Actividades
O Departamento de Bioloxía e Xeoloxía organiza a participación na fase galega da VI Olimpíada de Xeoloxía para alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato o día 11 de febreiro de 2015 de 10:05 a 19:00 horas.
Un grupo de alumnos/as de 4º de ESO de Tecnoloxía, participa no 7º obradoiro-concurso galego de robótica, organizado por Igaciencia e a Fundación Barrié.
A participación do alumnado do noso instituto terá lugar o vindeiro luns 2 de febreiro de 16:00 a 18:00 horas na sede da Fundación Barrié en A Coruña.
Información sobre a actividade vía: educaBarrié
A nova na prensa:
O departamento de Orientación organiza a visita a distintas facultades da Universidade de Santiago de Compostela situadas no Campus Vida e no Campus Norte o vindeiro mércores 4 de febreiro de 9:30 a 14:05, para o alumnado de 1º e 2º de Bacharelato.
Os departamentos de Lingua Castelá e Biblioteca organizan:
- Visitas culturais ao Museo de La Voz de Galicia
- Visita á Casa- Museo de Emilia Pardo Bazán
para o alumnado de 4º de ESO: 4º A, 4º B e 2º PDC, o xoves, 29 de xaneiro de 8:30 a 16:30 horas
O departamento de Filosofía e dinamización linguística organiza a visita ao Parlamento de Galicia para o alumnado de 2º de ESO o martes, 20 de xaneiro de 8:45 a 11:30 hora
XOGOS POPULARES NO IES DE BRIÓN
Data: Martes, 11/11/2014 de 16:15 a 17:55
Grupos: 1º e 3º de ESO
Organización:
Alumnado de 3º de ESO
-
Serán os encargados do desenvolvemento da actividade e de explicar o regulamento dos xogos.
-
O alumnado distribuirase en grupos de 4 ou 5.
-
Cada grupo estará identificado cun sinal identificativo que levará o coordinador pegado nun peto.
-
Cada grupo permanecerá durante toda a actividade desenvolvendo o seu xogo.
-
Alumnado de 1º de ESO
-
Serán os que realizarán os xogos baixo a supervisión do alumnado de 3º de ESO.
-
O alumnado distribuirase en grupos de 4 ou 5.
-
Cada grupo permanecerá un tempo nun xogo e logo irá rotando.
-
Profesorado
-
Departamento de Normalización Lingüística, Departamento de Educación Física, Vicedirección, Orientación e Profesorado titor dos grupos correspondentes.
Documentación
O Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística en colaboración co departamento de Tecnoloxía organizan a Videoconferencia " A ciencia da programación de ordenadores (tamén en galego)" impartida por Manuel Caeiro Rodríguez, para o alumnado de 4º de ESO e o alumnado que curse a materia de TIC en 1º de Bacharelato. |
A videoconferencia terá lugar o mércores 5 de novembro de 12:00 a 13:00 horas na aula de usos múltiples do IES de Brión e responde á proposta da Coordinadora Galega dos Equipos de Normalización e Dinamización Linguística de celebración do V día da Ciencia e Tecnoloxía en Galego. Manuel Caeiro Rodríguez é doutor en Enxeñaría de Telecomunicación e profesor na Escola de Enxeñaría de Telecomunicacións na Universidade de Vigo. Responsable da rede TELGalicia sobre innovación educativa e da aplicación. |
![]() |
O departamento de Bioloxía e Xeoloxía organiza unha saída ao Courel do 29 de outubro ás 16:30 ao 31 de outubro ás 21:00 horas para o alumnado de Ciencias da Terra de 2º de Bacharelato e Bioloxía e Xeoloxía de 1º de Bacharelato.
Na actividade están programados roteiros e a visita á estación botánica e museo xeolóxico de Quiroga
Os departamentos de Lingua Galega e Latín, organizan a visita ao Castro de San Cibrao de Las e Ribadavia para o martes 28 de outubro de 9:15 a 18:00 horas para o alumnado de 3º de ESO. |
Os departamentos de Tecnoloxía e Bioloxía organizamos a visita ao Parque eólico experimental de Sotavento para o alumnado de 3º de ESO o pasado día 17 de outubro, para o estudo das enerxías renovables e coñecer o funcionamento dunha vivenda bioclimática.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- …
- seguinte ›
- última »

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |