NOVAS DIRECCIÓN
CALENDARIO PROBAS DE MATERIAS PENDENTES CURSO 2022/23
Enviado por Dirección o Lun, 23/01/2023 - 12:47ARQUIVO CALENDARIO EXAMES: ENLACE
CONVOCATORIA DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO E SUPERIOR
Enviado por Dirección o Sáb, 21/01/2023 - 13:28Convocatoria de probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional para o ano 2023
Públícase o calendario para a solitude e realización das probas de acceso a ciclos formativos de Grao Medio e Grao Superior para o alumnado que non conte coa titulación esixida (ESO/BAC ou equivalentes respectivamente) e ademais conte cos seguintes requisitos:
CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO
CICLOS FORMATIVOS GRAO SUPERIOR
Estas probas non implican a reserva de praza nun ciclo de Formación Profesional.
CALENDARIO AVALIACIÓNS CURSO 2022_23
Enviado por Dirección o Ven, 09/12/2022 - 19:49DATAS AVALIACIÓN 1ª AVALIACIÓN |
AVALIACIÓN 2º BAC: 28 de Novembro de 2022 |
ENTREGA DE NOTAS 2º BAC : 2 de Decembro de 2022 |
DÍAS: 19,20,21 de Decembro de 2022 |
ENTREGA DE NOTAS: 22 de Decembro de 2022 |
DATAS AVALIACIÓN 2ª AVALIACIÓN |
AVALIACIÓN 2º BAC: 23 de Febreiro de 2022 |
ENTREGA DE NOTAS 2º BAC : 24 de Febreiro de 2023 |
AVALIACIÓN 1º BAC: 7 de Marzo de 2023 |
ENTREGA DE NOTAS: 10 de Marzo de 2023 |
AVALIACIÓN ESO: 27,28 e 29 de Marzo de 2023 |
ENTREGA DE NOTAS: 31 de Marzo de 2023 |
PLAN DE RECUPERACIÓN DE PENDENTES 2022_23
Enviado por Dirección o Lun, 05/12/2022 - 19:18No seguinte arquivo infórmase de como os distintos Departamentos Didácticos levarán a cabo o plan de recuperación de materias pendentes.
ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 22-23
Enviado por Dirección o Mar, 08/11/2022 - 20:15Tendo en conta o Decreto 92/1988 do 28 de abril, o Decreto 324/1996 do 26 de xullo e a resolución do 19 de setembro de 2022 (DOG do 30 de setembro), convócanse ELECCIÓNS PARA A RENOVACIÓN PARCIAL DOS MEMBROS DO CONSELLO ESCOLAR, nos seguintes sectores:
- PROFESORADO: renovación de 3 membros
- ALUMNADO: renovación de 2 membros
- PAIS/NAIS: renovación de 1 membro.
O proceso electoral, regulado e supervisado pola Xunta Electoral, será levado a cabo de acordoco calendario anexado.
Anéxase tamén, modelo de candidatura que tamén estará dispoñible na secretaría do centro.
Os censos serán publicados no taboleiro correspondente.
ARQUIVOS NOS SEGUINTES ENLACES:
AMPLIACIÓN DE AXUDAS PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR
Enviado por Dirección o Ven, 14/10/2022 - 13:34Publicada no Diario Oficial de Galicia do 14 de outubro de 2022 a Resolución de concesión directa da ampliación das axudas para adquirir material escolar.
Nesta resolución establécese que os beneficiarios do vale para adquirir material escolar por importe de 50€ recibirán un vale adicional de 25€.
As familias poden recoller o vale de 25€ no centro a partir do martes 18 de outubro.
O vale debe empregarse preferentemente na libraría antes do 1 de decembro de 2022.
Ver resolución aquí: DOG nº 196. 14/10/22
CALENDARIO ESCOLAR 2022-23
Enviado por Dirección o Sáb, 17/09/2022 - 14:59ORDE do 20 de maio de 2022 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2022/23 nos centros
docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.
INICIO DO CURSO 2022-2023
Enviado por Dirección o Lun, 05/09/2022 - 16:55Na tarde do día 7 de setembro farase pública a distribución dos distintos grupos a través da aplicación Abalar.
O día 8 de setembro darán comezo as clases ás 8:25h cunha xornada de presentación para todos os niveis educativos, seguindo a seguinte distribución:
8:25h - 9:15h | 1º ESO | PATIO CUBERTO (ZONA ESQUERDA) |
2º ESO | PATIO CUBERTO (ZONA DEREITA) | |
3º ESO | XIMNASIO | |
4º ESO | VESTÍBULO PLANTA ALTA | |
BACHARELATO | VESTÍBULO PLANTA BAIXA |
A continuación o alumnado seguirá o horario establecido para ese día, ata as 14:05h.
Os titores/as de cada grupo pasarán lista e acompañarán ao alumnado ás respectivas aulas.
Nesa xornada de presentación, haberá transporte escolar.
O día 9 de setembro, a actividade lectiva comezará co horario habitual, dende as 8:25h.
En Brión, a 5 de setembro de 2022
A Dirección
