O noso grupo de teatro, clasificado para a final dos Buero da Fundación Coca-Cola, volta á casa co PRIMEIRO PREMIO NACIONAL no seu peto.
As artistas xa gozan do seu merecido descanso despois dun curso de éxitos pero tamén de moito traballo.
Noraboa de parte de toda a comunidade educativa a este grupazo e as súas profesoras, Loly Santos e Ari Álvarez.
Seguide dándonos tan bos momentos!!
ENLACES A NOVAS NOS XORNAIS:
Preme nos seguintes enlaces para consultar os libros de texto recomendados para o curso 2022-23.
LIBROS DE TEXTO BAC 2022-23 LIBROS DE TEXTO ESO 2022-23
NOTA: Aconséllase ao alumnado que pasa a 2ºESO ou 4ºESO (os cursos onde aínda non se implanta a nova lei educativa) non mercar libros ata Setembro, por se o centro pode proporcionarlle algúns dos exemplares do fondo propio, que se repartirán de maneira equitativa. Para saber as necesidades de cada alumno/a prégase que cubran o seguinte formulario ca conta de correo @iesbrion.com que posúen, antes do 15 de xullo. Lembrade que antes hai que pechar sesión en todas as contas de g-mail para poder acceder ao formulario.
- Día 27 e 28 de xuño: alumnado 1º ESO
- Día 29 de xuño: alumnado 2º BAC
- Día 30 de xuño e 1 de xullo: alumnado 1º BAC
- Día 4 de xullo: alumnado 4º ESO
- Día 5 de xullo: alumnado 3º ESO
- Día 6 de xullo: alumnado 2º ESO
Os restantes días ata o 11 de xullo resérvanse para os casos nos que houbese algún impedimento para facela no día asigando. Por favor, descarguen os impresos e tráianos, cubertos e asinados polos 2 proxenitores.
AVISO 1: recoméndase traer unha fotocopia do impreso de matrícula, unha vez cuberto. No caso de necesitar fotocopias deste ou outros documentos, pasen por conserxería facelos antes de dirixirse á oficina.
AVISO 2: prégase ao alumnado dos cursos superiores (de 2º en diante) que no correo do alumno/a poñan a súa conta de correo iesbrion (.....@iesbrion.com). O de 1º ESO que non poña ningún e xa se lle fará esa conta iniciado o curso.
IMPRESOS POR CURSOS NOS SEGUINTES ENLACES:
O alumnado de francés do IES de Brión suma 16 novas alumnos e alumnas que xa teñen un título DELF.
Cada ano máis alumnado de 4º de ESO, 1º ou 2º de Bacharelato preséntanse as probas organizadas pola Alianza Francesa e consigue o seu título oficial.Unha vantaxe máis a engadir para o seu futuro.
Moitos parabéns a todo o alumnado que xa conta co seu título DELF!
Nunha cerimonia celebrada no Multiusos de Sar, a USC recoñeceu ao alumnado de toda Galicia que acadou unha nota de acceso á universidade superior a 9. Moitísimos parabéns a Adan e Tomás, --e parabéns tamén ao outro alumnado noso cuxo esforzo valoramos tanto como o de estes dous cracks e que quedaron a centésimas de saír nesta foto. Non sodes poucos e estamos orgullosísimas de todos!
Durante este curso, o alumnado de francés de 4º ESO fixo parte dun proxecto europeo a través da plataforma Etwinning. O proxecto de intercambio virtual realizouse co Lycée Jean de Prades da localidade de Castelsarrasin, no sur de Francia.
Ao longo destes meses, o alumnado realizou videos de presentación, intercambiou información sobre o lugar onde viven, fixo playlists coas suas músicas favoritas, fixeron receitas e aprenderon a utilizar ferramentas dixitais para elaborar e intercambiar información e sobre todo, descubriron outras mozas e mozos con gustos e preocupacións similares aos seus.
Moi boa experiencia que contamos repetir o ano que vén! Divertímonos, aprendemos e facemos amizades novas!
A obra "As do peixe" do Teatro das Maniotas do noso centro despois de saborear o premio autonómico, poñen rumbo a Madrid como finalistas da 19ª edición dos Premios Buero de Teatro Xove.
É a primeira vez que un grupo galego chega a esta final, así que as nosas protagonistas non deixan de dar alegrías a nosa comunidade educativa.
Moitos parabés polo gran traballo deste grupo e da súa profesora Loly Santos!!
No mes de abril, a biblioteca convidounos a coller libros en préstamo co aliciente de intercambiar posteriormente esas lecturas por plantas e árbores que plantariamos no noso centro. E foi todo un éxito!
Coa colaboración do concello preparamos os espazos para logo poder amadriñar e apadriñar estas novas plantas e árbores que xa forman parte do noso centro e nos van axudar a que a nosa contorna sexa máis verde. No video podedes ver algunhas das imaxes do proceso.
Moi orgullosas de que as nosas lecturas melloren a nosa contorna.