Tradicións

LETRAS GALEGAS 2011

"Precisabamos animar ao sol a saír. Precisabamos animar á choiva a saír. Eu pensei que chorando... Mais era preciso cantar como ela o facía..."

LOIS PEREIRO
1958-1996

Se queres máis información sobre a vida e obra de Lois Pereiro clicade aquí e se a queres escoitar, clica aquí.

Tamén podedes ver a exposición ou interactuar co traballo elaborado polo Seminario de Galán

Blog sobre Lois Pereiro da biblioteca do CPI San Vicente

A Festa do Magosto

Por fin chegou o magosto, un clásico nas nosas celebracións. Promovido polo Equipo de Dinamización da Língua Galega do colexio e respaldado por todos, conseguimos ano tras ano poñer en escena unha das tradicións máis antigas do noso territorio. Unha vez máis satisfeitos pola resposta de toda a comunidade educativa, tanto pola asistencia como pola participación activa: castañas, leña, recipientes decorados ata o último detalle, etc. Botádelle unha ollada as fotografías clicando na imaxe.

XA CHEGOU O MAGOSTO!!!

 ,

Aquí temos O Magosto,

que viva a festa rachada, 

os rapaces desta escola,

faremos, o día 12, a castañada

 

 
 

  O venres, 12 de novembro, celebraremos unha das festas máis tradicionais de Galicia: O MAGOSTO.

Empezaremos asando as castañas no lume, ben asadiñas, para comelas quentiñas.

Ás 12,30h reuniremos para facer a foliada.

 Ah!!!, que ninguén se esqueza de traer:unha manchea de castañas picadas,unha pouca de leña e un cartón baldeiro de leite, zume... para botar as mondas.

No mes de novembro, a castaña recupera a importancia que o millo e a pataca lle arrebataron hai varios séculos. Nestes días réndeselle culto, é O Magosto. O Magosto é unha festa na que os grupos de amigos e amigas bailan e cantan, toman castañas asadas e emborrallan as caras coa cinza das fogueiras. 

Din os vellos que na fogueira do Magosto non se pode cuspir, nin botar casca de ovos. Tampouco se pode apagar de súpeto, hai que deixala morrer pouco a pouco, para que siga ardendo pola noite e poidan quentarse as “ánimas¨.

O SAMAÍN

O día 2 de novembro celebramos a festa do Samaín. Foi, un ano máis, un éxito de participación e unha mostra máis de superación por parte de todos os participantes, alumnos e familias. Unha exposición que destacou pola orixinalidade das cabazas realizadas, e pola tarde, pola masiva afluencia de alumnos e o que resulta máis significativo e gratificante, acompañados de moitos familiares, o que indica un alto grado de implicación. E como non, agradecer as nais do ANPA e  a AVV IAR a súa especial colaboración.

Acceso ás fotografías 

Díptico elaborado polo EDLG 

Festival de Entroido

O pasado venres 12 de febreiro celebramos o tradicional festival de entroido. Nesta ocasión o motivo serían os distintos paises do mundo, complementando o proxecto da biblioteca escolar "A volta o mundo en 365 libros".

Podedes ver unha mostra da celebración nos seguintes vídeos:

1º. Chinitos de Infantil

Mexicanos de primeiro

Indios americanos de segundo

4º. Hindúes de terceiro

5º. Árabes de cuarto

6º. Masais de quinto

7º. Hawaianos de sexto

Por útimo se queredes podedes Ver fotos da celebración        

O ENTROIDO

O Entroido é unha das tradicións máis arraigadas en Galicia.

Se queres saber máis PINCHA AQUÍ

QUEN É O APALPADOR?

 O Apalpador era un personaxe que a noite do día 24 ou 31 de decembro, metíase nas casas e caladiñamente, apalpaba as barriguiñas dos nenos/as.

Hai quen di que o Apalpador é un invento. Nós atopamos esta información e cremos que é moi posible que existise.

Se queredes saber máis desta tradición, pinchade aquí

 

CANTOS DE NADAL

Os Cantares de Nadal, Cantares de Aninovo e os Cantares de Reis,
foron a desculpa perfecta para faceren unha noite de alegría, de
acompañamento e de ilusión, para moitos dos galegos e galegas.

Se queredes máis información, pinchade aquí

O magosto

Información sobre a nosa tradición do magosto. Pica na imaxe

Powered by Drupal - Design by artinet