Departamento de Debuxo

_

Enviado por centro o Mar, 19/01/2038 - 05:14

 

 

Aulas na rede
 
 

   

Proxectos interdisciplinares
 
  

A DISCO DEMOLITION

Enviado por admin o Ven, 25/05/2018 - 17:36

Programa radiofónico realizado por Marta Fabeiro, Lucía Martínez, Alba Rey, Carmela Vieites e Pablo Villar na materia de Imaxe e Son (2º Bach).

Podes atopar máis traballos deste alumnado aquí.

Save

VOSTOK 9.

Enviado por admin o Ven, 25/05/2018 - 00:00

Animación realizada por Simón García-Bodaño Vilaseco, Xosé Lois Piñeira e Martiño Lorenzo García na materia de Imaxe e Son (2º Bach).

Save

Save

MIRANDA E OS PEIXES

Enviado por admin o Dom, 11/03/2018 - 23:19

“Miranda e os peixes” é unha curta realizada por alumnado de Imaxe e Son a partir dun relato homónimo escrito por Ismael Ramos. Este texto foi galardoado en 2012 co 2º premio na 3ª categoría da modalidade narrativa no IX Certame Literario do Concello de Ames. Participan na adaptación, dirección, produción e realización Marta Fabeiro, Lucía Martínez, Alba Rey, Carmela Vieites, Estefanía Villa e Pablo Villar.

Save

Save

CHEGA O NADAL

Enviado por Aida o Xov, 21/12/2017 - 12:14

MELLORES FELICITACIÓNS DE NADAL FEITAS POLO ALUMNADO DE 1ºA ESO E 1º B ESO

SAMAÍN NO IES DE BRIÓN

Enviado por Aida o Xov, 16/11/2017 - 17:32

Actividade realizada con follas de árbores polo alumnado de 1º ESO A e 1º ESO B.

Save

VISITA Á EXPOSICIÓN "CARTEIS 1970-2014"

Enviado por admin o Ven, 26/02/2016 - 00:03

O alumnado de 4º ESO coa materia de Educación Plástica e Visual visitou o xoves 25 de febreiro a exposición "Carteis 1970-2014" de Xosé Vizoso na Sala de Exposicións Municipal da Casa da Cultura de Brión.

Esta visita foi moi especial xa que o propio artista recibiu ao alumnado. Unha oportunidade extraordinaria para aproximarse á obra cartelística deste polifacético artista mindoniense afincado en Brión.

Logo de realizar un percorrido pola mostra explicando os aspectos máis relevantes dalgús dos carteis expostos, Vizoso mantivo unha conversa cos estudantes aos que amosou bosquexos e apuntes da súa obra.

Vizoso falou dos personaxes que aparecen nos seus carteis, de composición, de tipografía, pero sobre todo de ganas e traballo, moito traballo, para conseguir realizar unha obra que exprese con intensidade o tema que un está a desenvolver.

Grazas Vizoso polo teu tempo.

OBRADOIRO DE SERIGRAFÍA 4º ESO

Enviado por admin o Mér, 24/02/2016 - 23:20

O mércores 24 de febreiro o alumnado de 4º ESO coa materia de Educación Plástica e Visual desenvolveu un obradoiro intensivo de serigrafía dirixido por Andrea Fernández de La Platanera. Ao longo de dez horas de traballo o alumnado puido aproximarse aos diferentes aspectos desta técnica, elaborando as súas propias imaxes dende a realización de fotolitos e pantallas ata a estampación seriada sobre téxtil cartolina, cartón e madeira.

OBRADOIRO DE SERIGRAFÍA 3º ESO

Enviado por admin o Mér, 17/02/2016 - 00:43

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

O martes 16 de febreiro de 2016 o alumnado de 3º ESO participou nun obradoiro de serigrafía impartido por Andrea Fernández de La Platanera.

A sesión teórico-práctica desenvolvida introduciu ao alumnado nesta técnica de impresión a trávés dunha demostración das diferentes fases do proceso.

Os/as alumnos/as realizaron cadansúa serigrafía que puideron complementar e personalizar cuns selos tallados en goma con técnicas xilográficas.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

ENGRENAXE

Enviado por admin o Xov, 25/10/2012 - 13:53

Con motivo do Día da Ciencia e da Tecnoloxía en Galego 2012, o alumnado de Debuxo Técnico II (2º de Bach) estivemos construíndo con Geogebra un engrenaxe cos perfís dos dentes baseados nunha evolvente.

Preme nas imaxes para ver as construcións en Geogebra

 

Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
Drupal theme by Kiwi Themes.