Orientación
Plan de Orientación curso 2021/22
Enviado por Anónimo o Mar, 19/10/2021 - 10:56O Departamento de Orientación, este curso académico 2021/22, está formado por:
- Marina Mata, orientadora
- Ada Cuadrado, profesora de pedagoxía terapéutica (PT)
- Pilar Figueroa, titora do ámbito científico-tecnolóxico
- Abel Turnes, titor do ámbito lingüístico-social
Adxuntamos, a continuación, o Plan de orientación para o presente curso.
SOLICITUDE DE BOLSAS PARA ALUMNADO CON NEAE CURSO 2023_24
Enviado por Dirección o Lun, 08/05/2023 - 08:54
Desde este luns 8 de maio e até o 20 de setembro estará aberto o prazo para a solicitude de bolsas destinadas ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.
Máis información na seguinte ligazón:
https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/general/05/050140/ficha/050140-2023.html
Anuncio da convocatoria
https://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-B-2023-12318
FEIRA DAS PROFESIÓNS (4 DE MAIO 2023)
Enviado por Dirección o Dom, 07/05/2023 - 00:04Tras aunar grandes esforzos, os departamentos de Orientación do IES de Brión, o IES de Ames e o IES Xulián Magariños de Negreira convocaron representantes dun amplísimo abanico de profesións e estudos que se deron cita no IES de Ames, para achegarllas a toda a comunidade educativa.
DECIDE O TEU FUTURO: FEIRA DAS PROFESIÓNS XOVES 4 DE MAIO
Enviado por Dirección o Mér, 03/05/2023 - 18:36TRIPTICO: ENLACE
Rachando cos mitos do amor román-TikTok ♥︎
Enviado por Anónimo o Mar, 15/02/2022 - 19:52Co gallo da celebración do 14 de febreiro, internacionalmente coñecido coma o Día de San Valentín ou Día dos namorados, o noso alumnado de 4º ESO afondou sobre os mitos do amor romántico e participou, en colaboración coa área de Igualdade do Concello de Brión e Psiconova, nesta Contracampaña ao 14F en ton humorístico.
Aquí vos deixamos diferentes TikTok co noso alumnado como protagonista. Esperamos que os desfrutedes e que vos sumedes tamén a rachar con estes mitos! ♥︎
Marta e Fernando (4º ESO C)
Álex e Álvaro (4º ESO C)
Antela (4º ESO B)
Marta e Candela (4º ESO C)
Paula e Sahínza (4º ESO C)
Candela e María (4º ESO C)
E grazas a todxs polo voso traballazo!!
OrientaLINE curso 2021/22
Enviado por Anónimo o Mar, 18/01/2022 - 14:54Xa temos actualizado o programa OrientaLINE para este curso académico!
Animádevos a navegar por el xa que vos resultará de axuda na vosa toma de decisións académicas e vocacionais. Para comezar só deberedes facer clic na imaxe e acceder a través de "Entramos".
Como novidades, no apartado de "Cuestionarios" dispoñedes de dúas novas opcións:
- Intelixencia emocional
- Intelixencias múltiples
Ambas opcións moi interesantes para aprender e reflexionar sobre nós.
Calquera cuestión, dúbida ou suxerencia, pasade polo Dpto de Orientación e falamos!
Marina
ORIENTALINE
Enviado por Dirección o Mér, 18/11/2020 - 13:13Preséntovos o programa Orientaline, nel poderedes atopar información sobre orientación
académica e profesional que seguro que vos pode resultar de gran utilidade:
- Formación profsional.
- Grados universitarios, Máster, etc.
- Ensinanzas artísticas superiores.
- Certificados de profesionalidade.
- Outros estudos.
- Cuestionarios sobre profesións.
- Cuestionarios para alumnado de 4º de ESO.
- Cuestionarios para alumnado de Bacharelato.
- Itinerarios.
Anímovos a que o empreguedes, só tendes que clicar na pestana que pon "Entramos" e
dirixirvos a porta que ten a información que vos interesa. Calquera dúbida preguntade no
Departamento de Orientación.
ENCONTROS VIRTUAIS COA USC
Enviado por Anónimo o Xov, 02/04/2020 - 11:12A USC (Universidade de Santiago de Compostela) dentro do programa A Ponte está organizando para os días 6, 7 e 8 de abril uns Encontros virtuais orientados ao alumnado e as familias. Nestas xornadas realizaranse presentacións das titulacións (titulos de grao da USC), obradoiros, retos e videoconferencias. Pódese acceder a partir do sábado 4 de abril a través do seguinte enderezo https://www.usc.gal/gl/encontros-virtuais
Contacto co departamento de orientación
Enviado por Anónimo o Mar, 31/03/2020 - 10:21Durante a crisis do COVID 19 , si queres poñerte en contacto co departamento de orientación podes facelo a través do enderezo da orientadora Esperanza
Despois de 2º de bacharelato
Enviado por Anónimo o Mar, 24/03/2020 - 11:55
Premendo nas imaxes da presentación podes acceder ás páxinas de interese

