Tradicións

Xuntos na Festa do Magosto

Venres 10 de novembro, semellaba complicado celebrar a festa, o orballo ameazaba ás nosas castañas quentiñas. Finalmente decidimos arriscar, e unha vez máis tivemos sorte. Unha gran celebración coa participación de todos e todas. Botade unha ollada ao vídeo recopilatorio para ver o ben que o pasamos.

HORRYWOOD

Durante estes días previos ao Samaín, temos a inmensa sorte de contar con moitas colaboracións de nais e pais que cos seus contacontos e historias terroríficas contribúen a que a nosa festa de Samaín luza máis e mellor. Por exemplo, a excepcional actuación coral de nais, pais e alumnas-os nesta representación que incluía os Premios Morcego de Ouro 2017, que seguro haberá que instaurar a partir deste ano. Moitísimas gracias por facer escola todos xuntos. Norabóa a todas e todos.

ENTROIDO 2017

Estupendo día de entroido o que pasamos este venres. O traballo de todos e todas, alumnado, profesorado e familias, deu como resultado un festival divertido e cheo de colorido e creatividade. Norabóa!!!

 

Celebramos o Magosto

Polo San Martiño celebramos o Magosto do cole. Un evento anual, modelo de participación e colaboración global entre todos os membros da nosa comunidade educativa. Alumnado, profesorado, persoal non docente, familias, APA, todos aportando valor a esta actividade consolidada e participada por todos e todas.

 

As imaxes da festa do Samaín

Acompañou o tempo e disfrutamos todos xuntos dunha máxica e divertida celebración do Samaín, tanto no Colexio como por todo o barrio do Castrillón. deixamos unha pequena mostra nesta presentación. PARABÉNS!!

Powered by Drupal - Design by artinet