Tradicións
Chega a festa das cabazas
No Samaín, festividade de orixe celta, abríase a porta entre o mundo e o máis aló...
Lembrade que podedes entregar as cabazas no Colexio a partir do martes 29 pola mañá e ata o mércores día 30, día no que pola tarde haberá contacontos de medo na Biblioteca do Castrillón, e logo será o desfile de cabazas coa música dos gaiteiros de IAR.
Cada participante recibirá unha pegatina.
Celebración do Magosto
Con novedades como os xogos tradicionais para o primeiro ciclo e o concerto de Pirilampo, celebramos un curso máis a tradicional festa do magosto. Acompoñou o tempo, o que fixo que todo resultara mellor. Boas castañas, marabillas de recipientes, música, xente de todas as idades, en fin, unha festa estupenda.
Chegou o Samaín
Unídevos á festa! Mércores ás 18.30h encenderemos as cabazas no Colexio e despois desfile ata a praza de Pablo Iglesias acompañados polas gaitas de IAR.
Achégase o Entroido
Ata o venres 17 estamos de Entroido no cole. Sabedes que trátrase dunha das tradicións festivas de maior arraigo en Galicia. Nestes días realizaremos diferentes actividades para dar a coñecer e disfrutar esta festa, que como sempre rematará co Festival de Entroido o venres 17 ás 12h, e no que todas as familias estades invitadas a participar.
UNIDADES DIDÁCTICAS EN PAPEL AQUÍ FAI AS ACTIVIDADES INTERACTIVAS FACENDO CLIC NAS IMAXES
Imaxes do Samaín
Pasou a festa do Samaín e novamente queremos felicitarvos pola vosa participación. Cantidade e calidade configuraron un ano máis a exposición de cabazas decoradas, amosando o froito dunha actividade, que nunca mellor dito, fai e faise en familia. Noraboa!
O SAMAÍN
O día 2 de novembro celebraremos o Samaín. Non esquezas traer a túa cabaza, terás unha sorpresa! Á tardiña, participa no desfile.
Se queres:
- Máis información sobre a tradición das cabazas, clica aquí.
- Ver materiais para traballar, clica aquí.
- Xogar coas cabazas, clica na imaxe de arriba.