Ciencias da Natureza, Bioloxía e Xeoloxía
HISTÓRICO:
Enviado por Dirección o Sáb, 29/02/2020 - 00:38PRESTIGE 2012. Décimo aniversario EDUCACIÓN AMBIENTAL
dunha catástrofe En bici polo medio natural.....
Departamento de Ciencias da Natureza, Bioloxía e Xeoloxía
Enviado por Anónimo o Xov, 26/04/2007 - 12:53O departamento de Ciencias Naturais, Bioloxía e Xeoloxía está composto por:
Lorena B.A.
Manuela J. Q. S.
J. Carlos Freiría Tato - Xefe de departamento
No departamento impártense as materias de Bioloxía e Xeoloxía, Bioloxía , Anatomía Aplicada e Promoción de Estilos de vida saudable.
1º ESO | 3ºESO | 3º PDC AMBITO CIENTÍFICO | ||
ANATOMÍA 1º BAC | 1º BAC | 2º BAC | ||
4º ESO | PROXECTO C. 3º ESO |
PARABÉNS AO NOSO ALUMNADO OLÍMPICO DE XEOLOXÍA!!
Enviado por Dirección o Ven, 09/02/2024 - 00:17Alumnado de 4° de ESO e 1° de Bacharelato participou na Olimpíada de Xeoloxía celebrada en Santiago de Compostela o pasado mércores 7 de febreiro.
Parabéns a Julia Rama, gañadora do accésit de 4°, e a Pablo Vidal, gañador do 2° premio, acadando así o pase á fase nacional que se celebrará o vindeiro 13 de abril en Zamora.
Moito éxito!
FELICITACIÓNS POLA ADICACIÓN E INTERESE NA XIII OLIMPÍADA DE XEOLOXÍA
Enviado por luz o Xov, 17/02/2022 - 15:19Unha representación do alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato participou na XIII Olimpíada de Xeoloxía celebrada o 16 de febreiro na Cidade da Cultura.
Parabéns a todos eles e elas, especialmente a Maruxa Garaboa Penabad polo premio accésit de 4º de ESO e Eirena Souto Pazó polo 1º premio acadando a máxima cualificación na sede provincial de Coruña, formando parte do equipo galego para representar á nosa comunidade na fase nacional que se celebrará o vindeiro 26 de marzo en Almería.
Noraboa
Adaptación da Programación. Curso 2019/
Enviado por Carlos o Mér, 13/05/2020 - 12:55ADAPTACIÓN DA PROGRAMACIÓN. CURSO 19/20
Exposición sobre especies invasoras
Enviado por Anónimo o Lun, 25/02/2019 - 17:59Estes días na entrada do IES de Brión temos a exposición sobre especies exóticas invasoras "UNHA INVASIÓN SILENCIOSA. A BIODIVERSIDADE BAIXO AMEAZA". Merece a pena parar un pouco a vela e reflexionar sobre un problema tan grave como esquecido, contra o que quizais podemos facacer algo. Botádelle un ollo!
Mellor equipo na olimpíada de Xeoloxía en Santiago
Enviado por Anónimo o Lun, 25/02/2019 - 17:43As alumnas de 1º de Bacharelato Tania García, Antía Cunqueiro, Andrea Antelo e Alba Muñiz e o alumno Miguel Gil gañaron o premio ao mellor equipo na olimpíada de xeoloxía celebrada o pasado 13 de febreiro en Santiago, empatados con un grupo do IES Virxe dom Mar de Noia. Xeoloxía e traballo en equipo van da men, neste evento no que o noso alumnado destacou. Parabéns!
12 ALUMNOS E ALUMNAS DE 4º ESO PARTICIPAN NA FASE GALEGA DA IX OLIMPÍADA DE XEOLOXIA
Enviado por Anónimo o Ven, 09/02/2018 - 22:05Unha representación do alumnado de 4º de ESO participou o pasado mércores día 7 de febreiro na fase galega da IX olimpíada de xeoloxía en Santiago de Compostela. Parabéns a todos eles e elas, especialmente a Marta Rodríguez Lorenzo que conseguíu o premio Accesit para 4º ESO pola provincia da Coruña. Parabéns Marta!
ACCÉSIT DE 4º ESO NA FASE GALEGA DA VIII OLIMPÍADA DE XEOLOXÍA
Enviado por Anónimo o Xov, 16/02/2017 - 11:54Un ano máis estamos de noraboa!
Esta vez foi Alberte X. López Freire Accésit de 4º ESO na VIII Olimpíada de Xeoloxía convocada por AEPECTGALICIA que demostrou que a Xeoloxía se move no IES de Brión.
Parabéns Alberte!
PREMIO ACCESIT NA OLIMPÍADA DE XEOLOXÍA
Enviado por Anónimo o Mar, 23/02/2016 - 21:23Estamos de noraboa! A nosa alumna de 4º de ESO Belén Moldes conseguiu o premio accesit de 4º de ESO na VII Olimpíada de Xeoloxía celebrada o mércores 17 na Facultade de Bioloxía en Santiago.
Parabéns Belén!
- 1
- 2
- 3
- seguinte ›
- última »