O pasado mércores 12 de febreiro o alumnado de 1º de Bacharelato disfrutou da charla 11F titulada "Ciencia e sostibilidade, unha oportunidade de futuro", impartida por Pilar Piñeiro García, profesora do departamento de Organización de empresas e marketing e coordinadora do Máster en Xestión do Desenvolvemento Sostible da Universidade de Vigo.
A charla está enmarcada na proposta "STEAM en feminino" pertencente ao Plan Proxecta "Rapazas emprendedoras nas TIC" que se está desenvolvendo en torno ao 11F: día Internacional das nenas e mulleres na Ciencia.
O noso agradecemento a Pilar Piñeiro pola súa proximidade, compartir con nós o seu tempo e un interesante percorrido formativo e vital.
O pasado 10 de febreiro os catro grupos de 2º de ESO participaron ao longo da mañán activamente nun taller de estruturas. A actividade, organizada desde o departamento de Tecnoloxía, foi impartida polos membros do proxecto de divulgación "Camiños do futuro", co obxectivo de familiarizar ao alumnado co mundo da Enxeñería Civil.
No taller o alumnado experimentou o comportamento de estruturas e elementos construidos do seu entorno, relacionándoas con conceptos básicos (forza, velocidade, desprazamento) e introducindo outros novos (como tensión, vibración, deformación) que se enlazaron con elementos da vida diaria como sismo, deseño, proxecto, edificios e pontes.
Unha vez máis, unha alumna do IES de Brión gaña o premio Accesit, para 4º ESO, na fase galega da olimpíada de xeoloxía celebrada en Santiago o mércores día 12 de febreiro. Neste caso o premio foi para: Iria Maceiras Oviedo de 4ºA; Parabéns para ela e para o resto do equipo olímpico!
O día 11 de febreiro tivemos a segunda xuntanza entre a clase de 2º ESO A e un grupo de persoas maiores que van ás actividades de dinamización do concello de Brión. Esta vez viñeron catorce mulleres e dous homes, cada vez se suman máis, e esta vez compartiron as súas experiencias na emigración. Francia, Suiza, Inglaterra, Alemaña e Venezuela foron os países onde estiveron emigrados fai algúns anos e nos contaron como foi a viaxe de ida, as que foron en barco a América sufriron unhas condicións moi duras, como as recibiron os cidadáns deses países, os problemas coa lingua, os costumes tan distintos, a "morriña", o que deixaron atrás,en que situación estaba Galicia neses anos, as novas familias que crearon alá e un gran número de historias e anécdotas que lles impactaron aos nosos alumnos/as.
Presentamos o traballo realizado polo alumnado para conmemorar o "Día da Muller e a Nena na Ciencia". Elaboráronse posters e vídeos sobre 14 mulleres matemáticas relevantes da historia, ademais de xogos relacionados coa información exposta.
Algúns dos xogos mencionados anteriormente non están accesibles de momento, posto que será o alumnado promotor o que os presentará ao resto da comunidade do IES de Brión en forma de concurso.
Agardamos que o disfrutedes!!
O IES de Brión participa no Plan Proxecta "Rapazas emprendedoras nas TIC" este curso co proxecto STEAM en feminino. Ao abeiro do proxecto e do 11F están programadas as seguintes actividades ao longo das vindeiras semanas:
Este martes o alumnado de 1º de ESO asistiu a unhas sesións de contacontos galego-inglés impartidas por dúas profesionais, Charo Pita e Patricia McGill, de ascendencia escocesa e irlandesa. Déronlles a coñecer unha pequena mostra de contos do seu repertorio co que o noso alumnado tivo a oportunidade de pasalo ben a través do coñecemento de ambas linguas.
Xa están en marcha os Recreos Dinámicos. Novas actividades para os recreos que se veñen a sumar ás que había ata agora. Despois dun mes de novembro no que empezaron os Xogos tradicionais cos Trompos polo San Martiño. A semana pasada fixérono os Coffee break na biblioteca, conversa amena e entretida en Inglés. Esta semana tócalle empezar á actividade de Baile, o mércores 18 ás 10,05 no Salón de Actos. Na foto o equipo de monitor@s: Yolanda, Xoana, Noa e Diego. Ademais, está en marcha o obradoiro de Robótica no 1º recreo dos luns e dos xoves. Tamén se está a organizar o Campionato de Brilé que comezará despois do Nadal... E outras que irán xurdindo. Animádevos a participar!!!
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- …
- seguinte ›
- última »

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |