DEFENSA DOS PROXECTOS DE INVESTIGACIÓN DA 1ª PROMOCIÓN DO STEMBACH
O curso pasado comenzamos no IES de Brión co STEMbach no que o alumnado cursou unha materia de afondamento: "Laboratorio STEAM, unha ollada interdisciplinar", realizou actividades complementarias de divulgación científica e visitas a centros de investigación e desenvolveu un proxecto de investigación relacionado con ámbitos de coñecemento do bacharelato.
O martes 30 de abril a partir das 16:30 tivo lugar a defensa e presentación da 1ª promoción dos proxectos STEMbach no laboratorio do instituto. Na comisión de avaliación contamos coa presencia de Beatriz Crujeiras Pérez, profesora de Didáctica das Ciencias Experimentais na USC.
![]() |
![]() |
Os proxectos presentados foron:
Aceites esenciais. Folla de sen e extracto de tomillo | Caracterización dunha zona forestal e proposta de actuación |
![]() |
![]() |
Alumnado: Hugo Estévez Vázquez, Claudia Rodríguez Lorenzo Titora: María Dolores Viña Castelao. Departamento de Farmacoloxía, farmacia e tecnoloxía farmaceútica. CIMUS. Universidade de Santiago de Compostela Coordinadores: Juan Carlos Freiría Tato e Virginia Rodríguez Álvarez |
Alumnado: Mauro Barreiro Señorís, Violeta Fornés Rodríguez, Nerea Paradelo Álvarez, Miguel Picos Gómez Titor:Juan Picos Martín. Enxeñería dos Recursos Naturais e Medio Ambiente. Escola de Enxeñaría Forestal. Universidade de Vigo Coordinadora: Noela Vallejo Senra |
Simulación computacional da interacción da magainina con modelos simplificados de membranas bacterianas e de mamíferos sanos |
RESISTIM. Efectos da estimulación transcraneal en combinación con adestramento de forza |
![]() |
![]() |
Alumnado: Mikel Escobar Díaz, Álvaro Francos Martínez, Unai Peral Fernández Titores: Rebeca García Fandiño, Fabián Suárez Lestón. Grupo de investigación de Química Supramolecular e nanotubos peptídicos. CIQUS. Universidade de Santiago de Compostela. Coordinadora:Virginia Rodríguez Álvarez |
Alumnado: Álvaro García Romero, Jorge Rivas Capeáns, Guillermo Velo Expósito Titora: Virginia López Alonso. Grupo de aprendizaxe e control do movemento humano en actividade física e deporte.Departamento Educación Física e Deportiva. Universidade da Coruña Coordinadora: Xiana Guerra Arias. |
O alumnado realizou unha excelente presentación dos proxectos, que destacaron pola calidade, profundidade e diversidade de temáticas presentadas. Queremos felicitar ao alumnado polo esforzo, adicación e defensas dos proxectos.