Reserva de prazas e matrícula
PUBLICACIÓN DAS LISTAXES PROVISIONAIS DO ALUMNADO ADMITIDO E NON ADMITIDO PARA O CURSO 2023-24
Enviado por Dirección o Lun, 24/04/2023 - 18:10Seguindo a normativa que regula o proceso de admisión de alumnado para o vindeiro curso académico 2022-23 (Decreto 13/2022 do 3 de febreiro) no día de hoxe 24 de Abril publicamos a listaxe provisional do alumnado admitido e non admitido para o vindeiro curso académico 2023/24
As persoas interesadas no procedemento de admisión poderán consultar as listaxes provisionais, coa puntuación desagregada dos criterios de baremo:
Presencial: no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar.
Non presencial: a través da aplicación admisionalumnado empregando a Chave365 ou certificado dixital.
En base ás recomendacións vixentes en materia de protección de datos persoais,non se poderán consultar por ningún outro medio físico ou electrónico de publicación, nin facer fotos das mesmas.
Poderase formular reclamación no prazo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación das listaxes na secretaría do centro.
As listaxes definitivas publicaranse antes do 15 de maio.
SOLICITUDE DE ADMISIÓN PARA CURSO 2023/24
Enviado por Dirección o Mar, 28/02/2023 - 18:43
ADMISIÓN DO ALUMNADO CURSO 2023/24 DENDE O 1 AO 20 DE MARZO |
|
|
|
|
|
|
NOTA: Esta solicitude é para aquel alumnado do IES DE Brión que pretenda cambiar de centro educativo e para aquel que queira solicitar praza no noso centro.
O alumnado actualmente matriculado no IES de Brión que queira continuar os estudos neste centro non ten que facer reserva de praza, posto que esta faise de xeito automático.
MATRICULA CURSO 2022_23
Enviado por Dirección o Lun, 20/06/2022 - 14:37- Día 27 e 28 de xuño: alumnado 1º ESO
- Día 29 de xuño: alumnado 2º BAC
- Día 30 de xuño e 1 de xullo: alumnado 1º BAC
- Día 4 de xullo: alumnado 4º ESO
- Día 5 de xullo: alumnado 3º ESO
- Día 6 de xullo: alumnado 2º ESO
Os restantes días ata o 11 de xullo resérvanse para os casos nos que houbese algún impedimento para facela no día asigando. Por favor, descarguen os impresos e tráianos, cubertos e asinados polos 2 proxenitores.
AVISO 1: recoméndase traer unha fotocopia do impreso de matrícula, unha vez cuberto. No caso de necesitar fotocopias deste ou outros documentos, pasen por conserxería facelos antes de dirixirse á oficina.
AVISO 2: prégase ao alumnado dos cursos superiores (de 2º en diante) que no correo do alumno/a poñan a súa conta de correo iesbrion (.....@iesbrion.com). O de 1º ESO que non poña ningún e xa se lle fará esa conta iniciado o curso.
IMPRESOS POR CURSOS NOS SEGUINTES ENLACES:
PUBLICACIÓN DAS LISTAXES PROVISIONAIS DO ALUMNADO ADMITIDO E NON ADMITIDO PARA O CURSO 2022-23
Enviado por Dirección o Dom, 24/04/2022 - 11:19Seguindo a normativa que regula o proceso de admisión de alumnado para o vindeiro curso académico 2022-23 (Decreto 13/2022) no día de hoxe publicamos no taboleiro de anuncios as listaxe provisional do alumnado admitido e non admitido.
As persoas interesadas no procedemento de admisión poderán consultar as listaxes provisionais, coa puntuación desagregada dos criterios de baremo:
Presencial: na secretaría do centro.
Non presencial: a través da aplicación admisionalumnado empregando a Chave365 ou certificado dixital.
Poderase formular reclamación no prazo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación das listaxes na secretaría do centro.
As listaxes definitivas publicaranse antes do 15 de maio.
SOLICITUDE DE ADMISIÓN PARA CURSO 2022/23
Enviado por Dirección o Dom, 27/02/2022 - 11:41
ADMISIÓN DO ALUMNADO CURSO 2022/23 DENDE O 1 AO 22 DE MARZO |
|
|
|
|
|
|
NOTA: Esta solicitude é para aquel alumnado do IES DE Brión que pretenda cambiar de centro educativo e para aquel que queira solicitar praza no noso centro.
O alumnado actualmente matriculado no IES de Brión que queira continuar os estudos neste centro non ten que facer reserva de praza, posto que esta faise de xeito automático.
MATRICULA EXTRAORDINARIA CURSO 2021-22
Enviado por Dirección o Mér, 01/09/2021 - 17:19O período de matícula extraordinaria para o curso 2021/22 abrangue dende o 7 ao 10 de setembro, ambos incluídos. Para evitar aglomeracións e facer a matrícula de xeito ordenado, virán:
- DÍA 7 DE SETEMBRO: 2º e 1º BACH
- DÍA 8 DE SETEMBRO: 4º ESO e 3º ESO
- DÍA 9 DE SETEMBRO: 2º ESO
O día 10 de Setembro resérvanse para os casos nos que houbese algún impedimento para facela no día asignado.
Por favor, descarguen os impresos e tráianos, cubertos e asinados polos 2 proxenitores.
AVISO 1: recoméndase traer unha fotocopia do impreso de matrícula unha vez cuberto. No caso de necesitar fotocopias deste ou outros documentos, pasen por conserxería facelos antes de dirixirse á oficina.
AVISO 2: prégase ao alumnado dos cursos superiores (de 2º en diante) que no correo do alumno/a poñan a súa conta de correo iesbrion (.....@iesbrion.com). O de 1º ESO que non poña ningún e xa se lle fará esa conta iniciado o curso.
IMPRESOS POR CURSOS NOS SEGUINTES ENLACES:
MATRICULA CURSO 2021-22
Enviado por Dirección o Mér, 23/06/2021 - 17:37O período de matrícula para o curso 21-22 abrangue dende o 25 de xuño ao 10 de xullo. Deberá matricularse todo o alumnado que aprobou o curso 20-21 ou que teña ata un máximo de 2 materias suspensas. Para evitar aglomeracións e facer a matrícula de xeito ordenado, virán:
Día 25 de xuño,1ºESO: alumnado con inicial do 1º apelido dende o A ao L
Día 28 de xuño,1ºESO: alumnado con inicial do 1º apelido dende o M ao Z
Día 29 de xuño, 2ºESO:
- de 9 a 11:30 h alumnado con inicial do 1º apelido dende o A ao L
- de 11:30 a 14 h alumnado con inicial do 1º apelido dende o M ao Z
Día 30 de xuño,3ºESO:
- de 9 a 11:30 h alumnado con inicial do 1º apelido dende o A ao L
- de 11:30 a 14 h alumnado con inicial do 1º apelido dende o M ao Z
Día 1 de xullo,4º ESO: alumnado con inicial do 1º apelido dende o A ao L
Día 2 de xullo,4º ESO: alumnado con inicial do 1º apelido dende o M ao Z
Día 5 de xullo: alumnado de 1º de Bacharelato
- de 9 a 11:30 h alumnado con inicial do 1º apelido dende o A ao L
- de 11:30 a 14 h alumnado con inicial do 1º apelido dende o M ao Z
Día 6 de xullo: alumnado de 2º de Bacharelato
- de 9 a 11:30 h alumnado con inicial do 1º apelido dende o A ao L
- de 11:30 a 14 h alumnado con inicial do 1º apelido dende o M ao Z
Os días 7,8 e 9 resérvanse para os casos nos que houbese algún impedimento para facela no día asigando. Por favor, descarguen os impresos e tráianos, cubertos e asinados polos 2 proxenitores.
AVISO 1: recoméndase traer unha fotocopia do impreso de matrícula, unha vez cuberto. No caso de necesitar fotocopias deste ou outros documentos, pasen por conserxería facelos antes de dirixirse á oficina.
AVISO 2: prégase ao alumnado dos cursos superiores (de 2º en diante) que no correo do alumno/a poñan a súa conta de correo iesbrion (.....@iesbrion.com). O de 1º ESO que non poña ningún e xa se lle fará esa conta iniciado o curso.
IMPRESOS POR CURSOS NOS SEGUINTES ENLACES:
PREMATRÍCULA CURSO 2021/22
Enviado por Dirección o Lun, 31/05/2021 - 11:44Dende o IES de Brión queremos coñecer a escolla de optativas do noso alumnado para o curso 21-22; para iso poñemos á vosa disposición o seguinte formulario de prematrícula. Por favor, cubrídeo e enviádeo antes do luns, día 7 ás 15 h. Para acceder pediravos a vosa conta de correo iesbrion.
Este formulario soamente é para o alumnado que pasará o próximo curso para 2º BACH ou 4º ESO.
Poñede atención, tede en conta que a vosa escolla determinará a configuración dos itinerarios do curso que ven.
LISTAS DE ADMISIÓN CURSO 2021-22
Enviado por Dirección o Mér, 12/05/2021 - 11:31Publicadas as listas de admisión definitiva no taboleiro de administración do centro.
Recursos e reclamacións
ORDE do 12 de marzo de 2013, artigo 32.
Impugnación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: recurso de alzada ou reclamación.
1. No caso de centros públicos, contra a relación definitiva, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da xefatura territorial, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación.
3. A resolución da persoa titular da xefatura territorial porá fin á vía administrativa.
LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2021-22
Enviado por Dirección o Ven, 23/04/2021 - 13:53Informamos de que xa están publicadas no centro as listaxes provisionais resultantes do proceso de admisión do alumnado para o curso 2021/22.
As listaxes poden consultarse presencialmente no taboleiro de anuncios situado en administración. Non obstante, de forma non presencial, poderán acceder a información a través da aplicación admisiónalumnado.
Poderá formular reclamación, ante o consello escolar, no prazo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación.
- 1
- 2
- 3
- seguinte ›
- última »
