A Festa do Magosto

Por fin chegou o magosto, un clásico nas nosas celebracións. Promovido polo Equipo de Dinamización da Língua Galega do colexio e respaldado por todos, conseguimos ano tras ano poñer en escena unha das tradicións máis antigas do noso territorio. Unha vez máis satisfeitos pola resposta de toda a comunidade educativa, tanto pola asistencia como pola participación activa: castañas, leña, recipientes decorados ata o último detalle, etc. Botádelle unha ollada as fotografías clicando na imaxe.

Implicación, sinónimo de éxito

Noraboa a todos; ao alumnado e as familias por esas castañas e a leña, por esos recipientes decorados que xa son máis que iso, ao profesorado, algúns a pé de fogata e outros mantendo a boa organización, Javier sempre pendiente igual que Mercedes coa limpeza, en fin MOITAS GRAZAS

Powered by Drupal - Design by artinet