Novas

Actividades na natureza para 1° de Bacharelato

Un grupo de 38 estudiantes de 1° de Bacharelato e 3 profesores, disfrutaremos os días 2, 3 e 4 de outubro de diversas actividades na natureza.

Comezaremos o mércores 2 cunha visita ás Illas Cíes.

O xoves 3 as actividades son canoa e barranquismo. 

Como despedida, o venres 3 faremos rafting no río Miño e sendeirismo-orientación pola zona de Arbo.

Durmiremos no Albergue Rural O Coto, en Arbo.

Iremos informando e subindo alguna foto. 

Unha boa maneira de comezar o curso! 

LISTAXE ACTUALIZADA DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 19-20

Consulta aquí a listaxe de libros de texto recomendados para o curso 2019-2020

PREMIO AO MELLOR VIDEOCLIP NA CATEGORÍA DE 1º CICLO DE ESO

Parabéns ao noso alumnado que gañou o premio de 1º ciclo de ESO!!! E tamén ao do IES de Cacheiras que gañou o de 2º ciclo.

A nova na prensa: https://www.codigocero.com/Os-centros-educativos-galegos-copan-o-palmares-do-festival-eMove, https://www.elcorreogallego.es/area-de-compostela/ecg/ies-brion-triunfa-no-emove-festival/idEdicion-2019-07-30/idNoticia-1196076/

LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 19-20

AVISOS:

ANTE A POSIBLE INCORPORACIÓN DE NOVAS MATERIAS EN E-DIXGAL RECOMÉNDASE QUE NON COMPREN LIBROS DE TEXTO ATA SETEMBRO.

- En Tecnoloxía de 3º ESO non se recomenda ningún libro de texto, polo tanto non debe ser tida en conta a recomendación que aparecía no sobre de matrícula

Vídeos Festival de Educación Física 2019

Xa están en youtube os vídeos das actuacións do alumnado do IES de Brión no Festival de Educación Física que tivemos no ximnasio o 20 de xuño de 2019.

Por orde de actuación, estes son os vídeos:

Parabéns a todo o alumnado e boas vacacións!

Festival de Educación Física 2019

O pasado xoves 20 de xuño, todos os alumnos do IES de Brion puidemos desfrutar do festival de educación física 2019. Nesta ocasión non todos participamos, pois os alumnos de primero da ESO só foron espectadores, pero aínda así, pasámolo tan ben coma sempre. Cada curso realizou diferentes actividades como baile, acrosport ou aerobic, entre outras. O festival, organizado pola profesora Carmen García, celebrámolo a modo de despedida deste ano escolar e todos pasamos un moi no día!

Alba Caamaño, Antía Cunqueiro e Tania García, 1º Bacharelato A

Vídeo da viaxe a Londres 2019

E, finalmente, este é o vídeo da nosa viaxe.

Aquí podedes ver un pedaciño de todo o que estivemos facendo, o que visitamos e o día a día en Londres.

Agardamos que sexades capaces de ver o noso esforzo e entusiamo plasmado en cada plano e imaxe, e que desfrutedes véndoo tanto coma o fixemos nós.

The recording group (Sandra Molinos, Daniel Blanco, Lorena Diéguez, 3º ESO)

Roteiro 2º de ESO

O Seminario de Educación Física organizou o pasado xoves 16 de maio dende ás 8.25h. ata ás 17.00h. un roteiro para o alumnado de 2º de ESO.

A nosa andaina comezou nas Dunas de Corrubedo e na praia Ladeira. Despois visitamos o Dolmen de Axeitos e Castro Baroña. Rematamos na praia da Aguieira, onde xantamos e tivemos ocasión de xogar ou pasear. Facía bastante vento e mesmo choveu un pouquiño, pero aprendimos moito e pasámolo moi ben.

PREMIO SENSORES 2019 PARA ALUMNADO DE 1º DE BACHARELATO

O alumnado de 1º de Bacharelato de Tecnoloxía Industrial e Debuxo Técnico, foi premiado no concurso "Sensores 2019" convocado por Igaciencia e patrocinado polo Concello da Coruña. O xurado do certame recoñece con este premio a calidade do proxecto interdisciplinar "Visor estereoscópico de gráficos vectoriais interactivos", un visor de figuras, modelos e lugares que nos permite obter unha experiencia inmersiva de realidade virtual empregando o xiroscopio dun dispositivo móbil.

O acto de entrega de premios tivo lugar o pasado xoves 20 de xuño no IES Ramón Menéndez Pidal - Zalaeta da Coruña. Os alumnos Victor Sloth Sixto e Óscar Suárez fixeron unha breve presentación do proxecto e coñeceron os traballos premiados tanto na convocatoria "Sensores 2019" como en "Inventa en galego" por alumnado de toda Galicia.

O proxecto presentado á convocatoria foi evolucionando ata o final de curso, ampliando o repertorio de gráficos disponibles e creando unha páxina web coas versións para móbil e ordenador.

O alumnado implicado realizou unha pequena exposición cos resultados deste proxecto coa finalidade de difundilo entre o alumnado doutros niveis, que puideron desfrutar dunha experiencia inmersiva subindo por escaleiras virtuais, sobrevoando as Cíes ou adentrándose en moléculas de diferentes compostos.

Parabéns ao alumnado participante.

Accede a máis información:

Proxectos premiados de Sensores 2019, en Igaciencia.

Entregados os premios de Sensores, no Concello de A Coruña.

OBRADOIRO DE ACUARELA

O pasado venres 14 de xuño, o alumnado de 3º ESO B asistiu a un obradoiro de pintura impartido por José Antonio Regidor no noso centro. Durante a sesión puidemos ver en detalle unha demostración, coas súas correspondentes explicacións, do emprego da acuarela. Regidor compartiu con este alumnado parte do seu vasto saber e bo facer nesta técnica húmida que domina con maestría.

Esta actividade forma parte do Encontro coa arte 2019 promovido polo Concello de Brión e adicado nesta ocasión a lembrar a figura de Antón Fraguas.

.

Distribuir contido