Novas
KAYAK E MÁIS ACTIVIDADES NA ILLA DE AROUSA CON 1º ESO
Enviado por educfisica o Mar, 02/07/2024 - 14:04O xoves 20 de xuño, o alumnado de 1º da ESO foi de excursión de fin de curso, a Illa de Arousa.
A primeira parada foi no miradoiro Punta Quilma onde o alumnado tivo a sorte de ver arroaces que xogaban preto da costa e contemplar a paisaxe dende un dos bancos máis antigos da zona. Logo, continuaron cun pequeno roteiro ata o Muíño das Mareas de As Aceñas, onde o guía lles deu unha explicación sobre o seu funcionamento e a importante función que tiña na illa antigamente.
Posteriormente, volveron a Arousa Kayaks para prepararse e coller o material necesario para comezar a aventura en kayak e no barco-dragón, dirección ao Parque Natural de Carreirón. O vento dificultaba o avance, pero todos/as remaban con ganas para poder avanzar preto da costa e chegar a praia Rosa da Mosca.
Xa a mediodía, repuxeron forzas no Areoso Beach Club para logo de xantar ir a zona de xogos da praia do Vao onde se divertiron coas pas, cos frisbees, co tiro con arco ou co datchball.
Pasámolo moi ben. O próximo curso repetiremos!
Departamento de Educación Física
Preme na icona para ver máis fotografías
VISITA 2º ESO A CORRUBEDO, DOLMEN DE AXEITOS, CASTRO BAROÑA E PRAIA DA AGUIEIRA
Enviado por educfisica o Mér, 26/06/2024 - 19:40O pasado 21 de xuño, os estudantes de 2º ESO fixemos unha excursión pola zona do Porto do Son.
SWING DANCE IS COOL!
Enviado por educfisica o Mér, 26/06/2024 - 19:12O 14 de maio o alumnado de 3º de ESO, divididos en dous grupos, participamos nunha clase de swing dance.
O noso profesor, Carlos, primero fíxonos unha introdución. Contounos que o swing dance provén da década dos 90 (1920-1940) e a súa orixe é afroamericana.
Comezamos a clase camiñando arredor do pavillón e "sentindo a música". Logo tiñamos que, cada vez que faciamos contacto visual con alguén, sinalalo e dicir: "Yeah! Para sentirnos guay".
Entón o profesor comezou a ensinarnos algúns pasos (boogie forward, boogie back, boogie drop, knee slap, takei Annie, mambo step), para finalmente facer unha coreografía, como podedes ver no vídeo.
Paseino moi ben na clase e gustoume moito a coreografía e espero facer máis actividades coma esta.
Lucía Quintáns, 3º ESO A
Para ler o artigo completo en galego, preme na seguinte icona
Para ler o artigo en inglés, preme na seguinte icona
Podes ver as fotos do obradoiro de swing dance premendo na seguinte icona
FÉLICITATIONS!
Enviado por Dirección o Dom, 23/06/2024 - 10:26O alumnado de francés que se presentou ás probas DELF obtivo un gran éxito! Xa temos 18 novas certificacións que acreditan o bó nivel do noso alumnado e que de seguro lles abrirán camiños e posibilidades. Moitos parabéns!
BICIKLETEANDO: ACTIVIDADES PARA CELEBRAR O DÍA MUNDIAL DA BICICLETA
Enviado por educfisica o Lun, 17/06/2024 - 18:10Outro ano máis conmemoramos o Día Mundial da Bicicleta no IES de Brión.
Nesta ocasión, o alumnado de 1º de ESO realizou xogos e circuítos polo patio do centro, para rematar facendo un roteiro pola contorna de Brión, actividade na que tamén participou o alumnado de 2º de ESO.
En palabras do propio alumnado:
"Durante estes días estivemos en clases de Educación Física facendo exercicios de manexo e circulación polas estradas no patio do IES, aprendendo as normas viarias.
Despois, o venres 31 de maio, fixemos un roteiro en bicicleta por Brión, xunto co alumnado de 2ª de ESO.
Na nosa opinión persoal, o noso exercicio favorito foi no que simulamos unha estrada con conos, sinais e rotondas polo instituto.
Foi unha actividade moi entretida a cal sen dúbida repetiríamos".
Lois Rojas e Diego Amandi, 1º ESO D
Preme na icona para ver fotografías das actividades
SAÍDA 3º ESO A CORRUBEDO, DOLMEN AXEITOS, CASTRO BAROÑA E PRAIA AGUIEIRA
Enviado por educfisica o Lun, 03/06/2024 - 20:14O venres 24 de maio pasamos unha mañá e tarde moi entretidas: estivemos de roteiro, coñecemos sitios novos, fomos á praia...
A nosa primeira parada foi en Corrubedo, onde visitamos o faro, as Dunas e a praia que está xusto á beira. Fomos por un camiño de madeira, para protexer as especies que viven na duna. Alí explicáronnos como se crearon as dunas e por que están protexidas.
De aí fomos á praia que está á beira das dunas.
Despois de gozar das vistas da praia, fomos ao dolmen de Axeitos, un antigo monumento megalítico. Aínda que a visita foi breve, o dolmen impresionounos. O profesorado explicóunos por que se construían os dolmens e cal era o seu significado.
Despois dunha pausa, fomos ao Castro de Baroña, un antigo asentamento celta situado nunha gran zona rochosa con vistas ao mar. A vista dende o castro era espectacular, co mar rompendo contra as rochas.
Despois de explorar o castro, puxemos rumbo á praia da Aguieira. Alí comimos no piñeiral, á beira da praia, e despois chegou o momento máis desexado, ir á praia. Non todo o mundo se bañou, pero foi un momento moi divertido con amigos e amigas.
Aínda que o intre na praia fíxosenos curto, había que regresar a Brión.
Estamos agardando ter outra excursión e poder pasar outro día así.
Candela Pérez Iglesias, 3º ESO C
Preme na icona para ver máis fotos
CONVOCATORIA DO PROGRAMA DE INTERCAMBIO EDUMOB (FRANCIA)
Enviado por Dirección o Mar, 28/05/2024 - 18:47A Consellería de Educación convoca o programa EDUMOB, un programa de intercambio individual de alumnado matriculado en centros públicos galegos con matriculado de centros pertencentes á Rexión Académique de Grand Est en Francia.
Este programa vaise desenvolver por primeira vez no presente curso 2023-2024 para alumnado matriculado en 1º de bacharelato que curse a materia de francés.
Máis información no seguinte enlace: https://www.edu.xunta.
V CERTAME CULTURAL, "UNHA HISTORIA DE AQUÍ": PREMIADOS
Enviado por Dirección o Sáb, 25/05/2024 - 10:23RELATO CURTO
1º PREMIO CATEGORÍA A: "A lenda de Altamirán" (Iria Mariño, 1ºESO B)
2º PREMIO CATEGORÍA A: dúas obras premiadas
- "O Castro" (Roi Díaz Souto, 1ºESO A)
- "A vida de Carmen" (Pedro García Sobrido, 1ºESO A)
1º PREMIO CATEGORÍA B: "Virar as tellas" (Zoe de Rojas Rozas, 4ºESO A)
2º PREMIO CATEGORÍA B: "Recordos entre as tazas de café" (Laura Tajes Pais, 4°ESO B)
POEMAS
1º PREMIO CATEGORÍA A: "Á Miña Terra" (Diego Amandi Vidal. 1ºESO D)
2º PREMIO: deserto
1º PREMIO CATEGORÍA B: "Ondas de lembranzas" (Lucía Molinos Carro, 4ºESO A)
2º PREMIO CATEGORÍA B: dúas obras premiadas
- "Unha Historia de AquÍ" (Laura Tajes Pais, 4°ESO B)
- "Eu son eu" (Rut Busto Domínguez, 4ºESO D)
NOVAS TECNOLOXÍAS-PODCAST
1º PREMIO: "Hora dos cereais: encerrados pero conectados" (Lucía Molinos Carro, 4ºESO A, e Laura Tajes Pais, 4ºESO B)
2º PREMIO: deserto
CARTACES
1º PREMIO CATEGORÍA A: "As lavandeiras" (Ainhoa Ibarra Alarcón, 3ºESO C)
2º PREMIO CATEGORÍA A: "Redeiras, unha profesión invisible pero imprescindible" (Greta Otero Nogueira 3ºESO C)
1º PREMIO CATEGORÍA B: "Unha historia de aquí" (Violeta Fornés Rodríguez, 2º BACHARELATO)
2º PREMIO: deserto
CIRCUÍTO DE ORIENTACIÓN POR PADRÓN E RAFTING NO RÍO ULLA
Enviado por educfisica o Lun, 06/05/2024 - 18:41Este último martes 30 de abril, o alumnado de 1º de bacharelato puidemos desfrutar dun día por Padrón e no Río Ulla, organizado polo departamento de Educación Física xunto a empresa Arrepións.
Comezamos a mañá facendo un xogo de pistas pola vila de Padrón grazas ao cal, pese a algunha que outra chuvieira, aprendimos un pouco da historia do lugar.
Despois diso, puxemos rumbo cara a área de recreo O Xirimbao, onde nos distribuímos por grupos para montar nas balsas cos monitores e lanzarnos ao río Ulla para facer rafting.
Había moitas correntes e rápidos, que facían o traxecto moi divertido. Ademais, os monitores deixáronos tirar á auga nalgún tramo do río e incluso deixarnos levar pola corrente.
Tivemos sorte e non choveu case nada o resto do día, sendo unha experiencia diferente e entretida que, sen dúbida, repetiríamos.
Ángela Amandi, Martín Faraldo, Aixira Pampín e Marta Míguez, 1º BACH
Preme na seguinte icona para ver todas as fotos
ESTARCIDO CONTRA O MASACRE DO POBO EN PALESTINA
Enviado por Xabier Lorenzo ... o Ven, 26/04/2024 - 18:28
Alumnado de Deseño (2º Bach) participou na actividade "Estarcido contra o masacre do pobo en Palestina" reproducindo a obra do artísta palestino Khaled Hourani titulada "Atlas Subxectivo de Palestina".
Como xa avanza o título da actividade, a técnica empregada foi o estarcido con spray sobre parede. A secuencia de traballo foi a seguinte:
- Separación das diferentes cores da imaxe a partir dunha fotografía da obra orixinal.
- Vectorizado do contorno das diferentes masas de cor.
- Creación das máscaras de reserva en fieltro coa cortadora laser.
- Aplicación das diferentes capas de cor empregando spray sobre as máscaras adheridas á parede.
O alumnado participante nesta acividade quere así, unha vez máis, amosar a súa solidariedade co pobo palestino e deixar pegada do seu compromiso.