Novas

RECREOS DINÁMICOS EN MARCHA

Xa están en marcha os Recreos Dinámicos. Novas actividades para os recreos que se veñen a sumar ás que había ata agora. Despois dun mes de novembro no que empezaron os Xogos tradicionais cos Trompos polo San Martiño. A semana pasada fixérono os Coffee break na biblioteca, conversa amena e entretida en Inglés. Esta semana tócalle empezar á actividade de Baile, o mércores 18 ás 10,05 no Salón de Actos. Na foto o equipo de monitor@s: Yolanda, Xoana, Noa e Diego. Ademais, está en marcha o obradoiro de Robótica no 1º recreo dos luns e dos xoves. Tamén se está a organizar o Campionato de Brilé que comezará despois do Nadal... E outras que irán xurdindo. Animádevos a participar!!!

ALMORZO SAUDABLE

Almorzo saudable 2 Bacharelato A

O pasado martes 3 de decembro o alumnado de 2º de Bacharelato A desfrutamos durante as dúas primeiras horas, dunha actividade que nos quedara pendente en Educación Física o curso pasado: un almorzo saudable!

Contamos coa axuda da profesora Carmen García que foi quen realizou a compra de diversos produtos saudables, de tempada e de calidade; e do persoal da cafetería, que nos prepararon un revolto de ovos e unhas torradas boísimas.

Fixemos grupos e repartimos as tarefas: cortar a froita, poñer a mesa, crebar as noces, recoller e limpar...

O almorzo gustunos moito, probamos cousas novas e descubrimos que comer san pode ser sinónimo de comer rico. Ademais, despois dun longo e intenso trimestre e xa rematados os exames, esta actividade serviunos para despexarnos, manter unha agradable conversa en grupo e cargar as pilas para todo o que queda por vir.

Para rematar, agradecemos a Carmen que quixese facer esta actividade con nós, desfrutamos moito dese tempo na súa compaña.

Alba Caamaño, Antía Cunqueiro, Tania García e Alba Muñiz, 2º Bacharelato A.

Prema aquí para ver todas as fotografías.

 

ENCONTRO CON PERSOAS MAIORES

Desde a titoría de 2º ESO A organizamos para este curso un proxecto de convivencia e aprendizaxe que consiste en varios encontros coas persoas maiores que van ás actividades organizadas no Centro Social Polivalente para eles. Foi posible grazas a Elena Remesar, a persoa encargada de coordinar ditas actividades. Na primeira xuntanza, (viñeron, oito mulleres e un home, das cales todas menos unha emigraron  para buscar unha vida mellor) , na sala de Usos Múltiples, comentáronlle aos rapazes como era o seu nadal cando tiñan a idade deles. Foi unha experiencia moi bonita e da que todos quedaron encantados. No segundo e terceiro trimestre repetiremos. Para rematar compartimos un biscoito na cafetería do centro.

BAILADELA TEATRO, CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Dende o grupo de teatro do IES de Brión BAILADELA TEATRO tamén quixeron manifestar o rexeitamento á violencia de xénero. Parabéns polo traballo!

CHÍOS CONTRA A VIOLENCIA

Fantástico traballo promovido dende a biblioteca: https://bibliobrion.blogspot.com/

Parabéns a todas e todos os participantes, especialmente aos noso rapeiros David e Yassin!

O IES DE BRIÓN CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Na foto unha mostra de como o alumnado de 4ºB manifesta o rexeitamento á violencia de xénero. Ao longo do día 25 de novembro haberá máis mostras...

Actividades na natureza 1º de Bacharelato: valoración.

Podedes ler no arquivo adxunto os resultados dunha enquisa de valoración da actividade realizada polo alumnado de 1º de Bacharelato.

Parabéns a todos os participantes!

Actividades na natureza 1° de Bacharelato: terceiro día.

Último día da excursión, despois de almorzar camiñamos ata unha parada de bus, onde dous buses nos levaron ata o sitio donde embarcamos, alí despois de sacar as fotos de grupo, coller o material de seguridade necesario e que os monitores nos ensinaran o que había que facer na embarcación por fin comezou a travesía, pasamos por varios rápidos moi bonitos ademáis de entretidos xa que había que facer algo todo o tempo. Na mitade do camino mais ou menos, fixemos unha parada para facer un salto desde unha rocha a unha boa altura. Saltamos case todos, por suposto despois de que nos dixeran como se facía, foi unha experiencia inolvidable xa que arecía que non había tanta distancia ata o auga pero cando saltabas parecía que non chegabas ao auga, mais tarde despois de mais rápidos, deixaronnos facer unha parte da travesía a nado, na posición de seguridade, o auga estaba a moi boa temperatura e estabase moi ben, despois fixemos un par de rápidos mais xa coñecidos porque os fixeramos no kayak o día anterior, en xeral unha actividade inolvidable con unha compañía inmellorable.

Podedes ver todas as fotos pinchando aquí.

Despois da actividade de rafting pola mañán, voltamos ás instalacións de Arrepións, para ducharnos e cambiarnos de roupa. Logo comemos nuns bancos ao aire libre. Tras o xantar, un dos monitores explicounos a actividade de orientación, tivemos que localizar unha serie de puntos debuxados nun mapa cunha brúxula. Despois desta actividade fixemos sendeirismo percorrendo 6km pola beira do río Miño para finalmente coller o autobús cara Rivadavia.

Pareceunos unha actividade moi interesante, aínda que acabamos moi cansados pola gran distancia que percorremos.

Ao rematar o roteiro de sendeirismo, collimos o autobús cara Rivadavia que é un pequeno municipio en Orense. Alí tivemos arredor duns 40-50 minutos para visitar o lugar pola nosa conta. Puidemos ver o Castelo dos Condes por fora e logo descansamos nun banco ata que chegara o autobús para regresar a Brión.

Actividades na natureza 1° de Bacharelato: segundo día.

O segundo día dividimonos en dous grupos de 20 persoas para realizar esta actividade, uns pola mañá e outros pola tarde.
A actividade consistiu en descender sobre o río Miño, nun kayak en parellas. En canto a nosa experiencia por parte de ambos grupos, gústounos moito porque os monitores que nos acompañaron era moi agradables e atentos e a actividade resultounos entretida debido a que descendíamos a toda velocidade polos rápidos. Pasóusenos o tempo voando!

Despois de xantar o noso grupo tocoulle a actividade de barranquismo e fomos  a un río que era subafluente do Miño.
Alí decendemos por este con moito coidado de non esvarar, aínda que houbo numerosas caídas e esvaramentos. Estivemos alí unha hora e cuarto e iso que o outro grupo tardou media hora máis. Ao rematar a actividade, volvemos as instalacións de Arrepións a ducharnos e a merendar.                      Para rematar volvemos ao albergue. 
A actividade estuvo moi entretida e pasousenos o tempo voando a todos. 

Ao volver ao albergue, xurdiu a idea de realizar un xogo de mímica  entre todos, os profesores incluidos.

Para a elaboración da actividade, os líderes de cada cuarto xuntáronse para debater o seu funcionamento.

Houbo imitacións de todas as clases, unhas máis divertidas ca outras, sin embargo houbo risas con todas .

Podemos dicir que foi unha actividade na cal o grupo interactuou e compartiu momentos divertidos.

Actividades na natureza 1° de Bacharelato: primeiro día.

Ás 10:45 h. collemos o barco ás Illas Cíes. Ao principio estivemos sentados na parte descuberta do barco, tirando fotos. Logo baixamos á parte cuberta e xogamos ás cartas.

Pasámolo tan ben que sen darnos conta xa eran sobre as 11:30 h e estabamos chegando as Cies.

En resumo, foi moi entretida e foi divertido.

Baixamos do barco, e antes de comenzar a camiñata, presentaronse os guías e contaronnos o básico das Illas Cíes, por exemplo de onde ven o seu nome. O noso destino final era o faro, e mentres iamos cara alí, fixemos distintas paradas, onde nos explicaban curiosidades do lugar. Despois de subir unha longa costa, chegamos a alí e puidemos disfrutar das vistas.
Na nosa opinión, a camiñata pareceunos interesante e divertida, aínda que a subida cansounos bastante. As paradas que máis nos gustaron foron o Lago dos Nenos e Pedra da Campá.

A TARDE DO MÉRCORES

Desembarcamos do barco cara Samil ás cinco. Ao chegar ao paseo tivemos tempo libre onde descubrimos Samil. Ás sete da tarde collemos o bus para ir cara ao albergue onde dormiremos estes días. No bus estivemos cantando cancións da nosa infancia e pasoumos moi rápido a viaxe.

Distribuir contido