Actividades
Obradoiro de cociñas solares
Enviado por admin o Lun, 23/03/2015 - 21:21O día 23 de marzo desenvolveuse no IES de Brión un obradoiro sobre cociñas solares. Esta actividade enmárcase no ciclo de charlas e obradoiros organizados polo CEIP de Pedrouzos arredor do Día da Muller, e na celebración do Ano Internacional da Luz.
Neste obradoiro alumnado de 3º de ESO e 1º de Bacharelato que cursa as materias de Tecnoloxía Industrial e Debuxo Técnico, explicou ao alumnado de 6º de primaria o funcionamento das cociñas solares. Trataron aspectos relativos ao deseño, á construcción, ao aproveitamento enerxético e as dimensións socioeconómica e medioambiental.
A partir das cociñas construídas no centro nos cursos 2009/10 e 2012/13, o alumnado de primaria tivo a oportunidade de construír o seu propio reflector.
Paralelamente, e a pesar do pouco que se deixou ver o Sol nesta mañá da recén estreada primavera, fíxose unha demostración do funcionamento deste tipo de cociñas, fervendo auga e... cocendo un ovo!
CHARLA TEMÁTICA" O BOSÓN DE HIGGS"
Enviado por centro o Ven, 27/02/2015 - 13:42O departamento de Física e Química e Vicedirección organizan a charla temática " O bosón de Higgs" dentro do Programa A Ponte da USC o vindeiro 5 de marzo de 12:25 a 13:15 horas, para o alumnado de 1º e 2º de Bacharelato e 4º A
OBRADOIRO QUÉROTE+
Enviado por centro o Mar, 10/02/2015 - 13:51
O departamento de Orientación organiza un obradoiro Quérote+ de educación afectivo-sexual para o alumnado de 3º de ESO o 27 de febreiro na sala de usos múltiples. O obradoiro desenvólvese no seguinte horario: 10:25 a 12:05 para o alumnado de 3º A e PDC 12:25 a 14:05 para o alumnado de 3º B |
![]() |
OLIMPÍADA DE XEOLOXÍA
Enviado por centro o Mar, 03/02/2015 - 13:18O Departamento de Bioloxía e Xeoloxía organiza a participación na fase galega da VI Olimpíada de Xeoloxía para alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato o día 11 de febreiro de 2015 de 10:05 a 19:00 horas.
ALUMNADO DE 4º PARTICIPA NO 7º OBRADOIRO-CONCURSO GALEGO DE ROBÓTICA
Enviado por centro o Sáb, 31/01/2015 - 21:23Un grupo de alumnos/as de 4º de ESO de Tecnoloxía, participa no 7º obradoiro-concurso galego de robótica, organizado por Igaciencia e a Fundación Barrié.
A participación do alumnado do noso instituto terá lugar o vindeiro luns 2 de febreiro de 16:00 a 18:00 horas na sede da Fundación Barrié en A Coruña.
Información sobre a actividade vía: educaBarrié
A nova na prensa:
VISITA A FACULTADES DA USC
Enviado por centro o Mér, 28/01/2015 - 13:13O departamento de Orientación organiza a visita a distintas facultades da Universidade de Santiago de Compostela situadas no Campus Vida e no Campus Norte o vindeiro mércores 4 de febreiro de 9:30 a 14:05, para o alumnado de 1º e 2º de Bacharelato.
VISITAS CULTURAIS
Enviado por centro o Ven, 16/01/2015 - 14:08Os departamentos de Lingua Castelá e Biblioteca organizan:
- Visitas culturais ao Museo de La Voz de Galicia
- Visita á Casa- Museo de Emilia Pardo Bazán
para o alumnado de 4º de ESO: 4º A, 4º B e 2º PDC, o xoves, 29 de xaneiro de 8:30 a 16:30 horas
VISITA AO PARLAMENTO DE GALICIA
Enviado por centro o Ven, 16/01/2015 - 14:01O departamento de Filosofía e dinamización linguística organiza a visita ao Parlamento de Galicia para o alumnado de 2º de ESO o martes, 20 de xaneiro de 8:45 a 11:30 hora
XOGOS POPULARES
Enviado por Anónimo o Xov, 06/11/2014 - 00:47XOGOS POPULARES NO IES DE BRIÓN
Data: Martes, 11/11/2014 de 16:15 a 17:55
Grupos: 1º e 3º de ESO
Organización:
Alumnado de 3º de ESO
-
Serán os encargados do desenvolvemento da actividade e de explicar o regulamento dos xogos.
-
O alumnado distribuirase en grupos de 4 ou 5.
-
Cada grupo estará identificado cun sinal identificativo que levará o coordinador pegado nun peto.
-
Cada grupo permanecerá durante toda a actividade desenvolvendo o seu xogo.
-
Alumnado de 1º de ESO
-
Serán os que realizarán os xogos baixo a supervisión do alumnado de 3º de ESO.
-
O alumnado distribuirase en grupos de 4 ou 5.
-
Cada grupo permanecerá un tempo nun xogo e logo irá rotando.
-
Profesorado
-
Departamento de Normalización Lingüística, Departamento de Educación Física, Vicedirección, Orientación e Profesorado titor dos grupos correspondentes.
Documentación
V DÍA DA CIENCIA EN GALEGO
Enviado por centro o Mar, 04/11/2014 - 00:01
O Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística en colaboración co departamento de Tecnoloxía organizan a Videoconferencia " A ciencia da programación de ordenadores (tamén en galego)" impartida por Manuel Caeiro Rodríguez, para o alumnado de 4º de ESO e o alumnado que curse a materia de TIC en 1º de Bacharelato. |
A videoconferencia terá lugar o mércores 5 de novembro de 12:00 a 13:00 horas na aula de usos múltiples do IES de Brión e responde á proposta da Coordinadora Galega dos Equipos de Normalización e Dinamización Linguística de celebración do V día da Ciencia e Tecnoloxía en Galego. Manuel Caeiro Rodríguez é doutor en Enxeñaría de Telecomunicación e profesor na Escola de Enxeñaría de Telecomunicacións na Universidade de Vigo. Responsable da rede TELGalicia sobre innovación educativa e da aplicación. |
![]() |
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- …
- seguinte ›
- última »
