todos os participantes nesta actividade!!!.
Outra das actividades que tivo moito éxito de participación no alumnado foi a creación de “Paus de chuvia”.
Estes instrumentos meteorolóxicos teñen a súa orixe nas culturas indíxenas de Norteamérica. Créese que eran utilizadas para atraer á chuvia en celebracións con rituais relixiosos dos indios norteamericanos.
Os paus de choiva auténticos están feitos cos troncos secos de varias especies de cactus. O tronco baleirase, as espiñas arráncanse e logo crávanse cara o interior de tronco ao largo de toda a súa lonxitude. Despois introdúcese grava e péchanse os extremos. Ao inclinalo, a grava vai caendo dun extremo ao outro, golpeándose coas espiñas no seu camiño.
Nós fixemos uns modelos destes paus a partir de tubos de cartón recheos de grava.
O resultado foi espectacular!!
Ao longo deste mes o alumnado de 5º e 6º participou nun obradoiro para a construción dun pluviómetro.
O primeiro que fixemos foi documentarnos nos pasos a seguir para poder construír un pluviómetro caseiro que nos permita medir a cantidade de precipitacións en forma de chuvia que caen por m2.
Unha vez que tivemos claro o deseño do aparello de medida da pluviosidade puxémonos mans a obra e fabricamos uns espectaculares pluviómetros que están expostos no noso centro.
O 23 de marzo celebramos no cole O Día Meteorolóxico Mundial. Esta data conmemora a entrada vigor, el 23 de marzo de 1950, do Convenio da Organización Meteorolóxica Mundial (OMM). Cada ano, os máis de 180 Estados Membros que a integran, celebran este día, centrándose nun tema de interese para a humanidade.
Por medio destas actividades intentamos sensibilizar á comunidade educativa para conseguir alcanzar algúns obxectivos fixados pola OMM, de tal modo, que percibamos mellor a importancia que revisten as achegas da meteoroloxía e da hidroloxía ás diversas actividades de todos os países da terra.
Hoxe foi un día de festa para o alumnado que está a traballar no proxecto de Meteoescolas. Estre todos elaboramos un gran doce na aula de sexto. Unha vez rematado o doce, en forma de moneco de neve, demos boa conta del sen deixar ningunha sobra.
No tempo dedicado á Hora de ler, ao longo deste mes, continuamos recollendo e analizando información referente a meteoroloxía que aparece diariamente nos xornais que chegan á biblioteca do centro.
Hai que repetir máis a miúdo este tipo de actividades lúdicas.
No seguinte índice podedes ver outras actividades que realizamos ao longo do mes:
Titorial do CEIP da Ramallosa cons intrucións para elaborar un cómic.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
comic.pdf | 4.05 MB |
O alumnado de 5º curso participou no concurso de elaboración dun "Xornal escolar" de catro páxinas que convocou o xornal "La Región".
Ao longo do primeiro e segundo trimestre o equipo de redacción foi recollendo novas relativas ás diversas actividades que tiveron como protagonista ao noso centro e que ilustraron con imaxes e debuxos que realizou todo o alumnado do cole.
Nas próximas semanas, as mellores edicións serán publicadas os mércores no Xornal escolar de "La Región"...
Esperamos que o noso sexa un deles!!!
Durante a semana do Día da Muller Traballadora realizamos diferentes actividades encamiñadas a fomentar a coeducación.
O alumnado traballou sobre o seguinte tema: "Que quero ser de maior?” imaxinando se fosen homes ou mulleres.
Parte do alumnado considera que a profesión escollida sería a mesma, independientemente de se fose home ou muller. Non se atopan diferenzas numéricas entre nenos e nenas.
Pola contra, unha porcentaxe considerable do alumnado segue cos estereotipos de profesións exclusivas para home ou muller: por exemplo homes deportistas, policías … e mulleres perruqueiras e enfermeiras.
Temos que seguir traballando moito para cambiar esta situación non só no colexio, senón que tamén nas familias e nos medios de comunicación.
Asemade, o alumnado de 6º pescudou información sobre varias mulleres matemáticas e elaborou a súa biografía.
Os alumnos de 2º de Primaria fixemos un obradoiro do conto "A PRINCESA LIWAYWAY", no que traballamos valores coma aamizade, a colaboración, o respecto, axuda aos demais, o esforzo,... Contamos a historia na clase e entre todos fomos dicindo o que máis nos chamou a atención da mesma; a continuación plasmamos nun mural o final da historia, froito do esforzo e a colaboración dos personaxes do conto e no que se reflicten os valores presentes no mesmo.
O día 23 de marzo celébrase o Día Mundial da Meteoroloxía. Como estamos inmersos no programa de Meteoescolas da Consellería de Medio Ambiente, acordamos dedicar o "Mes da Meteoroloxía" a marzo.
Ao longo destas semanas realizaremos diversas actividades no centro, entre as que destacamos as seguintes:
O nacemento do Día Internacional da Muller, ao contrario do que se pensaba, non radica nun acontecemento illado, senón que debemos situalo nun contexto histórico e ideolóxico moito máis amplo.
CARMÉ LÓPEZ (Mujer actual)
Esta é unha celebración que as Nacións Unidas declararon no ano 1978, pero que ten a súa orixe no ano 1908 en Nova York.