VISITA Á EXPOSICIÓN "CARTEIS 1970-2014"

Enviado por admin o Ven, 26/02/2016 - 00:03

O alumnado de 4º ESO coa materia de Educación Plástica e Visual visitou o xoves 25 de febreiro a exposición "Carteis 1970-2014" de Xosé Vizoso na Sala de Exposicións Municipal da Casa da Cultura de Brión.

Esta visita foi moi especial xa que o propio artista recibiu ao alumnado. Unha oportunidade extraordinaria para aproximarse á obra cartelística deste polifacético artista mindoniense afincado en Brión.

Logo de realizar un percorrido pola mostra explicando os aspectos máis relevantes dalgús dos carteis expostos, Vizoso mantivo unha conversa cos estudantes aos que amosou bosquexos e apuntes da súa obra.

Vizoso falou dos personaxes que aparecen nos seus carteis, de composición, de tipografía, pero sobre todo de ganas e traballo, moito traballo, para conseguir realizar unha obra que exprese con intensidade o tema que un está a desenvolver.

Grazas Vizoso polo teu tempo.


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
Drupal theme by Kiwi Themes.