XA CHEGOU O MAGOSTO!!!

 ,

Aquí temos O Magosto,

que viva a festa rachada, 

os rapaces desta escola,

faremos, o día 12, a castañada

 

 
 

  O venres, 12 de novembro, celebraremos unha das festas máis tradicionais de Galicia: O MAGOSTO.

Empezaremos asando as castañas no lume, ben asadiñas, para comelas quentiñas.

Ás 12,30h reuniremos para facer a foliada.

 Ah!!!, que ninguén se esqueza de traer:unha manchea de castañas picadas,unha pouca de leña e un cartón baldeiro de leite, zume... para botar as mondas.

No mes de novembro, a castaña recupera a importancia que o millo e a pataca lle arrebataron hai varios séculos. Nestes días réndeselle culto, é O Magosto. O Magosto é unha festa na que os grupos de amigos e amigas bailan e cantan, toman castañas asadas e emborrallan as caras coa cinza das fogueiras. 

Din os vellos que na fogueira do Magosto non se pode cuspir, nin botar casca de ovos. Tampouco se pode apagar de súpeto, hai que deixala morrer pouco a pouco, para que siga ardendo pola noite e poidan quentarse as “ánimas¨.

Powered by Drupal - Design by artinet