Actividades
OBRADOIRO DE BAILE TRADICIONAL GALEGO PARA 2º ESO
Enviado por carmengf o Mér, 25/11/2020 - 20:35
O alumnado de 2º de ESO participou nun Obradoiro de Baile Tradicional Galego nas súas horas de Educación Física os días 23 e 25 de novembro.
Miguel Barbazán, ex-alumno do instituto e membro da Asociación Cultural Cantigas e Agarimos foi o mestre deste Obradoiro.
O alumnado aprendeu, dun xeito práctico, dous dos bailes "soltos" máis característicos galegos, muiñeira e maneo.
Fixemos exercicio, pasámolo ben e aprendimos algo novo da nosa cultura!
Parabéns aos participantes e a poñer o aprendido en práctica nas foliadas, en canto a Covid nos deixe.
Podedes ver a galería completa de imaxes nestes enlaces:
DÍA INTERNACIONAL DAS RAPAZAS NAS TIC
Enviado por luz o Xov, 23/04/2020 - 17:33Un curso máis, mesmo nestas circunstancias tan extraordinarias, celebramos no IES de Brión o día Internacional das rapazas nas TIC, participando nunha multiconferencia web, organizada pola aula e-learning do CESGA, na que coñecimos a catro mulleres galegas excepcionais que traballan e investigan en ámbitos relacionados coas Novas Tecnoloxías: Amparo Alonso Betanzos, Isabel Expósito Pérez, María Fernández Hermida, Patricia Mañana Borrazás.
Desde o IES tamén participamos na 4ª edición de Wisibilízalas, convocatoria do Departamento ETIC da Universidade Pompeu Fabra que presenta os seguintes obxectivos:
- Romper estereotipos de xénero asociados a carreiras STEM.
- Potenciar referentes femininos actuais que servan de inspiración as máis xóvenes.
- Promocionar o uso da tecnoloxía e o traballo en grupo mediante a creación de páxinas web.
STEAM MATES é a páxina creada por alumnado das materias de Debuxo Técnico e e TIC de 1º de Bacharelato, na que presentamos a un grupo de científicas e enxeñeiras galegas ou que traballan en Galicia: Elena Vázquez, Mar Capeáns, Ana María González, Joana Silva, Mabel Loza, María Pardo, María Rilo, Paula Ojea, Mónica Bugallo, Carmen Misa e Soledad Torres, ás que agradecemos a súa participación no proxecto.
Ambas actividades están enmarcadas no proxecto "STEAM en feminino" do Plan Proxecta "Rapazas emprendedoras nas TIC" no que participa o instituto.
CHARLA 11F CON PILAR PIÑEIRO GARCÍA
Enviado por luz o Ven, 21/02/2020 - 00:21O pasado mércores 12 de febreiro o alumnado de 1º de Bacharelato disfrutou da charla 11F titulada "Ciencia e sostibilidade, unha oportunidade de futuro", impartida por Pilar Piñeiro García, profesora do departamento de Organización de empresas e marketing e coordinadora do Máster en Xestión do Desenvolvemento Sostible da Universidade de Vigo.
A charla está enmarcada na proposta "STEAM en feminino" pertencente ao Plan Proxecta "Rapazas emprendedoras nas TIC" que se está desenvolvendo en torno ao 11F: día Internacional das nenas e mulleres na Ciencia.
O noso agradecemento a Pilar Piñeiro pola súa proximidade, compartir con nós o seu tempo e un interesante percorrido formativo e vital.
DÍA INTERNACIONAL DA NENA E MULLER NA CIENCIA
Enviado por luz o Mér, 05/02/2020 - 21:25O IES de Brión participa no Plan Proxecta "Rapazas emprendedoras nas TIC" este curso co proxecto STEAM en feminino. Ao abeiro do proxecto e do 11F están programadas as seguintes actividades ao longo das vindeiras semanas:
ALMORZO SAUDABLE
Enviado por carmengf o Sáb, 14/12/2019 - 23:02
O pasado martes 3 de decembro o alumnado de 2º de Bacharelato A desfrutamos durante as dúas primeiras horas, dunha actividade que nos quedara pendente en Educación Física o curso pasado: un almorzo saudable!
Contamos coa axuda da profesora Carmen García que foi quen realizou a compra de diversos produtos saudables, de tempada e de calidade; e do persoal da cafetería, que nos prepararon un revolto de ovos e unhas torradas boísimas.
Fixemos grupos e repartimos as tarefas: cortar a froita, poñer a mesa, crebar as noces, recoller e limpar...
O almorzo gustunos moito, probamos cousas novas e descubrimos que comer san pode ser sinónimo de comer rico. Ademais, despois dun longo e intenso trimestre e xa rematados os exames, esta actividade serviunos para despexarnos, manter unha agradable conversa en grupo e cargar as pilas para todo o que queda por vir.
Para rematar, agradecemos a Carmen que quixese facer esta actividade con nós, desfrutamos moito dese tempo na súa compaña.
Alba Caamaño, Antía Cunqueiro, Tania García e Alba Muñiz, 2º Bacharelato A.
Prema aquí para ver todas as fotografías.
Actividades na natureza 1º de Bacharelato: valoración.
Enviado por carmengf o Xov, 24/10/2019 - 21:53Podedes ler no arquivo adxunto os resultados dunha enquisa de valoración da actividade realizada polo alumnado de 1º de Bacharelato.
Parabéns a todos os participantes!
Actividades na natureza 1° de Bacharelato: terceiro día.
Enviado por carmengf o Xov, 24/10/2019 - 21:48Último día da excursión, despois de almorzar camiñamos ata unha parada de bus, onde dous buses nos levaron ata o sitio donde embarcamos, alí despois de sacar as fotos de grupo, coller o material de seguridade necesario e que os monitores nos ensinaran o que había que facer na embarcación por fin comezou a travesía, pasamos por varios rápidos moi bonitos ademáis de entretidos xa que había que facer algo todo o tempo. Na mitade do camino mais ou menos, fixemos unha parada para facer un salto desde unha rocha a unha boa altura. Saltamos case todos, por suposto despois de que nos dixeran como se facía, foi unha experiencia inolvidable xa que arecía que non había tanta distancia ata o auga pero cando saltabas parecía que non chegabas ao auga, mais tarde despois de mais rápidos, deixaronnos facer unha parte da travesía a nado, na posición de seguridade, o auga estaba a moi boa temperatura e estabase moi ben, despois fixemos un par de rápidos mais xa coñecidos porque os fixeramos no kayak o día anterior, en xeral unha actividade inolvidable con unha compañía inmellorable.
Podedes ver todas as fotos pinchando aquí.
Despois da actividade de rafting pola mañán, voltamos ás instalacións de Arrepións, para ducharnos e cambiarnos de roupa. Logo comemos nuns bancos ao aire libre. Tras o xantar, un dos monitores explicounos a actividade de orientación, tivemos que localizar unha serie de puntos debuxados nun mapa cunha brúxula. Despois desta actividade fixemos sendeirismo percorrendo 6km pola beira do río Miño para finalmente coller o autobús cara Rivadavia.
Pareceunos unha actividade moi interesante, aínda que acabamos moi cansados pola gran distancia que percorremos.
Ao rematar o roteiro de sendeirismo, collimos o autobús cara Rivadavia que é un pequeno municipio en Orense. Alí tivemos arredor duns 40-50 minutos para visitar o lugar pola nosa conta. Puidemos ver o Castelo dos Condes por fora e logo descansamos nun banco ata que chegara o autobús para regresar a Brión.
Actividades na natureza 1° de Bacharelato: segundo día.
Enviado por carmengf o Xov, 24/10/2019 - 21:43O segundo día dividimonos en dous grupos de 20 persoas para realizar esta actividade, uns pola mañá e outros pola tarde.
A actividade consistiu en descender sobre o río Miño, nun kayak en parellas. En canto a nosa experiencia por parte de ambos grupos, gústounos moito porque os monitores que nos acompañaron era moi agradables e atentos e a actividade resultounos entretida debido a que descendíamos a toda velocidade polos rápidos. Pasóusenos o tempo voando!
Despois de xantar o noso grupo tocoulle a actividade de barranquismo e fomos a un río que era subafluente do Miño.
Alí decendemos por este con moito coidado de non esvarar, aínda que houbo numerosas caídas e esvaramentos. Estivemos alí unha hora e cuarto e iso que o outro grupo tardou media hora máis. Ao rematar a actividade, volvemos as instalacións de Arrepións a ducharnos e a merendar. Para rematar volvemos ao albergue.
A actividade estuvo moi entretida e pasousenos o tempo voando a todos.
Ao volver ao albergue, xurdiu a idea de realizar un xogo de mímica entre todos, os profesores incluidos.
Para a elaboración da actividade, os líderes de cada cuarto xuntáronse para debater o seu funcionamento.
Houbo imitacións de todas as clases, unhas máis divertidas ca outras, sin embargo houbo risas con todas .
Podemos dicir que foi unha actividade na cal o grupo interactuou e compartiu momentos divertidos.
Actividades na natureza para 1° de Bacharelato
Enviado por carmengf o Mar, 01/10/2019 - 16:27Un grupo de 38 estudiantes de 1° de Bacharelato e 3 profesores, disfrutaremos os días 2, 3 e 4 de outubro de diversas actividades na natureza.
Comezaremos o mércores 2 cunha visita ás Illas Cíes.
O xoves 3 as actividades son canoa e barranquismo.
Como despedida, o venres 3 faremos rafting no río Miño e sendeirismo-orientación pola zona de Arbo.
Durmiremos no Albergue Rural O Coto, en Arbo.
Iremos informando e subindo alguna foto.
Unha boa maneira de comezar o curso!
Vídeos Festival de Educación Física 2019
Enviado por carmengf o Mar, 09/07/2019 - 18:21Xa están en youtube os vídeos das actuacións do alumnado do IES de Brión no Festival de Educación Física que tivemos no ximnasio o 20 de xuño de 2019.
Por orde de actuación, estes son os vídeos:
- 1º Bacharelato A: "Got talent Galicia!"
- 2º ESO A Sección Bilingüe: Gymnastics & aerobics
- 2º ESO B Sección Bilingüe: Gymnastics & aerobics
- 2º ESO C Sección Bilingüe: Gymnastics & aerobics
- 3º ESO A Sección Bilingüe: Acrosport
- 3º ESO B Sección Bilingüe: Acrosport
- 3º ESO C Sección Bilingüe: Acrosport
- 3º ESO A Sección Bilingüe: Polca
- 2º ESO A e 3º ESO B Sección Bilingüe: Bachata
- 3º ESO C Sección Bilingüe: Cha-cha-cha
- 4º ESO A e B de Música: "Viva o Baloncesto!"
- 1º Bacharelato B: "Imos de voda? Orgullo!"
Parabéns a todo o alumnado e boas vacacións!
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- …
- seguinte ›
- última »