Actividades
MODALIDADE RELATO CURTO:
Categoría A: (1º, 2º e 3º de ESO)
- 1º PREMIO: Zoe de Rojas (2ºD) polo seu traballo “Seino todo”, asinado co pseudónimo Zurena PrayerO xurado acordou outorgar dous segundos premios nesta categoría:
- 2º PREMIO: Camila Mosteiro Carvajal (2ºD) por “As nosas guerras” ,asinado co pseudónimo Belcourt
- 2º PREMIO: Aroa Prieto Fernández (1ºB) por “Non é inevitable”,asinado co pseudónimo Tileresa
Categoría B: (4ºESO, 1º e 2º Bacharelato)
- 1º PREMIO: Simón Rivas Capeáns (2º BACH) polo seu traballo “O meu poder? A imaxinación”, asinado co pseudónimo Chimpi
MODALIDADE POESÍA:
Categoría A:
- 1º PREMIO: Ruth Busto Domínguez (2ºB), por “As nosas guerras (e só nosas)”
- 2º PREMIO: Pablo Blanco Valiñas (1ºB), por “A beira do río”, asinado co pseudónimo Roberto de Brión.
MODALIDADE CARTAZ:
Categoría A:
- 1º PREMIO: Candela Pérez Iglesias (1ºC) por “Loitas internas”, asinado co pseudónimo Nirvana.
- 2º PREMIO: Laura Tajes Pais (2ºD) por “Consecuencias da guerra”, asinado co pseudónimo Chifugod.
O xurado acordou deixar desertos os premios na modalidade de Novas Tecnoloxías e suxeriu á organización do Certame adiantar as datas de celebración desta cita en próximas edicións, para favorecer a participación do alumnado.
Formaron o xurado do III Certame Cultural, en representación do centro Bárbara Carballo, Suso Sambade e Vicente Fornés, e pola Anpa, María José Espiñeira, Elena Remesar e José Manuel Velo.
Os premios entregaranse na Biblioteca do Instituto, o 18 de maio, durante o segundo recreo.
Brión, 12 de maio de 2022
Na conmemoración do día Internacional da nena e muller na Ciencia dúas excelentes profesionais impartiron charlas no IES de Brión achegándonos de forma sinxela á Intelixencia Artificial.
O alumnado de TIC I de 1º de Bacharelato asistiu o 8 de febreiro á charla temática "Intelixencia artificial, imaxes e saúde" impartida por María J. Carreira, profesora de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial da USC. Durante a charla coñecimos proxectos nos que participous no eido do procesado intelixente de imaxe médica en campos tan diversos como a oftalmoloxía, radiografía de tórax, oncoloxía e neuroloxía. Actualmente investiga no CITIUS nos eidos da Odontoloxía e Bioinformática. Finalmente animou ao alumnado ao aproximarse ás profesións de científic@ e enxeñeir@, vinculándoas á sociedade actual. |
"Intelixencia Artificial, imaxes e saúde" María J. Carreira |
"Sabes a que chamamos aprendizaxe por reforzo", Sabela Ramos Garea |
Alumnado de 3º de ESO asistiu o pasado 11 de febreiro á charla on line "Sabes a que chamamos aprendizaxe por reforzo?" impartida por Sabela Ramos Garea enxeñeira de software en Google Research, organizada desde o MUNCYT. Sabela introduciu ao alumnado conceptos da Intelixencia Artificial como aprendizaxe por reforzo, aprendizaxe máquina, machine learning, test de turing. |
|
![]() |
|
![]() |
Unha representación do alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato participou na XIII Olimpíada de Xeoloxía celebrada o 16 de febreiro na Cidade da Cultura.
Parabéns a todos eles e elas, especialmente a Maruxa Garaboa Penabad polo premio accésit de 4º de ESO e Eirena Souto Pazó polo 1º premio acadando a máxima cualificación na sede provincial de Coruña, formando parte do equipo galego para representar á nosa comunidade na fase nacional que se celebrará o vindeiro 26 de marzo en Almería.
Noraboa
Co gallo da celebración do 14 de febreiro, internacionalmente coñecido coma o Día de San Valentín ou Día dos namorados, o noso alumnado de 4º ESO afondou sobre os mitos do amor romántico e participou, en colaboración coa área de Igualdade do Concello de Brión e Psiconova, nesta Contracampaña ao 14F en ton humorístico.
Aquí vos deixamos diferentes TikTok co noso alumnado como protagonista. Esperamos que os desfrutedes e que vos sumedes tamén a rachar con estes mitos! ♥︎
Marta e Fernando (4º ESO C)
Álex e Álvaro (4º ESO C)
Antela (4º ESO B)
Marta e Candela (4º ESO C)
Paula e Sahínza (4º ESO C)
Candela e María (4º ESO C)
E grazas a todxs polo voso traballazo!!
Este pasado venres 21 de xaneiro o alumnado de Ciencias de 1°Bacharelato visitamos a Aula aberta á Tecnociencia na escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía, en Vigo. Asistimos a un obradoiro no que falamos da percepción das cores e a luz, e outro sobre realidade aumentada.
|
|
No primeiro aprendemos sobre as ondas e como segundo a súa lonxitude percibimos distintas cores. Falamos do cor rgb (vermello, verde, azul) e da formación do resto das cores en base a estas.
No segundo obradoiro puidemos manipular un simulador de relevo que permitía observar como afectaría unha inundación a unha que ti mesma modelas.
Martina Sambade Formoso, Eirena Souto Pazó, alumnas de 1º A Bacharelato
O xoves 20 de xaneiro o alumnado de 3º de ESO recibiu formación no Obradoiro Pilabot: recicla con enerxía sobre a importancia da recollida selectiva, a reciclaxe de pilas e sobre a participación nos concursos de recollida de pilas e acumuladores e o concurso artístico #EuSonPilabot.
|
![]() |
Animamos á comunidade escolar a colaborar na recollida de pilas e baterías gastadas, depositándoas no contenedor da entrada ata o 24 de febreiro.
![]() |
O programa Tecnólog@ por un día ofrece a oportunidade a alumnado galego de visitar instalacións de empresas relacionadas co sector TIC de Galicia para que poidan experimentar en primeira persoa unha xornada laboral con profesionais deste campo. |
O pasado 3 de Decembro Carlos M. e Valeria, alumnos de 1º de Bacharelato do IES de Brión, pasamos un día nas instalacións de Televés Corporation e coñecimos unha empresa multinacional moderna e automatizada que produce desde cero todo o produto e subproduto co que traballa. Na primeira metade do día visitamos Gsertel, que é unha empresa pertencente ao grupo Televés que monta, revisa e programa unha ampla variedade de produtos cos cales miden, analizan e diagnostican sinais de radio e televisión de forma portátil. Nas súas instalacións visitamos as diferentes estancias nas que Gsertel leva a cabo o seu cometido dentro do grupo Televés. Posteriormente unímonos a alumnos de outros centros na fábrica de Televés na que se leva a cabo a elaboración da totalidade dos produtos comercializados pola multinacional. Alí puidemos observar a fabricación de forma parcialmente automatizada de todos os compoñentes cos que conta o produto final. |
![]() |
Ambos animaríamos a todo o que tivera a oportunidade de presentarse a algún programa deste tipo xa que é unha experiencia inesquecible que persoalmente recomendamos e se tiveramos oportunidade repetiriamos.
Valeria Torres Lago Carlos M. Domínguez Carballo, 1º Bacharelato A
O pasado 16 de decembro o alumnado de Tecnoloxía de 4º de ESO asistiu ao Obradoiro "A tarifa da luz" impartido polo Instituto Galego de Consumo e da Competencia, onde recibiron formación básica sobre a factura eléctrica e medidas para un consumo responsable, como a consulta da páxina web: https://tarifaluzhora.es/ para coñecer o prezo da luz por horas no día seguinte.
Ola a todas e todos!
Este ano non foi moi corrente, por iso desexámosvos que, como un novo ano está á volta da esquina, podades dispoñer da mellor das saúdes, pasalo o mellor posible e ser responsables, polo ben común, e que, así, non nos toque vivir un ano coma este.
Aproveitade estas datas para desfrutar das vosas amizades e familiares, descansar e celebrar estas festas.
Bo Nadal, e que este ano 2022 vos sexa xenial!
Zoe de Rojas e Ángela Zas, 2º ESO D

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |