Xa están en marcha os Recreos Dinámicos. Novas actividades para os recreos que se veñen a sumar ás que había ata agora. Despois dun mes de novembro no que empezaron os Xogos tradicionais cos Trompos polo San Martiño. A semana pasada fixérono os Coffee break na biblioteca, conversa amena e entretida en Inglés. Esta semana tócalle empezar á actividade de Baile, o mércores 18 ás 10,05 no Salón de Actos. Na foto o equipo de monitor@s: Yolanda, Xoana, Noa e Diego. Ademais, está en marcha o obradoiro de Robótica no 1º recreo dos luns e dos xoves. Tamén se está a organizar o Campionato de Brilé que comezará despois do Nadal... E outras que irán xurdindo. Animádevos a participar!!!
O pasado martes 3 de decembro o alumnado de 2º de Bacharelato A desfrutamos durante as dúas primeiras horas, dunha actividade que nos quedara pendente en Educación Física o curso pasado: un almorzo saudable!
Contamos coa axuda da profesora Carmen García que foi quen realizou a compra de diversos produtos saudables, de tempada e de calidade; e do persoal da cafetería, que nos prepararon un revolto de ovos e unhas torradas boísimas.
Fixemos grupos e repartimos as tarefas: cortar a froita, poñer a mesa, crebar as noces, recoller e limpar...
O almorzo gustunos moito, probamos cousas novas e descubrimos que comer san pode ser sinónimo de comer rico. Ademais, despois dun longo e intenso trimestre e xa rematados os exames, esta actividade serviunos para despexarnos, manter unha agradable conversa en grupo e cargar as pilas para todo o que queda por vir.
Para rematar, agradecemos a Carmen que quixese facer esta actividade con nós, desfrutamos moito dese tempo na súa compaña.
Alba Caamaño, Antía Cunqueiro, Tania García e Alba Muñiz, 2º Bacharelato A.
Prema aquí para ver todas as fotografías.
Desde a titoría de 2º ESO A organizamos para este curso un proxecto de convivencia e aprendizaxe que consiste en varios encontros coas persoas maiores que van ás actividades organizadas no Centro Social Polivalente para eles. Foi posible grazas a Elena Remesar, a persoa encargada de coordinar ditas actividades. Na primeira xuntanza, (viñeron, oito mulleres e un home, das cales todas menos unha emigraron para buscar unha vida mellor) , na sala de Usos Múltiples, comentáronlle aos rapazes como era o seu nadal cando tiñan a idade deles. Foi unha experiencia moi bonita e da que todos quedaron encantados. No segundo e terceiro trimestre repetiremos. Para rematar compartimos un biscoito na cafetería do centro.
Dende o grupo de teatro do IES de Brión BAILADELA TEATRO tamén quixeron manifestar o rexeitamento á violencia de xénero. Parabéns polo traballo!
Fantástico traballo promovido dende a biblioteca: https://bibliobrion.blogspot.com/
Parabéns a todas e todos os participantes, especialmente aos noso rapeiros David e Yassin!
Na foto unha mostra de como o alumnado de 4ºB manifesta o rexeitamento á violencia de xénero. Ao longo do día 25 de novembro haberá máis mostras...
LAB-AP é un proxecto que ten como obxectivo dar visibilidade a produtos multimedia elaborados polo noso alumnado en diferentes materias, un espazo aberto para difundir as súas primeiras creacións audiovisuais. Publicaremos producións que satisfagan certos estándares de calidade, artísticos e técnicos, e que por diferentes motivos poidan resultar de interese para a comunidade educativa de Brión.
Inauguramos este espazo de proxección con dúas animacións realizadas por alumnado de 2º de Bacharelato na materia de Imaxe e Son o pasado mes de outubro.
Se che parece un proxecto interesante, axúdanos a difundilo.
Grazas ao reforzo de unha das liñas de saturadas e a reorganización do percorrido de 3 autobuses, en principio, debería estar resolto o problema co transporte. O alumnado acudirá á súa parada habitual independentemente de cal sexa o autobús que o recolla, e fará a viaxe de volta no mesmo autobús. Durante a semana que ven pode haber algús desaxustes que esperamos que, pouco a pouco, se vaian corrixindo.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- …
- seguinte ›
- última »

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |