SAMAGOSTO NO IES DE BRIÓN

Aquí vos deixamos un resumo gráfico de todo o marabillosamente terrorífico que aconteceu no IES o 31 de outubro, no noso xa tradicional Samagosto.

D’TEC: INNOVANDO A OMBROS DE XIGANTES

O 27 de outubro o alumnado de 1º de Bacharelato  da modalidade de Ciencia e Tecnoloxía asistiu á actividade "Innovando a ombros de xigantes" do programa D’tec de fomento das vocacións científico-tecnolóxicas, organizada polo CIS Tecnoloxía e Deseño de Ferrol.

Durante a mañán o alumnado participou nun espectáculo no que se rememoraron momentos clave da evolución científico tecnolóxica, recreando experimentalmente as achegas e analizando a súa importancia e  participaron nun scape room  no que un dos nosos equipos rematou os desafíos en primeiro lugar.

Parabéns a todos os participantes e ás máis rápidas en rematar o desafío.

MES DA CIENCIA EN GALEGO NA BIBLIOTECA DO IES DE BRION

Dende a biblioteca do IES de Brión unímonos á celebración durante o mes de novembro do “Mes da ciencia en galego” e convidamos a todo o alumnado a participar nos retos que propoñeremos durante os recreos dos luns, mércores e venres. Teremos de diversas disciplinas: xeoloxía, matemáticas, lóxica, bioloxía, química... 

Animádevos a participar!!

NOVEMBRO. MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS PÚBLICAS

Deixamos no seguinte arquivo a programación dunha serie de actividades de divulgación científica para este mes de Novembro, que serán levadas a cabo nas Bibliotecas públicas de Galicia.

ARQUIVO

FOLGA PROFESORADO 24 DE OUTUBRO

O 24 de outubro está convocada unha folga de profesorado.

O centro permanecerá aberto, sen embargo non podemos garantir o normal desenvolvemento das clases.

A Dirección

PARABENS POLO MERECIDO PREMIO O NOSO CLUB DE LECTURA!!

O noso club de Lectura "LiBRIONesxs" foi galardonado co 2º Premio na súa categoría polo Ministerio de Educación e Formación Profesional!. Nesta convocatoria na que se presentaron máis dun cento de clubs de lectura de todo o estado foron premiados os clubs de lectura que destacaron o fomento da lectura como factor dinamizador das actividades que irradian dende a biblioteca. 

Moitos parabéns á participantes e mediadorxs dos grupos de lectorxs do Club e a toda a comunidade educativa que fixo posible este premio!

A FUNDACIÓN BOFILL VISITA A NOSA BIBLIOTECA

Esta semana a nosa biblioteca recibiu unha visita moi especial: a da Fundación Bofill, que ten como obxectivo exportar o modelo de éxito da Xunta neste ámbito a Cataluña a través dun novo proxecto que están a impulsar e que se chama Biblio [tech]-- un proxecto para transformar as bibliotecas escolares en clave de cultura dixital, multialfabetización e equidade. Visitaron a nosa biblioteca, a do CEE Manuel López Navalón e a do CEIP Emilia Pardo Bazán co fin de coñecer de primeira man a experiencia do programa de bibliotecas escolares en Galicia.

Moitas grazas por escollernos e pola vosa visita!

Consulta aquí a nova na páxina da Consellería de Educación

APÚNTATE AO TEATRO DO NOSO CENTRO

O xoves 14 de setembro terá lugar a reunión inicial para familias e alumnado que estean interesadas en participar no proxecto deste curso do Teatro das Maniotas, grupo de teatro do noso instituto.

O alumnado e familias pertencentes ao grupo que queiran continuar este ano, tamén están convocados. Animádevos a facer teatro musical! 

Vémonos o xoves 14 na aula de música!!

RECOÑECEMENTO AOS MELLORES EXPEDIENTES 2023

PARABÉNS a Valeria, Pablo, Irene, Martina e Eirena, que acadaron unha nota de acceso á universidade de sobresaínte. Orgullosísimas de vós, e orgullosísimas tamén dos que quedastes a centésimas desta foto. Moita sorte a todas e a todos, sodes xeniais!!

PARABÉNS AO ALUMNADO DE FRANCÉS

26 novos titulados DELF nos niveis A2, B1 e B2 coa súa acreditación oficial que recibiron a noticia esta semana. Un 100% de aprobados!

O alumnado de francés que se presentou fixo un esforzo extra para preparar esta proba coa axuda das súas profesoras e o esforzo pagou a pena porque obtiveron uns resultados extraordinarios.

Moitos parabéns para Ángela, Julia, Rut, Emma, Marcos, Zoe, Sandra, Lucía, Flavia, Alejandro, Nadir, Pablo, Roi, Nerea, Laura, Mariña, Pablo, Sabela, Xiana, Sofía, Aroa, Andrea, Julia, Minia, Martiño e Eirena! Félicitations!

Distribuir contido