Novas

CONFERENCIA 11F: HISTORIA DUNHA INVESTIGADORA: A VACINA COVID-19

O pasado xoves 25 de febreiro, os alumnos e alumnas de 4º de ESO de Ciencias, asistimos a unha videoconferencia na que Mireya López Borrajo, investigadora no laboratorio MJ Alonso LAB, contou a súa experiencia como investigadora na vacina da covid-19 e como muller na Ciencia.
Conferencias 11F: Mireya López Borrajo

Mireya é unha das galegas que están a investigar nunha vacina contra a covid-19. Durante a charla Mireya espuxo o esforzo e adicación que require un proxecto dese calibre, como traballar contrarreloxio ata 12 horas ao día ou renunciar a vacacións. Porén, ela pensa que estas accións van pagar a pena cando toda a poboación estea vacinada e cando, pouco a pouco, a pandemia sexa erradicada. Ademais, explicounos como funcionaba o virus da covid, a súa estrutura e as vacinas que na actualidade se están poñendo. Tamén fixo un percorrido pola súa experiencia formativa ata a actualidade como investigadora predoutoral nun laboratorio de prestixio a nivel mundial, contándonos as dificultades na carreira científica, suplidas con esforzo, interese e búsqueda de oportunidades. Ela tivo que traballar moi duro, máis como resultado na actualidade está formándose nunha área que lle gusta, axudando a protexer a saúde de miles de persoas. Julia González, Laura Pérez, Eirena Souto, Martina Sambade. Alumnas de 4º D e 4º C. Desde o IES de Brión agradecemos a Mireya a súa participación na videoconferencia.

DÍA INTERNACIONAL DA NENA E MULLER NA CIENCIA

UNHA XINCANA DIDÁCTICA

Por mor do cansanzo acumulado durante o trimestre, cara finais do mesmo, a necesidade de actividades máis relaxadas e diferentes facíase notar.

É aquí onde entra esta actividade do departamento de Educación Física; que se ben era diferente, non tiña nada de relaxada! Consistiu nunha xincana con preguntas sobre bádminton e sobre localizacións concretas da nosa vila. Cada estación tiña un código QR a escanear, que daba as preguntas a responder e indicaba as coordenadas no mapa cara a seguinte.

Desta maneira, alternando entre correr, trotar e andar, percorrimos todos os arredores do instituto, indo dende o campo de fútbol ata a biblioteca pública e dende o ximnasio ata residencia de maoires.

Aínda que o tempo atmosférico foi tan feroz coma os rivais, ó final todos logramos acabar a actividade respectando o tempo límite. En conclusión, foi unha boa forma de amenizar o último día, aprendendo sobre a nosa vila, repasando os contidos de bádmintón dobres traballados durante o trimestre na clase de Educación Física, e cumprindo o propósito da materia, MOVERSE!

Por Tomás M. Stetson Roch, 1º Bacharelato A

XOSÉ VIZOSO. CARTEIS 1970-2016

Dende o pasado venres día 11 de decembro, o IES de Brión acolle parte da mostra "XOSÉ VIZOSO. CARTEIS 1970-2016".

Esta mostra, que xa puido verse en diversas ocasións en salas de toda Galicia, recala agora, de forma fragmentada, en tres centros de ensino da nosa contorna: O IES Rosalía, o CEIP de Pedrouzos e o IES de Brión.

O alumnado terá ocasión de apreciar a obra cartelística dun artista polifacético que, pese a centrar o seu traballo no deseño de pezas cerámicas en Sargadelos (onde entrou a traballar en 1968 da man de Isaac Díaz Pardo), abarcou outros campos como o deseño e ilustración de libros e o cartelismo.

Queremos agradecer, unha vez máis, a xenerosidade deste mindoniense ilustre afincado en Brión co noso centro e o seu alumnado.

 

OBRADOIRO DE BAILE TRADICIONAL GALEGO PARA 2º ESO

O alumnado de 2º de ESO participou nun Obradoiro de Baile Tradicional Galego nas súas horas de Educación Física os días 23 e 25 de novembro.

Miguel Barbazán, ex-alumno do instituto e membro da Asociación Cultural Cantigas e Agarimos foi o mestre deste Obradoiro.

O alumnado aprendeu, dun xeito práctico, dous dos bailes "soltos" máis característicos galegos, muiñeira e maneo.

Fixemos exercicio, pasámolo ben e aprendimos algo novo da nosa cultura!

Parabéns aos participantes e a poñer o aprendido en práctica nas foliadas, en canto a Covid nos deixe.

Podedes ver a galería completa de imaxes nestes enlaces:

25 N NO IES DE BRION

O IES de Brión  Súmase a iniciativa BRIÓN EN NEGRO CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA .O dia 25N convidamos a toda a comunidade educativa a vir vestida de negro, co obxectivo de amosar publicamente a nosa repulsa contra a violencia machista.

Co lema   “Se é amor, non doe"    dende a Biblioteca fíxose  unha selección de lecturas que están  á nosa disposición.Escolleuse  tamén  unha serie de curtas en varias linguas, pois a violencia contra as muleres está presente en todas as sociedades e culturas..  O mércores visionaránse  na biblioteca. 

Tamén sumouse co cancelo #BibliotecasSTOPViolencia para visibilizar as iniciativas deste día.

O cartaz e selección de curtas

https://bibliobrion.blogspot.com/2020/11/25-novembro-dia-internacional-contra.html

Como estabamos a traballar co Origami,  engadimos  a esta iniciativa

Navega en igualdade, fai o teu barquiño:  https://bibliobrion.blogspot.com/2020/11/navega-en-igualdade-fai-tua-barquina-de.html

 Dende o Equipo de Normalización lingüística  convocouse   un concurso de HAIKUS (1º, 2º e 3º ESO)  e MICRORRELATOS (4º ESO e BACH) co lema 25 novembro VIOLENCIA = 0

VER CARTAZ

Dende o Departamento de Orientación, traballarase   co alumnado de 3º e 4º de ESO nas  horas de titoría  os distintos tipos de violencia de xénero e os  mitos do amor romántico.

 NON TES DISCULPA PARA NON SUMARTE 

 PARTICIPA NALGUNHA DAS ACTIVIDADES PROGRAMADAS

 

COMEZAMOS CO CLUB DE LECTURA!

 Comezamos coas actividades do noso club de lectura. Se queres compartir lecturas con nós, xa sabes, anótate nesta ligazón antes do 28 de outubro. Este ano teremos grupos reducidos, así que non te demores, as prazas son limitadas!

COMUNICADO DO PROFESORADO DO IES DE BRIÓN

Comunicado do Claustro de profesorado do  IES de Brión reclamando medidas para unha adecuada planificacion do curso 20/21 en situación de Pandemia:

DESCARGAR ARQUIVO

ALIMÉNTATE BEN!!

Este ano o IES de Brión comezou a súa andaina dentro do Plan Proxecta Aliméntate Ben.  A través da inclusión no proxecta, buscábase iniciar ao alumnado e á comunidade educativa nunha educación e cultura alimentaria que fixera reflexionar e concienciar sobre a importancia dos hábitos alimentarios, non só dende un punto de vista saudable senón responsable co medio natural.

Entre as actividades realizadas:

·        Gravación dun programa de radio co alumnado de 1º de Bacharelato de Anatomía  Aplicada cun debate cuxa temática foi  "Alimentación natural fronte a comida rápida".: https://radiodoiesdebrion.wordpress.com/

·        Almorzo saudable co alumnado de 2º de Bacharelato. Ver na ligazón https://www.edu.xunta.gal/centros/iesbrion/node/3185

        

Viñetas de banda deseñada sobre hábitos e alimentación saudable co alumnado de 1º da ESO na materia de EPVA. (Accede dende o botón).

Algunhas das nosas actividades víronse truncadas debido á suspensión das clases, mais iso non foi escusa para  non seguir traballando contidos relacionados coa alimentación e os hábitos saudables a través da rede. Polo que durante o confinamento aproveitamos para elaborar pratos ricos e saudables.

·       

Almorzo, xantares e merendas saudables, elaboradas polo alumnado de 2º da ESO de Promoción de Estilos de Vida Saudable. Ver na ligazón https://www.youtube.com/watch?v=xdL57STnewU

·       

Pirámides saudable,  construídas polo alumnado de Promoción de Estilos de Vida Saudable. Ver na ligazón https://www.youtube.com/watch?v=Lb0fsMdARHQ

·       

Receitario cunha escolma de pratos saudables, ricos e moi saborosos elaborados polo alumnado de 1º de Bacharelato na materia de Educación Física. (Accede dende o botón).

Podedes consultar todas as receitas na canle de YouTube “AliméntateBen Brión”

https://www.youtube.com/channel/UC3SRAdSKIRjnAIKDIb3hb5Q/videos

 

Merca Produtos de Proximidade, Consume Alimentos de Tempada, Recicla, Reutiliza, Coida o Planeta...

 COCIÑA E COME COS SENTIDOS!!

 

VIÑETAS SAUDABLES 
RECEITARIO

FORMULARIOS DE PREMATRÍCULA CURSO 20-21

Dende o IES de Brión queremos coñecer a escolla de optativas do noso alumnado para o curso 20-21; para iso poñemos á vosa disposición o seguinte formulario de prematrícula. Por favor, cubrídeo e enviádeo antes do xoves, día 11 ás 15 h. Para acceder pediravos a vosa conta de correo iesbrion.

Poñede atención, tede en conta que a vosa escolla determinará a configuración dos itinerarios do curso que ven.

 

 

Distribuir contido