NOVAS DIRECCIÓN

AMPLIACIÓN DE AXUDAS PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR

Publicada no Diario Oficial de Galicia do 14 de outubro de 2022 a Resolución de concesión directa da ampliación das axudas para adquirir material escolar.

Nesta resolución establécese que os beneficiarios do vale para adquirir material escolar por importe de 50€ recibirán un vale adicional de 25€.

As familias poden recoller o vale de 25€ no centro a partir do martes 18 de outubro.

O vale debe empregarse preferentemente na libraría antes do 1 de decembro de 2022.

Ver resolución aquí: DOG nº 196. 14/10/22

CALENDARIO ESCOLAR 2022-23

ORDE do 20 de maio de 2022 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2022/23 nos centros

docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

                                                               ARQUIVO

INICIO DO CURSO 2022-2023

Na tarde do día 7 de setembro farase pública a distribución dos distintos grupos a través da aplicación Abalar.
O día 8 de setembro darán comezo as clases ás 8:25h cunha xornada de presentación para todos os niveis educativos, seguindo a seguinte distribución:

8:25h - 9:15h     1º ESO PATIO CUBERTO (ZONA ESQUERDA)
2º ESO PATIO CUBERTO (ZONA DEREITA)
3º ESO XIMNASIO
4º ESO VESTÍBULO PLANTA ALTA
BACHARELATO     VESTÍBULO PLANTA BAIXA

A continuación o alumnado seguirá o horario establecido para ese día, ata as 14:05h.
Os titores/as de cada grupo pasarán lista e acompañarán ao alumnado ás respectivas aulas.
Nesa xornada de presentación, haberá transporte escolar.


O día 9 de setembro, a actividade lectiva comezará co horario habitual, dende as 8:25h.



En Brión, a 5 de setembro de 2022

A Dirección

RECOLLIDA DE TÍTULOS DE GRADUADO EN ESO E DE BACHAREL

Infórmase a todo o alumnado que obtivo os títulos de Graduado en ESO ou de Bacharel no IES de Brión, entre os anos 2015-2018; que pode pasar polo centro durante o presente mes de agosto para recoller os correspondentes títulos.

Distribuir contido