Skip to Content
Lugar de Pedrouzos s/n Brión , A Coruña, Tfno 881866078 ceip.pedrouzos@edu.xunta.gal

INSTRUCIÓNS PARA DEVOLUCIÓN DE LIBROS DE TEXTO PERTENCENTES AO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS (Alumnado de 3º e 4º de primaria)

O prazo máximo para devolvelos será o 21 de xuño 2023. Non se admitirán devolucións despois dese día e marcarase na aplicación como non devoltos. A falta de devolución será causa de exclusión da participación no fondo solidario e das axudas para adquirir libros de texto e material escolar no curso 2023/24.

CONDICIÓNS DE DEVOLUCIÓN

Prazo de devolución: do mércores 14, ata mércores 21 de xuño.

Devolveranse baixo a supervisión da titoría, que  comprobará se cumpren as condicións de devolución.

  • Os libros deben ser devoltos en bo estado, a ser posible sen o forro, sen marcas de lapis, bolígrafo, pegamento, e sen nome (por favor retírenlle as etiquetas co nome do alumno ou alumna).

  • ACTIVITY BOOK non se devolve, considérase material funxible. O CLASS BOOK é o que hai que devolver, de ser o caso.

SOLICITUDE SERVIZOS COMPLEMENTARIOS DE TRANSPORTE E COMEDOR ESCOLAR PARA O CURSO 2023-24

TODO O ALUMNADO DEBE PRESENTAR OS IMPRESOS TANTO SE SOLICITA COMO SE NON SOLICITA.

Lembren que o horario de atención ás familias é de 9:30 a 13:30h.

 1º - ALUMNADO DO CENTRO

O prazo para solicitar os servizos complementarios dende o LUNS 12 DE XUÑO ata o LUNS 19 DE XUÑO, ámbolos dous incluídos. 

Repartiranse os impresos a través dos titores/as, e una vez cubertos, entregaranse nas titorías. 

alumnado de 6º curso que non pase para o IES, deberá recoller os impresos na CONSERXERÍA, xa que para este alumnado non se reparten as solicitudes. 

2º - ALUMNADO NOVO NO CENTRO QUE AÍNDA NON FORMALIZOU A MATRÍCULA

Deberán descargar os impresos da páxina web do centro ou ben solicitalos na CONSERXERÍA.

O prazo para presentalos é o mesmo que o de matrícula, dende o 20 ATA O DÍA 30 DE XUÑO.


TODO O ALUMNADO que solicite o comedor escolar, queda PENDENTE de entregar a AUTODECLARACIÓN, (impreso no que marcan a casilla que corresponde pagar por día de uso do comedor segundo a renda), que poñeremos na páxina web do centro tan pronto como a Consellería de Educación publique a Instrución de Comedores Escolares. Deberán achegala á Secretaría do centro no horario de atención ao público ata o 14 de xullo.

E AQUÍ TEMOS A GAÑADORA DA CESTA... NORABOA!!

Aquí tedes á gañadora do sorteo da cesta... e o vendedor da rifa premiada, Martín. A venda de rifas foi un éxito. Grazas a todos e todas por participar e aos provedores do comedor pola doazón dos produtos.

 

LISTAXES DEFINITIVAS DE ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2023/2024

Publícanse as listaxes definitivas de admitidos/as para o próximo curso. Poden consultarse no taboleiro do centro.

Lembrar que todos estes alumnos/as terán que formalizar a matrícula a partir do 20 de xuño ata o día 30 deste mesmo mes.

Lembren estar pendentes da información en web, xa que nesas datas e atendendo as instruccións da Consellería, irán publicándose os prazos para formalizar (se o precisan, a solicitude de Servizos Complementarios (Transporte e Comedor).

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTOS E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 23-24

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DO 20 DE MAIO ATA O 21 DE XUÑO

HORARIO:

TODOS OS DÍAS DE 10:00h A 14:00h

E OS LUNS POLA TARDE DE 15:30h A 17:30h

As solicitudes presentaránse preferentemente por vía electrónica nos formularios dispoñibles na aplicación informática "Fondolibros" (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), ou a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, (https://sede.xunta.gal) Para a presentación de solicitudes, poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e firma admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e Chave365  (https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365)

Opcionalmente tamén pode presentarse no centro docente utilizando o formulario ANEXO I, publicado na web da Consellería, e que estará a disposición dos interesados no centro docente, ou poden descargalo dos documentos adxuntos.

Xunto coa solicitude ANEXO I deberá presentarse:

        a) ANEXO II, comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar.

      b) Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables. Nos casos en que non teñan libro de familia ou este non reflicta a situación a 31 de decembro de 2021, poderán acreditar o    número de membros utilizando os seguintes medios:

  • Sentenza xudicial de separación ou divorcio ou, de ser o caso, convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.
  • Certificado ou volante de convivencia.
  • Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.

       c) Certificado do grao de discapacidade de calquera membro da familia recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.

        d) Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero.

       e) A incapacitación xudicial con patria potestade prorrogada ou rehabilitada acreditarase coa correspondente resolución xudicial.          

       f) Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou do certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.

       g) Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou titor/a ou titores carezan de DNI e NIE.

 

* DE TODA A DOCUMENTACIÓN que se presente, deberán achegar FOTOCOPIAS e os respectivos ORIXINAIS para verificar a súa autenticidade.

 

 

 

CALENDARIO ESCOLAR CURSO 2023/2024

Xúntase ORDE do 3 de maio de 2023 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2023/24 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia. 

Ademáis, informase dos seguintes días festivos: 

  • 27 de setembro, Santa Minia.
  • 7 de decembro, Día do Ensino.
  • 9 de maio, Ascensión.

NÚMERO PREMIADO NO SORTEO DA CESTA

O número que resultou premiado cunha CESTA das rifas vendidas polo alumnado para axudar a sufragar os gastos da saída fin de etapa do alumnado de 6º de primaria é o:

 

Moitas grazas pola participación e noraboa!! 

 

LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2023-24

Informamos que todo alumnado que solicitou praza para o curso escolar 2023/24 foi admitido agás unha solicitude de admisión presentada para  4º de primaria, onde hai máis solicitudes que prazas e outra que foi presentada fóra de prazo.

Estas solicitudes foron baremadas e deberán agardar á publicación das listaxes definitivas o do 15 de maio.

As listaxes poden consultarse no taboleiro do centro.

Teñen que formalizar a matrícula no centro dende o 20 ao 30 de xuño.

COMEDOR ESCOLAR: MENÚ 3º TRIMESTRE 2022/2023

Xuntamos menús correspondentes ao 3º trimestre. Poden consultalos no documento adxunto. Se algunha familia precisa de copia impresa, pode solicitala no centro.

Bo proveito!!

ADMISION ALUMNADO CURSO 2023/24

Todo o alumnado deste centro que solicitou praza no IES de BRIÓN para o curso 2023/24, foi admitido.

Lembren que teñen que formalizar a matrícula no propio IES no prazo do 23 de xuño ao 7 de xullo.

Para máis información, poden chamar ao 881 866 058, ou consultar a súa WEB.

Dirección

Distribuir contido


by Dr. Radut