Actividades
Vídeos Festival de Educación Física 2019
Enviado por carmengf o Mar, 09/07/2019 - 17:21Xa están en youtube os vídeos das actuacións do alumnado do IES de Brión no Festival de Educación Física que tivemos no ximnasio o 20 de xuño de 2019.
Por orde de actuación, estes son os vídeos:
- 1º Bacharelato A: "Got talent Galicia!"
- 2º ESO A Sección Bilingüe: Gymnastics & aerobics
- 2º ESO B Sección Bilingüe: Gymnastics & aerobics
- 2º ESO C Sección Bilingüe: Gymnastics & aerobics
- 3º ESO A Sección Bilingüe: Acrosport
- 3º ESO B Sección Bilingüe: Acrosport
- 3º ESO C Sección Bilingüe: Acrosport
- 3º ESO A Sección Bilingüe: Polca
- 2º ESO A e 3º ESO B Sección Bilingüe: Bachata
- 3º ESO C Sección Bilingüe: Cha-cha-cha
- 4º ESO A e B de Música: "Viva o Baloncesto!"
- 1º Bacharelato B: "Imos de voda? Orgullo!"
Parabéns a todo o alumnado e boas vacacións!
Festival de Educación Física 2019
Enviado por carmengf o Mér, 03/07/2019 - 01:58O pasado xoves 20 de xuño, todos os alumnos do IES de Brion puidemos desfrutar do festival de educación física 2019. Nesta ocasión non todos participamos, pois os alumnos de primero da ESO só foron espectadores, pero aínda así, pasámolo tan ben coma sempre. Cada curso realizou diferentes actividades como baile, acrosport ou aerobic, entre outras. O festival, organizado pola profesora Carmen García, celebrámolo a modo de despedida deste ano escolar e todos pasamos un moi no día!
Alba Caamaño, Antía Cunqueiro e Tania García, 1º Bacharelato A
Vídeo da viaxe a Londres 2019
Enviado por carmengf o Mér, 03/07/2019 - 01:46E, finalmente, este é o vídeo da nosa viaxe.
Aquí podedes ver un pedaciño de todo o que estivemos facendo, o que visitamos e o día a día en Londres.
Agardamos que sexades capaces de ver o noso esforzo e entusiamo plasmado en cada plano e imaxe, e que desfrutedes véndoo tanto coma o fixemos nós.
The recording group (Sandra Molinos, Daniel Blanco, Lorena Diéguez, 3º ESO)
Roteiro 2º de ESO
Enviado por carmengf o Mar, 02/07/2019 - 17:19O Seminario de Educación Física organizou o pasado xoves 16 de maio dende ás 8.25h. ata ás 17.00h. un roteiro para o alumnado de 2º de ESO.
A nosa andaina comezou nas Dunas de Corrubedo e na praia Ladeira. Despois visitamos o Dolmen de Axeitos e Castro Baroña. Rematamos na praia da Aguieira, onde xantamos e tivemos ocasión de xogar ou pasear. Facía bastante vento e mesmo choveu un pouquiño, pero aprendimos moito e pasámolo moi ben.
Rafting no río Ulla
Enviado por carmengf o Mar, 14/05/2019 - 17:47O pasado xoves 9 de maio, o alumnado de 1º de bacharelato acompañados pola profesora Carmen García e o profesor Carlos Freiría, puidemos desfrutar dunha xornada de rafting no río Ulla.
Aínda que o tempo non acompañaba, a actividade puido desenvolverse con normalidade e todos pasamos un bo rato. O descenso polo río durou aproximadamente hora e media na que fixemos distintos xogos como baixar por un rápido a nado ou saltar desde una gran pedra.
Foi un día xenial!
Tania García e Antía Cunqueiro, 1º Bacharelato A
NOTA: Podedes ver todas as fotos premendo aquí.
"Un paso un dereito". Obradoiro de sensibilización sobre os dereitos das persoas con discapacidade
Enviado por Anónimo o Mar, 26/02/2019 - 20:41Durante os días 25 e 26 de febreiro o alumnado de 2º de ESO participou na hora de titoría nun obradoiro de sensibilización sobre os dereitos das persoas con discapacidade. Está actividade foi impartida por membros da Asociación AMIPA, que con dinámicas vivenciais explicaron as dificultades coas que se atopan no día a día as persoas que teñen algún tipo de discapacidade.
Gen-Tech
Enviado por centro o Lun, 28/01/2019 - 23:50O alumnado de 1º de Bacharelato participará o vindeiro mércores 6 de febreiro de 9:15 a 10:15 na sala de usos múltiples na actividade GenTech do Plan DigiTalent (Plan de promoción do talento dixital de Galicia), impulsado pola AMTEGA.
GenTech é un ciclo de actividades organizado pola AMTEGA e Altia para potenciar o xene tecnolóxico da xuventude. A actividade consiste nunha sesión dixital que busca fomentar o atractivo profesional cara ás carreiras profesionais STEAM (Ciencias, Enxeñería, Tecnoloxía, Artes e Matemáticas), pretende orientar aos mozos cara a un posible futuro profesional e romper barreiras entre mozos e mozas neste tipo de formación. Durante a sesión contarase coa participación de profesionais do sector TIC que expoñerán a súa experiencia desde unha perspectiva real, practica e inspiradora...co obxectivo de espertar o xene.
Karl Marx de mozo
Enviado por Anónimo o Mér, 28/11/2018 - 11:20O departamento de Filosofía, en colaboración co de Galego e Historia, organiza unha actividade para o alumnado de 1º e 2º de Bacharelato das materias de Filosofía e Historia da Filosofía que acudirá a unha sesión matinal para centros escolares no cinema Numax o vernres 21 de decembro de 10:25 a 14:05. Esta actividade permitirá consolidar e confrontar os contidos desenvolvidos en Filosofía, Historia e Economía grazas a un relato cinematográfico brillante, emotivo e rigoroso. Asimesmo é unha actividade dinamizadora da Lingua Galega, xa que está subtitulada por NUMAX grazas á colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.
Cinema
Karl Marx de mozo
- DCP2K
- +12
- VOSG
No París de 1844, tras se exiliar, Karl Marx coñece a Friedrich Engels, quen investigaba o nacemento da clase obreira británica. Engels proporcionou a última peza do puzzle á visión do mundo do mozo Marx. Xuntos, entre censuras, represión policial, revoltas e conflitos políticos, lideraron o movemento obreiro durante o seu desenvolvemento cara á era moderna.
Filme subtitulado ao galego por NUMAX grazas á colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.
- Título orixinal: Le jeune Karl Marx
- Ano: 2017
- Duración: 112 minutos
- Idioma orixinal: Francés, inglés, alemán
- Dirección: Raoul Peck
- Guión: Pascal Bonitzer, Pierre Hodgson, Raoul Peck
- Elenco: August Diehl, Stefan Konarske, Vicky Krieps, Olivier Gourmet, Hannah Steele, Eric Godon, Rolf Kanies, Stephen Hogan
- Montaxe: Frédérique Broos
- Dirección de arte: Merlin Ortner
- Vestiario: Paule Mangenot
- Son: Felix Andriessens
- Música: Aleksey Aygi
- Fotografía: Kolja Brandt
- Produtora: Agat Films, Velvet Films, Rohfilm (Francia)
- Distribuidora: Pirámide Films
Actividade: Coñece as túas institucións
Enviado por Anónimo o Mar, 27/11/2018 - 17:19O departamento de Filosofía, en colaboración co de Galego, organiza unha actividade, que promove a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, en representación da Xunta de Galicia e o Parlamento de Galicia, denominado Coñece as túas institucións.
A actividade comprende un Programa didáctico que se desenvolverá dentro das aulas, mediante a entrega dos materiais de traballo proporcionados polas institucións asinantes do convenio, e unha visita didáctica ás sedes de ambas institucións co obxectivo de que o alumnado poida coñecer de primeira man o funcionamento do Parlamento e da Xunta e comprenda a separación de poderes propia das democracias.
As visitas didácticas terán lugar o martes 18 de decembro entre as 9.00 e as 14:00. Ambas as dúas institucións asinantes do convenio de cooperación financiarán, con cargo aos seus respectivos orzamentos, as expedicións de transporte do alumnado e profesorado acompañante dos centros de ensino público participantes, dende o centro educativo, ata as sedes de ambas institucións e o regreso ao orixe.
ACHÉGATE Á ROBÓTICA
Enviado por admin o Mar, 27/11/2018 - 12:17O pasado xoves 22 de novembro o alumnado de Tecnoloxía e TIC de 4º ESO participou nun obradoiro de robótica e programación ofertado polo Departamento de Educación da Fundación Barrié.
Este obradoiro enmárcase no programa Achégate á Robótica que promove a robótica educativa fomenta as vocacións científico-tecnolóxicas, e favorece a comunicación, o traballo en equipo, a xestión do tempo, a análise e a resolución de problemas.
O alumnado complementou a saída cunha visita á exposición da fotógrafa mexicana Graciela Iturbide, Ao final da visita o alumnado participou nunha actividade sobre o valor simbólico dos animais nos autorretratos fotográficos.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- …
- seguinte ›
- última »
