Actividades na natureza 1° de Bacharelato: segundo día.

Enviado por carmengf o Xov, 24/10/2019 - 20:43

O segundo día dividimonos en dous grupos de 20 persoas para realizar esta actividade, uns pola mañá e outros pola tarde.
A actividade consistiu en descender sobre o río Miño, nun kayak en parellas. En canto a nosa experiencia por parte de ambos grupos, gústounos moito porque os monitores que nos acompañaron era moi agradables e atentos e a actividade resultounos entretida debido a que descendíamos a toda velocidade polos rápidos. Pasóusenos o tempo voando!

Despois de xantar o noso grupo tocoulle a actividade de barranquismo e fomos  a un río que era subafluente do Miño.
Alí decendemos por este con moito coidado de non esvarar, aínda que houbo numerosas caídas e esvaramentos. Estivemos alí unha hora e cuarto e iso que o outro grupo tardou media hora máis. Ao rematar a actividade, volvemos as instalacións de Arrepións a ducharnos e a merendar.                      Para rematar volvemos ao albergue. 
A actividade estuvo moi entretida e pasousenos o tempo voando a todos. 

Ao volver ao albergue, xurdiu a idea de realizar un xogo de mímica  entre todos, os profesores incluidos.

Para a elaboración da actividade, os líderes de cada cuarto xuntáronse para debater o seu funcionamento.

Houbo imitacións de todas as clases, unhas máis divertidas ca outras, sin embargo houbo risas con todas .

Podemos dicir que foi unha actividade na cal o grupo interactuou e compartiu momentos divertidos.


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
Drupal theme by Kiwi Themes.