Recuncho do lector

ENCONTRO COA ESCRITORA ANTÍA YÁÑEZ

Tivemos a sorte de ser seleccionadas polo Ministerio de Cultura y Deporte como un dos centros escollidos no Programa de actividades literarias en institutos e escollemos a Antía Yáñez, unha das nosas escritoras favoritas, coa que xa tiveramos contacto no pasado pola lectura das suas obras no Club de lectura, para que nos visitara e poder coñecela en persoa. Unha oportunidade da que gozará o alumnado de 1º de ESO e do Club de lectura que acaban de ler obras súas. 
Unha gran sorte compartir este encontro cunha gran escritora!

Benvido ao Recuncho do lector/a!

Lector

 

O recuncho do lector da Biblioteca do Ies de Brión pretende ser un foro aberto a tod@s.
Un lugar onde atopar ás últimas novidades bibliográficas que incorporamos á Biblioteca, un lugar onde podes informarte sobre actividades relacionadas co libro e a lectura.
Un espazo participativo, para que poidas facer as túas suxerencias para mellorar a Biblioteca, para que compartas as túas experiencias lectoras con outros usuarios.

Un lugar de creación literaria, onde podes compartir os teus relatos ou poesías co resto de lectores...
Todo isto, e o que ti queiras, pretende ser este recuncho. Anímate a participar!!

Distribuir contido