Música
Durante este curso 21-22, o departamento de música está formado polas seguintes profesoras:
Rosa Quinteiro Rendo
3º ESO A
3º ESO B
3º ESO C
2º ESO A
2ºESO D
María Dolores Santos Álvarez (XEFA DO DEPARTAMENTO)
2º ESO B
2º ESO C
4º ESO
1º BACHARELATO (LINGUAXE E PRÁCTICA MUSICAL)
Podedes consultar a programación da materia na ligazón que hai abaixo. Para calquera cuestión non dubidedes en poñervos en contacto co departamento.
PROGRAMACIÓN |
A obra "As do peixe" do Teatro das Maniotas do noso centro despois de saborear o premio autonómico, poñen rumbo a Madrid como finalistas da 19ª edición dos Premios Buero de Teatro Xove.
É a primeira vez que un grupo galego chega a esta final, así que as nosas protagonistas non deixan de dar alegrías a nosa comunidade educativa.
Moitos parabés polo gran traballo deste grupo e da súa profesora Loly Santos!!
O xurado dos Premios Buero da Fundación Coca-Cola acaba de conceder o Premio Autonómico ao grupo de teatro do IES de Brión “Teatro das Maniotas” pola súa representación da obra “As do peixe”, texto de Cándido Pazó e dirección de María Dolores Santos e Ariadna Álvarez.
Na seguinte fase, o grupo compite co resto de gañadores/as autonómicas en Madrid.
OS NOSOS PARABÉNS A ESTE GRAN GRUPO!!
Mañá 31 de marzo estrearase "DESORIENTADAS" o primeiro e extraordinario musical de "Bailadela Teatro".
Moitos parabéns a todas vos!!
No arquivo adxunto poderedes consultar a programación didáctica do departamento para este curso 20-21
O departamento de música quere celebrar a entrada no novo ano 2021 con esta canción preparada polo alumnado de Linguaxe e Práctica Musical de 1º de Bacharelato.
CALENDARIO DE REUNIÓNS/CLASES VIRTUAIS CO ALUMNADO DE MÚSICA
Publico o calendario de reunións virtuais co alumnado de música entre os días 21-27 de abril.
Un saúdo nestes tempos difíciles.
Adxunto as instrucións para traballarmos durante o que dura o peche do centro e para que poidamos estar en contacto para realizar dito traballo.
Para calquera dúbida sobre ditas indicacións, ou calquera outra cousa relacionada coa materia contactade comigo por mail: loli.musica@iesbrion.com
Moito ánimo!
María Dolores Santos Álvarez
Xefa do Departamento de Música
Súbovos a ligazón da muiñeira coa que estamos ensaiando o baile. Póñoa para que a poidades practicar na casa ;D
Tedes aquí a ligazón dun programa da TVG no que un grupo canta a cantiga Sara morena, que estamos preparando. O texto non é exactamente igual que o que temos nós. Xa sabedes que isto é característico da música tradicional. Para que non haxa confusións, colócovos aquí a letra da nosa versión. Aclarede a gorxa e a practicar!
Ai, Sara morena
Ía pra feira de Ourense e esquecéuseme a guillada
Ai Sararara morena, ai Sararara malvada.
Peguei unha revirivolta ie volvín pola guillada
Ai Sararara morena, ai Sararara malvada.
-Ábreme a porta Sariña, que veño pola guillada
Ai Sararara morena, ai Sararara malvada.
-A porta non cha podo abrir, que estou facendo a colada
Ai Sararara morena, ai Sararara malvada.
Peguei unha revirivolta ie sobín pola ventana
Ai Sararara morena, ai Sararara malvada.
-Quen é ese gato negro que tes debaixo da cama?
-É o gato da nosa comadre que vén onda a nosa gata.
-Se é o gato da nosa comadre, que vén onda a nosa gata,
o gato da túa comadre gasta sombreiro e sotana.

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |