Novidades
BIBLIOTECA
Enviado por admin o Dom, 27/09/2015 - 16:55BLOG DA BIBLIOTECA DO IES DE BRIÓN:
Neste blog encontraredes todas as novidades e actividades relacionadas coa Biblioteca.
11F: DÍA DA MULLER E NENA NA CIENCIA
Enviado por Dirección o Lun, 20/02/2023 - 18:57REAPERTURA DA NOSA BIBLIOTECA: UNHA BIBLIOTECA LIA
Enviado por Dirección o Sáb, 01/10/2022 - 21:22Despois dun verán de traballos e dun comezo de curso rematando de colocar o equipamento e distribuir os espazos, conseguimos inaugurar a nosa nova biblioteca. Foi un camiño longo e traballoso pero aquí tedes o resultado. Para saber de onde vimos e como foi a nosa evolución fixemos este video:
MES DA CIENCIA EN GALEGO NA BIBLIOTECA
Enviado por Dirección o Xov, 23/12/2021 - 13:11Neste pasado mes de novembro, a nosa biblioteca estivo chea de actividade!
Todas as semanas con propostas de retos, lecturas e aprendizaxes varias nas que participou alumnado de todos os niveis e nas que uns aprendimos doutras e viceversa.
Foron unhas semanas magníficas que temos que agradecer ao alumnado e profesorado que participou. Aqui tedes o resumo!
RECOMENDACIÓNS LECTORAS: LECTURAS CON-CIENCIA
Enviado por Dirección o Xov, 23/12/2021 - 13:09Despois de pasar este mes con actividades científicas, que mellor que dedicar as nosas recomendacións ás Lecturas Con-Ciencia. Accede picando na imaxe:
II CERTAME CULTURAL IES DE BRIÓN- MAIO 2021
Enviado por Dirección o Mér, 19/05/2021 - 19:27O xurado do II Certame Cultural IES de Brión-Maio 2021 estivo composto por Dª Sandra Souto e D. Xabier Lorenzo en representación do Instituto e Dª Mª José Piñeira, Dº José Manuel Velo e Dª Patricia Iglesias como representantes da ANPA.
Á hora de establecer os galardóns, valorouse a calidade dos traballos presentados, a súa orixinalidade, a inspiración no lema proposto e tamén o respecto ás bases da convocatoria. Lembramos que nelas había unha referencia expresa ao uso do galego, tendo en conta ademais que esta cita está pensada para festexar o Día das Letras.
Nesta edición incrementouse o número de participantes na modalidade de Relato Curto, onde o xurado acordou conceder ademais dos dous premios establecidos, un accésit, polo interese das narracións e as temáticas propostas. Así mesmo acordou deixar desertas as modalidades e categorías onde os traballos presentados non acadaban os requisitos previamente apuntados.
Agradecemos o esforzo mostrado polo alumnado participante no Certame. Animámosvos a continuar traballando e sumarvos ás vindeiras edicións. Tedes moito talento!.
A exposición dos traballos e a entrega de premios terá lugar o vindeiro venres 21 ás 12:05 na Biblioteca.
CERTAME CULTURAL 2021
Enviado por Dirección o Xov, 08/04/2021 - 12:13Para acceder as bases do concurso preme no seguinte enlace: BASES
OBRADOIRO DE RADIO
Enviado por Dirección o Lun, 22/03/2021 - 12:21

ORIGAMI NA BIBLIO: UN TRIMESTRE DE ACTIVIDADES
Enviado por Dirección o Mar, 22/12/2020 - 12:08Enviámosvos o enlace ao video-resumo das actividades sobre origami que se realizaron ao longo deste trimestre, aí tamén podedes escoitar os relatos que realizaron os alumnos e alumnas e gravamos na radio.
ENLACE AOS RELATOS DO ALUMNADO
Felicitar a todas e todos os que participaron, xa que se trataba de participar e aprender en común.
Agradecer enormemente a todo o profesorado que se implicou para participar ou facer que o seu alumnado participara no proxecto, cremos que xuntar destrezas e disciplinas distintas axúdanos a aprender mellor.
Por último, achegámosvos as recomendacións lectoras para estas vacacións, baixo o lema "Lecturas diversas para xente diversa", neste caso arredor de tres eixos: cómic, ciencia e mulleres de premio; atoparedes estes libros e moitas outras novidades na biblioteca.
https://bibliobrion.blogspot.com/2020/12/recomendacions-lectoras-lecturas.html
Boas vacacións e boas lecturas!
Equipo de biblioteca
