Departamento de Tecnoloxía
O departamento de Tecnoloxía está formado polas profesoras:
Luz Ramos López- Xefa de departamento, que imparte as materias de Tecnoloxía e TIC ( C) en 4º de ESO, Tecnoloxía Industrial I e TIC I (grupo A) en 1º de Bacharelato, TIC II e Control, Robótica e Impresión 3D en 2º de Bacharelato
Eva Pardiñas Fondo, imparte as materias de Tecnoloxía e Programación en 2º de ESO, TIC en 4º de ESO, TIC I en 1º B, e Tecnoloxía Industrial II en 2º de Bacharelato.
Marta Elena Aguirre Fernández, imparte Tecnoloxía en 3º de ESO
Blog de Tecnoloxía no IES de Brión |
|
Aulas virtuais |
|
Departamento de Tecnoloxía
|
|
Comunidades educativas virtuais | |
Tecnoloxía Industrial I, II TIC 4º ESO, TIC I, TIC II |
|
Tecnoloxía 2º ESO Programación 2º ESO |
Proxectos interdisciplinares
![]() |
![]() |
Curso 2009/10 | Curso 2010/11 |
![]() |
![]() |
Curso 2011/12 | Curso 2012/13 |
![]() |
![]() |
Curso 2013/14 | Curso 2014/15 |
![]() |
![]() |
Curso 2015/16 | Curso 2016/17 |
![]() |
|
Curso 2017/18 | Curso 2018/19 |
Desde o IES presentamos o proxecto Visor estereoscópico de gráficos vectoriais interactivos na xornada educativa da Maker Faire Galicia 2020 o pasado 20 de novembro.
O proxecto interdisciplinar, desenvolvido nas materias de Tecnoloxía Industrial I e Debuxo Técnico I, consiste nun visor de figuras, modelos e lugares que nos permite obter unha experiencia inmersiva de realidade virtual empregando un dispositivo móbil e unhas lentes RV.
Preme nas imaxes para acceder á páxina web do proxecto e ao vídeo:
Guía informativa de materias optativas ofertadas polo departamento:
Tecnoloxía Industrial: |
Carga horaria semanal: 3 h
O coñecemento da tecnoloxía proporciona unha imprescindible perspectiva científico-tecnolóxica sobre a necesidade de construír unha sociedade sustentable, formada por unha cidadanía crítica con respecto ao que acontece arredor dela.
A materia, desde o punto de vista metodolóxico require do traballo en equipo, para resolver problemas tecnolóxicos que permitan explorar o deseño, a produción, a avaliación ou a mellora de produtos relevantes desde o punto de vista tecnolóxico e social. Trata de aprender a identificar e a seleccionar solucións aos problemas técnicos, a realizar cálculos e estimacións, fomentar o espírito emprendedor e planificar a realización de actividades de deseño e de montaxe, contextos de aprendizaxe nos que son importantes a iniciativa, a colaboración e o respecto polas normas de seguridade, e nos que as tecnoloxías da información e da comunicación son ferramentas imprescindibles para a procura de información, para a elaboración de documentos ou de planos, para a realización de simulacións e de cálculos técnicos e económicos, e para a presentación ou a publicación de resultados.
A materia estrutúrase nos seguintes bloques:
Tecnoloxía Industrial I:
- Produtos tecnolóxicos: deseño, produción e comercialización
- Máquinas e sistemas: mecanismos, electricidade e electróncia, control programado e sistemas robóticos
- Materiais e procedementos de fabricación
- Recursos enerxéticos
Tecnoloxía Industrial II:
- Materiais
- Principios de máquinas
- Sistemas automáticos
- Circuitos e sistemas lóxicos
- Control e programación de sistemas automáticos
A materia está relacionada cos estudos de:
Graos universitarios:
- Todas as Enxeñerías e Arquitectura
- Ciencias: Física, Química, Biotecnoloxía, Matemáticas, Ciencia e Tecnoloxía dos alimentos, Robótica, Nanociencia e nanotecnoloxía
- Ciencias sociais e xurídicas: Creación Dixital, Animación e Videoxogos, Xestión Industrial de Moda, Empresa e Tecnoloxía
Ciclos formativos de grao superior:
- Electricidade e Electrónica
- Enerxía e auga
- Edificación e obra civil
- Fabricación mecánica
- Informática e comunicacións
- Química
Control, Robótica e impresión 3D: |
Carga horaria semanal: 2 h
O Control, Robótica e Impresión 3D proponse como unha materia de libre configuración de centro de carácter práctico e traballo en equipo para resolver problemas empregando controladoras, robots e impresión 3D que permitan explorar o deseño, a produción, a avaliación ou a mellora de sistemas relevantes desde o punto de vista tecnolóxico e social.
Para desenvolver os contidos a proposta metodolóxica é de resolución de problemas prácticos e traballo por proxectos sobre deseño, construción e programación de robots e sistemas de control de movemento, luz e son empregando Arduino/Raspberry-pi/e-textís como controladores, a impresión 3D como técnica de fabricación e as TIC como soporte de documentación, simulación e presentación de resultados.
A materia completementa as opcións de materias específicas de TIC II, Tecnoloxía Industrial II e Imaxe e Son.
A materia estrutúrase nos bloques:
- A robótica
- Programación e control
- Proxectos: Impresión 3D
A materia está relacionada cos estudos de:
Graos universitarios:
- Todas as Enxeñerías e Arquitectura
- Ciencias: Física, Química, Biotecnoloxía, Matemáticas, Ciencia e Tecnoloxía dos alimentos, Robótica
- Ciencias sociais e xurídicas: Creación Dixital, Animación e Videoxogos, Xestión Industrial de Moda, Comunicación audiovisual, Empresa e Tecnoloxía
- Artes e Humanidades: Belas Artes
Ciclos formativos de grao superior:
- Electricidade e Electrónica
- Enerxía e auga
- Edificación e obra civil
- Fabricación mecánica
- Informática e comunicacións
- Instalacións e mantemento
- Madeira, moble e cortiza
- Química
- Seguridade e Medioambiente
- Transporte e mantemento de vehículos
Este curso participamos de novo no programa Aprendo Programando do Plan Proxecta desde a materia de Control e introdución á Robótica de 2º de ESO. Os principais obxectivos son empregar a programación como medio polo que se leva a cabo o proceso de aprendizaxe e potenciar a autonomía e desenvolvemento da capacidade creativa do alumnado a partir dunha temática proposta: "As especies exóticas invasoras".
A pesar da particular situación deste curso, o alumnado continuou traballando en liña na plataforma E-Dixgal no proxecto ata principios de xuño. Finalmente seleccionamos catro propostas para a participación no Concurso "Deseño de aplicacións informáticas coa ferramenta Scratch", organizado polo Colexio Profesional de Enxeñería Técnica en Informática de Galicia CPETIG.
Convidámosvos a ver as animacións, responder ás preguntas e participar nos xogos propostos polo alumnado para aprender máis sobre especies invasoras e agradecemos a motivación e participación no proxecto.
Especies animais invasoras por Xiana Bragaña Pardo:
Especies invasoras: Meloncillo e troita arco da vella por Guillermo Velo Expósito:
Vespa velutina por Catuxa Fernández Varela:
Mimosas por Miguel Picos Gómez:
Adaptacións da programación segundo as instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.
2º ESO | 3º ESO | 4º ESO | 1º BACH | 2º BACH |
Tecnoloxía 2º | Tecnoloxía 3º | Tecnoloxía 4º | Tecnoloxía Industrial I | Tecnoloxía Industrial II |
Control e Intr. á Robótica 2º | TIC 4º | TIC I | TIC II |
Un curso máis, mesmo nestas circunstancias tan extraordinarias, celebramos no IES de Brión o día Internacional das rapazas nas TIC, participando nunha multiconferencia web, organizada pola aula e-learning do CESGA, na que coñecimos a catro mulleres galegas excepcionais que traballan e investigan en ámbitos relacionados coas Novas Tecnoloxías: Amparo Alonso Betanzos, Isabel Expósito Pérez, María Fernández Hermida, Patricia Mañana Borrazás.
Desde o IES tamén participamos na 4ª edición de Wisibilízalas, convocatoria do Departamento ETIC da Universidade Pompeu Fabra que presenta os seguintes obxectivos:
- Romper estereotipos de xénero asociados a carreiras STEM.
- Potenciar referentes femininos actuais que servan de inspiración as máis xóvenes.
- Promocionar o uso da tecnoloxía e o traballo en grupo mediante a creación de páxinas web.
STEAM MATES é a páxina creada por alumnado das materias de Debuxo Técnico e e TIC de 1º de Bacharelato, na que presentamos a un grupo de científicas e enxeñeiras galegas ou que traballan en Galicia: Elena Vázquez, Mar Capeáns, Ana María González, Joana Silva, Mabel Loza, María Pardo, María Rilo, Paula Ojea, Mónica Bugallo, Carmen Misa e Soledad Torres, ás que agradecemos a súa participación no proxecto.
Ambas actividades están enmarcadas no proxecto "STEAM en feminino" do Plan Proxecta "Rapazas emprendedoras nas TIC" no que participa o instituto.
Durante o período non presencial ao alumnado do departamento de Tecnoloxía iremos propoñendo tarefas e comunicación co grupo nas plataformas habituais de traballo:
Curso | Materia | Plataforma | Comunicación |
2º ESO | Tecnoloxía | EDIXGAL | Foro de comunicación de grupo
Mensaxería EDIXGAL |
2º ESO Grupos B e D |
Control e Introdución á Robótica | ||
3º ESO | Tecnoloxía | AGUEIRO | Mensaxería Agueiro |
4º ESO | Tecnoloxía | Mensaxería Agueiro | |
4º ESO | TIC | AGUEIRO | Mensaxería Agueiro |
1º Bacharelato | Tecnoloxía Industrial I |
Mensaxería Agueiro Foro de comunicación de grupo |
|
1º Bacharelato | TIC I | AGUEIRO |
Mensaxería Agueiro Foro de comunicación de grupo |
2º Bacharelato | Tecnoloxía Industrial II | AGUEIRO | Mensaxería Agueiro |
2º Bacharelato | TIC II | AGUEIRO |
Mensaxería Agueiro Foro de comunicación de grupo |
O pasado 10 de febreiro os catro grupos de 2º de ESO participaron ao longo da mañán activamente nun taller de estruturas. A actividade, organizada desde o departamento de Tecnoloxía, foi impartida polos membros do proxecto de divulgación "Camiños do futuro", co obxectivo de familiarizar ao alumnado co mundo da Enxeñería Civil.
No taller o alumnado experimentou o comportamento de estruturas e elementos construidos do seu entorno, relacionándoas con conceptos básicos (forza, velocidade, desprazamento) e introducindo outros novos (como tensión, vibración, deformación) que se enlazaron con elementos da vida diaria como sismo, deseño, proxecto, edificios e pontes.

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |