HORARIO DE VERÁN

No mes de xullo, o horario de atención ao público é de 9:00 a 14:00.

Durante o mes de agosto, a atención ao público será a través do correo electrónico do centro ies.brion@edu.xunta.gal. Contestaranse as consultas na maior brevidade posible. 

LIBROS DE TEXTO: CURSO 2024-2025

Premendo NESTE ENLACE pode consultar os libros de texto recomendados para o curso 2024-2025. Aconséllase a todo o alumnado NON MERCAR LIBROS ata falar co profesorado que lle imparta materia en setembro; ou no caso de mercalos, facelo únicamente coa garantía de poder devolvelos, gardando comprobantes de compra e sen desembalalos.

NOTA: Para pedir prestado algún libro de texto do fondo solidario que estamos a construir grazas as doazóns das familias, completade ESTE FORMULARIO antes do 15 de setembro. De momento non hai moitos, pero revisaremos as peticións e farase un reparto o máis xusto posible de todos os libros que haxa.

"FAINO POSIBLE" (PROXECTO COMPETENCIAL 2ºESO)

Aquí temos o resultado do traballo que realizou o alumnado de 2º ESO de Proxecto Competencial ao longo do curso. Traballaron sobre aspectos patrimoniais de Brión para poñelos en valor e facelos accesibles a todos e todas e como resultado, un folleto en galego e un folleto en castelán, e unha páxina web na que tamén se inclúen videos con lingua de signos, subtitulado, audios explicativos e roteiros para que a información sobre o rico patrimonio do noso Concello sexa accesible a todas e todos.

KAYAK E MÁIS ACTIVIDADES NA ILLA DE AROUSA CON 1º ESO

Saída 1º ESO á Illa de Arousa

O xoves 20 de xuño, o alumnado de 1º da ESO foi de excursión de fin de curso, a Illa de Arousa.

A primeira parada foi no miradoiro Punta Quilma onde o alumnado tivo a sorte de ver arroaces que xogaban preto da costa e contemplar a paisaxe dende un dos bancos máis antigos da zona. Logo, continuaron cun pequeno roteiro ata o Muíño das Mareas de As Aceñas, onde o guía lles deu unha explicación sobre o seu funcionamento e a importante función que tiña na illa antigamente.

Posteriormente, volveron a Arousa Kayaks para prepararse e coller o material necesario para comezar a aventura en kayak e no barco-dragón, dirección ao Parque Natural de Carreirón. O vento dificultaba o avance, pero todos/as remaban con ganas para poder avanzar preto da costa e chegar a praia Rosa da Mosca.

Xa a mediodía, repuxeron forzas no Areoso Beach Club para logo de xantar ir a zona de xogos da praia do Vao onde se divertiron coas pas, cos frisbees, co tiro con arco ou co datchball.

Pasámolo moi ben. O próximo curso repetiremos!

Departamento de Educación Física

Preme na icona para ver máis fotografías

Icona click

VISITA 2º ESO A CORRUBEDO, DOLMEN DE AXEITOS, CASTRO BAROÑA E PRAIA DA AGUIEIRA

No Castro Baroña

O pasado 21 de xuño, os estudantes de 2º ESO fixemos unha excursión pola zona do Porto do Son. 

O primeiro lugar que visitamos foi o faro de Corrubedo. Practicamos "parkour" nas rochas e vimos o faro. Houbo persoas que caeron alí. Facer parkour parece que non é tan doado!
A seguinte parada foron as dunas de Corrubedo. Non puidemos camiñar por elas, pero si puidemos velas. 
Despois, fixemos unha pequena camiñada para visitar a praia ao lado das dunas e vimos algunha rocha con moluscos. 
Logo, visitamos o dolmen de Axeitos. Estaba en bo estado e puidemos aprender algo de información sobre el. 
Máis tarde, fomos ao castro de Baroña. Era máis grande do que pensaba! As edificacións estaban en perfecto estado e tiña unhas vistas incribles.
A continuación, fomos á praia da Aguieira. Comemos antes de ir á praia nunha zona recreativa. 
Finalmente, baixamos á praia. Xogamos ao fútbol, coas pas, ao volei e cos frisbees e nadamos . A auga estaba conxelada! 
Esta foi a nosa excursión para despedir o curso.
Gustaríame repetila!  
Daniel Caramés Giménez, 2º de ESO - A
Preme na seguinte icona para ver máis fotos
Icona click

SWING DANCE IS COOL!

O 14 de maio o alumnado de 3º de ESO, divididos en dous grupos, participamos nunha clase de swing dance.

O noso profesor, Carlos, primero fíxonos unha introdución. Contounos que o swing dance provén da década dos 90 (1920-1940) e a súa orixe é afroamericana.

Comezamos a clase camiñando arredor do pavillón e "sentindo a música". Logo tiñamos que, cada vez que faciamos contacto visual con alguén, sinalalo e dicir: "Yeah! Para sentirnos guay".

Entón o profesor comezou a ensinarnos algúns pasos (boogie forward, boogie back, boogie drop, knee slap, takei Annie, mambo step), para finalmente facer unha coreografía, como podedes ver no vídeo.

Paseino moi ben na clase e gustoume moito a coreografía e espero facer máis actividades coma esta.

Lucía Quintáns, 3º ESO A

Para ler o artigo completo en galego, preme na seguinte icona

Icona click

Para ler o artigo en inglés, preme na seguinte icona

Icona click

Podes ver as fotos do obradoiro de swing dance premendo na seguinte icona

Icona click

FÉLICITATIONS!

O alumnado de francés que se presentou ás probas DELF obtivo un gran éxito! Xa temos 18 novas certificacións que acreditan o bó nivel do noso alumnado e que de seguro lles abrirán camiños e posibilidades. Moitos parabéns!

BICIKLETEANDO: ACTIVIDADES PARA CELEBRAR O DÍA MUNDIAL DA BICICLETA

Outro ano máis conmemoramos o Día Mundial da Bicicleta no IES de Brión.

Nesta ocasión, o alumnado de 1º de ESO realizou xogos e circuítos polo patio do centro, para rematar facendo un roteiro pola contorna de Brión, actividade na que tamén participou o alumnado de 2º de ESO.

En palabras do propio alumnado:

"Durante estes días estivemos en clases de Educación Física facendo exercicios de manexo e circulación polas estradas no patio do IES, aprendendo as normas viarias.

Despois, o venres 31 de maio, fixemos un roteiro en bicicleta por Brión, xunto co alumnado de 2ª de ESO.

Na nosa opinión persoal, o noso exercicio favorito foi no que simulamos unha estrada con conos, sinais e rotondas polo instituto.

Foi unha actividade moi entretida a cal sen dúbida repetiríamos".

Lois Rojas e Diego Amandi, 1º ESO D

Preme na icona para ver fotografías das actividades

Icona premer

SAÍDA 3º ESO A CORRUBEDO, DOLMEN AXEITOS, CASTRO BAROÑA E PRAIA AGUIEIRA

No faro de Corrubedo

O venres 24 de maio pasamos unha mañá e tarde moi entretidas: estivemos de roteiro, coñecemos sitios novos, fomos á praia...

A nosa primeira parada foi en Corrubedo, onde visitamos o faro, as Dunas e a praia que está xusto á beira. Fomos por un camiño de madeira, para protexer as especies que viven na duna. Alí explicáronnos como se crearon as dunas e por que están protexidas.

De aí fomos á praia que está á beira das dunas. 

Despois de gozar das vistas da praia, fomos ao dolmen de Axeitos, un antigo monumento megalítico. Aínda que a visita foi breve, o dolmen impresionounos. O profesorado explicóunos por que se construían os dolmens e cal era o seu significado.

Despois dunha pausa, fomos ao Castro de Baroña, un antigo asentamento celta situado nunha gran zona rochosa con vistas ao mar. A vista dende o castro era espectacular, co mar rompendo contra as rochas.

Despois de explorar o castro, puxemos rumbo á praia da Aguieira. Alí comimos no piñeiral, á beira da praia, e despois chegou o momento máis desexado, ir á praia. Non todo o mundo se bañou, pero foi un momento moi divertido con amigos e amigas.

Aínda que o intre na praia fíxosenos curto, había que regresar a Brión.

Estamos agardando ter outra excursión e poder pasar outro día así.

Candela Pérez Iglesias, 3º ESO C

Preme na icona para ver máis fotos

CONVOCATORIA DO PROGRAMA DE INTERCAMBIO EDUMOB (FRANCIA)

A Consellería de Educación convoca o programa EDUMOB, un programa de intercambio individual de alumnado matriculado en centros públicos galegos con matriculado de centros pertencentes á Rexión Académique de Grand Est en Francia.

Este programa vaise desenvolver por primeira vez no presente curso 2023-2024 para alumnado matriculado en 1º de bacharelato que curse a materia de francés. 

Máis información no seguinte enlace: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/43273

Distribuir contido