11F: DÍA DA MULLER E NENA NA CIENCIA
Enviado por Dirección o Lun, 20/02/2023 - 18:57
Aproveitamos o Día da muller e a nena na ciencia para presentar e promover os nosos fondos informativos sobre ciencia e científicas e como en anos anteriores, facemos unha olimpíada para coñecer e dar a coñecer mulleres científicas dalgunha disciplina. Neste ano, investigamos sobre as físicas. O alumnado de 2º de ESO realizou posters para presentar algunhas delas, material que logo utlilizou todo o alumnado para buscar información e respostar as preguntas que se propuxeron diariamente. Ademais puzzles científicos tanto en cartón como dixitais complementaron unha semana na que o alumnado ateigou a biblioteca.
Neste video atoparedes un resumo das actividades e aquí posters e puzzles
Feliz antroido!
Equipo de biblioteca