OBRADOIRO DE XOIERÍA EN POLOS CREATIVOS
Enviado por luz o Lun, 19/02/2024 - 00:40O martes 20 de febreiro a partir das 14:45 h no Polo Creativo do IES de Brión terá lugar o primeiro Obradoiro de xoiería para deseñar e fabricar xoias personalizadas.
Convidámosvos a participar, anotándovos previamente nas Aulas de Debuxo ou Tecnoloxía.
PARABÉNS AO NOSO ALUMNADO OLÍMPICO DE XEOLOXÍA!!
Enviado por Dirección o Ven, 09/02/2024 - 00:17Alumnado de 4° de ESO e 1° de Bacharelato participou na Olimpíada de Xeoloxía celebrada en Santiago de Compostela o pasado mércores 7 de febreiro.
Parabéns a Julia Rama, gañadora do accésit de 4°, e a Pablo Vidal, gañador do 2° premio, acadando así o pase á fase nacional que se celebrará o vindeiro 13 de abril en Zamora.
Moito éxito!
UNHA EXPERIENCIA NUN INSTITUTO DE TORONTO: PROGRAMA PIALE
Enviado por Dirección o Lun, 22/01/2024 - 22:31A nosa compañeira Rebeca Villaverde do departamento de Matemáticas cóntanos mediante esta presentación a súa experiencia no programa Piale en Toronto do pasado mes de novembro.
Deste xeito podemos ver e coñecer un pouco o funcionamento do sistema educativo canadense.
MES DA CIENCIA EN GALEGO NA BIBLIOTECA
Enviado por Dirección o Lun, 18/12/2023 - 21:41Aquí vos deixamos dous vídeos. Un das moitas actividades que se levaron a cabo ao longo do mes da ciencia en galego na biblioteca:
...E seguindo este enlace podedes ver o reel que crearon para conmemorar o 25N.
XOGOS POPULARES NO SAMAGOSTO
Enviado por educfisica o Lun, 04/12/2023 - 19:56O pasado día 31 de octubre, gozamos dunha marabillosa xornada de Magosto.
Ao alumnado de 1º de Bacharelato tocounos organizar e coordinar xogos populares para 1º e 2º de
ESO.
Os xogos comezaron ás 10:25h. e prolongáronse ata ás 14:00h.
Algúns dos xogos dos que puideron desfrutar foron a ra, o paracaídas, o brilé, carreiras de sacos, tres en
raia, circuítos de chapas ou a petanca.
Pola tarde, o noso esforzo foi recompensado cunha chocolatada e castañas, todo acompañado de música
e bo ambiente.
Agardamos con gañas ao seguinte!
Marta Míguez e Flavia Maceiras, 1º Bacharelato B
Preme na icona para ver as fotos dos xogos no magosto
25 NOV DE 2023 CO TEATRO DAS MANIOTAS
Enviado por Dirección o Mér, 22/11/2023 - 19:45O grupo de teatro do instituto participará este venres na concentración contra a violencia de xénero organizada polo Concello de Brión este venres 24 de novembro ás 12:00.
OBRADOIRO DE ROBÓTICA
Enviado por luz o Ven, 10/11/2023 - 23:35O alumnado de Tecnoloxía e Intelixencia Artificial para a Sociedade de 4º de ESO asistiu o venres 10 de novembro ao Obradoiro Galego "A maxia da Robótica" organizado por IGACIENCIA no IES Menéndez Pidal Zalaeta da Coruña.
|
||
O alumnado traballou, compartiu e programou un robot en grupo dirixido por monitores na fase inicial, para superar os retos propostos na seguinte fase. Unha estupenda xornada na que disfrutaron da Programación, Robótica, compartir ideas e propostas para chegar a unha solución final.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »